Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Fotografía

28 / 09 / 23
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

ENCONTRO CON JOSE MANUEL NAVIA

Subtitulo: 22 de outubro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Pdf1: 
Pdf2: 
20 / 10 / 22
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

XXVIII MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS

6 de novembro de 2022

Consulta as bases aquí

Formulario de inscrición aquí

Informate sobre o grupo fotográfico dirixido por Adra Pallón que empeza o 18 de novembro de 2022 aquí


INSCRICIÓNS

Do 21 de outubro ao 2 de novembro en cultura.lugo@usc.gal


PREMIOS

  • Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame, dotado con 350 euros, trofeo e diploma
  • Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300 euros, trofeo e diploma
  • Premio á mellor fotografía de tema libre, dotado con 250 euros, trofeo e diploma
  • 12 fotos serán seleccionadas para
  • o calendario Lugo Cultural 2023
  • As 20 mellores fotos formarán parte da exposición
  • Novidades sorpresa RC


ENTREGA DE PREMIOS E INAUGURACIÓN

21 de novembro ás 20:00 h. na Biblioteca Universitaria Intercentros.


EXPOSICIÓN

Na Biblioteca Universitaria Intercentros desde o 21 de novembro ata o 2 de febreiro de 2023.
E na Biblioteca Provincial de Lugo desde o 6 de febreiro ao 3 de marzo de 2023.



Recollida de fotos de anteriores edicións do 28 de autubro ao 4 de novembro.

Subtitulo: 6 de novembro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Este ano, ademais, podes apuntarte ao grupo fotográfico dirixido por Adra Pallón, que comezará o 18 de novembro.

Pdf1: 
Pdf2: 
05 / 11 / 21
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

XXVII MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS

14 de novembro de 2021

Consulta as bases aquí

Formulario de inscrición aquí

INSCRICIÓNS

Do 3 ao 12 de novembro ás 13:00 horas en cultura.lugo@usc.gal

PREMIOS 

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame, dotado con 350 euros, trofeo e diploma 

Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300 euros, trofeo e diploma 

Premio á mellor fotografía de tema libre, dotado con 250 euros, trofeo e diploma 

As 18 mellores fotos serán seleccionadas para a exposición da Biblioteca Provincial de Lugo.

ENTREGA DE PREMIOS

22 de decembro ás 20:00 h na Biblioteca Provincial.

EXPOSICIÓN

Na Biblioteca Provincial de Lugo, do 22 de decembro de 2021 ao 27 de xaneiro do 2022, exhibiranse as 18 mellores fotografías do Maratón e as premiadas.

Subtitulo: 14 de novembro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Pdf1: 
Pdf2: 
18 / 11 / 20
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Consulta as bases aquí

Formulario de inscrición aquí

PREMIOS

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame, dotado con 350 euros, trofeo e diploma 

Pemio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300 euros, trofeo e diploma

Premio á mellor fotografía do tema libre, dotado con 250 euros, trofeo e diploma

As 20 mellores fotos serán seleccionadas para a exposición da Biblioteca Provincial de Lugo

 

EXPOSICIÓN

Na Biblioteca Provincial de Lugo, do 10 de decembro ao 31 de decembro, exhibiranse as 20 mellores fotografías do Maratón

 

ENTREGA DE PREMIOS

10 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Provincial

 
Subtitulo: 22 de novembro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Inscricións ata as 13.00 h. do 20 de novembro en 

 cultura.lugo@usc.es

 

Máis información:

Área de Cultura. Campus de Lugo

Pazo de Montenegro

Praza Pío XII, s/n 2ºandar, 27001, Lugo

982 821 513

Pdf1: 
Pdf2: 
07 / 11 / 19
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Consulta aquí as bases

Formulario de inscrición aquí

PREMIOS

• Premio Carlos Valcárcel a mellor fotografía do certame, dotado con 350 €, trofeo e diploma.

• Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300€, trofeo e diploma.

• Premio á mellor fotografía do tema libre, dotado con 250 €, trofeo e diploma.

• As 12 mellores fotos serán seleccionadas para o calendario de Lugo Cultural 2020.

• 20 mellores fotos serán seleccionadas para a exposición da Biblioteca Provincial de Lugo. 

 

ENTREGA DE PREMIOS

9 de decembro ás 20:00 h na Biblioteca Provincial.

 

EXPOSICIÓN

Na Biblioteca Provincial de Lugo, do 9 de decembro ao 12 de xaneiro, exhibiranse as 20 mellores fotografías do Maratón.

Subtitulo: 17 de novembro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Inscricións ata as 14.00 h. do 15 de novembro 

Máis información:

Área de Cultura. Campus de Lugo

Pazo de Montenegro

Praza Pío XII, s/n 2ºandar, 27001, Lugo

982 821 513 // cultura.lugo@usc.es


Pdf1: 
Pdf2: 
09 / 11 / 18
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

O CATÁLOGO Descárgao aquí 

Edítase en formato dixital e recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.



O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte catro anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente dende Lugo Cultural, un convenio no que actualmente están representados, ademais da institución académica compostelá, a Deputación e o Concello de Lugo.

Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

Nesta 24 edición, o Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, desenvolveuse durante a xornada do día 25 de setembro de 2018, orientando os focos das persoas inscritas neste certame cara Os fíos da memoria, que foi o tema proposto pola organización desta convocatoria, e que, do mesmo xeito que en edicións anteriores, conserva a categoría de temática libre, tanto na modalidade dixital como analóxica 



OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

O premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema FÍOS DA MEMORIA a

D. Obed Marshall Díaz, pola fotografía Sombras do pasado

 

O premio á mellor fotografía do tema LIBRE a

D. Iago Viana González pola fotografía XIX

 

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder tamén:

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema FÍOS DA MEMORIA a

D. Diego Rodríguez Lópezpola fotografía Escravos do pasado

Subtitulo: Dende o 9 de novembro
Informacion: 

VELLO CÁRCERE 

HORARIO

Luns de 11 a 14 horas 

Martes e mércores de 11 a 14 e de 17:00 a 20:30 horas 

Xoves, venres e sábado de 11 a 14 e de 17:00 a 22:30 horas 

Domingos de 11 a 14 e de 17:00 a 20:30 horas

Descarga o catálogo aquí 

Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 09 / 18
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

EXPOSICIÓN

Edificio de O Vello Cárcere do 8 de novembro ao 9 de decembro

Entrega de premios: 8 de novembro ás 20:00 h 

BASES

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen. 

2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 24 de setembro de 2018. 

3. A data de celebración será o 25 de setembro. Os participantes presentaranse ese día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, onde se procederá a ler os temas, entregar os carretes ou CD (segundo a modalidade) e a ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frase para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite. 

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. 
 
5. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas (un o proposto pola organización e o outro libre) e cunha única fotografía por cada tema. As fotografías poderán realizarse en branco e negro ou en cor. 
 
6. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:
6.1. MODALIDADE ANALÓXICA: 
6.1.1. O 26 de setembro ata as 14:00 h, entrega de carrete.
6.1.2. O 8 de outubro entre as 10:00 e as 13:00 h, os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contactos que lles facilitará a organización. 
6.2. MODALIDADE DIXITAL:
6.2.1. O 26 de setembro ata as 14:00 h, entrega do CD.
6.2.2. No CD gravaranse as fotos en .jpg, cun máximo de 3.543×2.362 píxeles (equivalente a unha imaxe de 30×20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.
6.3. EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, de ser o caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras como máximo, en galego).

7. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para que o xurado poida valoralas posteriormente.
 
8. PREMIOS*: 
− Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 350 €, trofeo e diploma.
− Premio á mellor fotografía do tema libre, dotado con 250 €, trofeo e diploma.
− Expedirase un diploma acreditativo a todos os participantes.
 
9. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editalas en catálogo.
 
10. O lugar e data do veredicto e da entrega de premios comunicarase oportunamente.
O xurado encargado de decidir os premios será nomeado pola organización. A decisión do xurado será inapelable. 
 
11. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela, que poderá facer uso delas para os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia á autoría das mesmas.
 
12. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda posible reclamación por dereitos de imaxe.
O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases. Calquera incidencia non prevista nelas será resolta pola organización.
 
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas. 

Inscricións ata as 14:00 h do día 24 de setembro 
Máis información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n 2º andar
27001 Lugo 
982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 


Subtitulo: 25 de setembro
Informacion: 

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo.

Inscricións ata as 14.00 h. do 24 de setembro  AQUÍ

Pdf1: 
Pdf2: 
13 / 09 / 17
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁconvócase o XXIII Maratón Fotográfico do Campus.


INSCRICIÓN:
Do 14 de setembro ás 14.00 h do 25 de setembro de 2017
Formulario de inscrición

PREMIOS:
Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto: 350 euros, trofeo e diploma
Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 250 euros, trofeo e diploma
Diploma acreditativo a tódolos participantes
-
Entrega de premios o 8 de novembro ás 20:00 h Pavillón Central Centro de Artesanía e Deseño
Exposición do 8 de novembro ao 12 de xaneiro. Aberta de luns a venres de 9:00 a 14:00 h

Mais información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n-2º andar
27001 – Lugo
982 821 513
cultura.lugo@usc.es


Subtitulo: 26 de setembro
Informacion: INSCRICIÓN
Do 14 de setembro ás 14.00 h do 25 de setembro de 2017
Formulario de inscrición

Descarga as bases aquí

Máis información e matrícula:
Área de Cultura - Campus Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n - 2º andar
Praciña da Universidade s/n
27001 Lugo
(Horario de 9:00 a 14:00 h) 
982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 
Pdf1: 
Pdf2: 
09 / 09 / 16
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁconvócase o XXII Maratón Fotográfico do Campus conforme ás seguintes 

BASES: 

 

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen.

2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 19 de setembro de 2016.

3. A data de celebración será o 20 de setembro. Os participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frase para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite.

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas: un será proposto pola organización e o outro libre, debendo entregar 1 única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor.

5. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:

5.1 MODALIDADE ANALÓXICA:
5.1.1 O 21 de setembro ata as 14:00 h: Entrega de carrete.
5.1.2 O 23 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os participantes deberán elixir
as fotografías que queren presentar ao certame, través da folla de contacto que lles facilitará a organización.

5.2 MODALIDADE DIXITAL:
5.2.1 O 21 de setembro ata as 14:00 h: Entrega do CD.
5.2.2 No CD gravaranse as fotos en.jpg, con un máximo de 3.543X2.362 pixeles
(equivalente a unha imaxe de 30X20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase
co nome do tema ao que corresponde.

5.3 EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, no seu caso, frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras máximo, en galego).

6. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para a
súa posterior valoración polo xurado.

7. PREMIOS*:
Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300 euros, trofeo e diploma.
Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 200 €, trofeo e diploma
♦ Expedirase un diploma acreditativo a tódolos participantes

8. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin
de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en catálogo.

9. O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será comunicado oportunamente.

10. O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos organizadores. A decisión do xurado será inapelable.

11. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela
que poderá facer uso delas paro os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia a
autoría das mesmas. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas así como de toda posible reclamación por dereitos de imaxe. 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases.
* Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas.

 

Mais información:

Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n-2º andar
27001 – Lugo
982 821 513
cultura.lugo@usc.es

Subtitulo: 20 de setembro
Informacion: 

A inscrición é de balde e pode realizarse nas dependencias da Área de Cultura do Campus de Lugo, sitas na Vicerreitoría de Coordinación, sita na Praciña da Universidade, a través do número de teléfono 982.82.15.13, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es.

Inscrición ata as 14 horas do día 19 de setembro. AQUÍ

Pdf1: 
Pdf2: 
15 / 09 / 15
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XXI Maratón Fotográfico do Campus conforme ás seguintes 

 

BASES: 

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen. 

2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 25 de setembro de 2015. 

3. A data de celebración será o 29 de setembro. Os participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frase para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite. 

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica

5. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas: un será proposto pola organización e o outro libre, debendo entregar 1 única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor. 

6. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:

6.1 MODALIDADE ANALÓXICA

6.1.1 O 30 de setembro ata as 14:00 h: Entrega de carrete.

6.1.2 O 14 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a organización. 

6.2 MODALIDADE DIXITAL:

6.2.1 O 30 de setembro ata as 14:00 h: Entrega do CD.

6.2.2 No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de 3.543X2.362 pixeles (equivalente a unha imaxe de 30X20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.

6.3 EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:

O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras máximo, en galego).

7. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo xurado.

8. PREMIOS*:

· Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 450 euros, trofeo e diploma.

· Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 300 € , trofeo e diploma

· Expedirase un diploma acreditativo a tódolos participantes

9. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en catálogo.

10. O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será comunicado oportunamente.

11. O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos organizadores. A decisión do xurado será inapelable.

12. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das mesmas.

13. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas así como de toda posible reclamación por dereitos de imaxe.

 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases. 

 

*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas.

 

 

Inscricións ata as 14 horas do día 25 de setembro:  AQUÍ

 

Mais información:

Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praza Pío XII, s/n-2º andar
27001 – Lugo 

 

982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 

Subtitulo: 29 de setembro
Informacion: 

Inscrición ata as 14 horas do día 25 de setembro: AQUÍ

 

[Maratón fotográfico 2017]

O Maratón Fotográfico do Campus cada vez conta con máis relevancia e interese por parte non só da comunidade universitaria senón dos cidadáns de Lugo. Datas por confirmar.

Pdf1: 
Pdf2: 
11 / 09 / 14
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster
No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XX Maratón Fotográfico do Campus conforme ás seguintes

BASES:

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen.
2. Prazo de inscricións: ata as 14:00 h do día 23 de setembro de 2014.
3. A data de celebración será o 30 de setembro. Os participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frases para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite.
4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica.
5. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en dous temas: un será proposto pola organización e o outro libre, debendo entregar 1 única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor.
6. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:

6.1    MODALIDADE ANALÓXICA:
6.1.1 O 1 de outubro ata as 14:00 h: Entrega de carrete.
6.1.2 O 14 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a organización.

6.2    MODALIDADE DIXITAL:
6.2.1    O 1 de outubro ata as 14:00 h: Entrega do CD.
6.2.2    No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de 3.543X2.362 pixeles a 300 ppp. Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.

6.3    EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras máximo, en galego).
7.    As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo xurado.

8.    PREMIOS*:
•    Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 450 euros, trofeo e diploma.
•    Premio á mellor fotografía do tema libre dotado con 300 € , trofeo e diploma
•    Expedirase un diploma acreditativo a tódolos participantes

9.    A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en catálogo.
10.    O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será comunicado oportunamente.
11.    O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos organizadores. A decisión do xurado será inapelable.
12.    As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das mesmas.

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases.
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas.

Inscricións e información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo

Tfno.: 982 821 513
cultura.lugo@usc.es
Subtitulo: 30 de setembro
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 
01 / 12 / 13
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster
No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XIX Maratón Fotográfico do Campus conforme as seguintes BASES:

1. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen.

2. Prazo de inscricións dende o 19 de setembro ata as 14:00 h do día 2 de outubro de 2013.

3. A data de celebración será o 9 de outubro. Os participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co título das fotografías e frases para incluír no catálogo, segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo que se edite.

4. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. Independentemente da modalidade, participarase obrigatoriamente en tres temas dos que 2 serán propostos pola organización e o terceiro será libre, debendo entregar 1 única fotografía por cada tema.
As fotografías poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor.

5. Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame:

5.1 MODALIDADE ANALÓXICA:
5.1.1 O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega de carrete.
5.1.2 O 17 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a organización.

5.2 MODALIDADE DIXITAL:
5.2.1 O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega do CD.
5.2.2 No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de 3.543X2.362 pixeles a 200 ppp.
Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.

5.3 EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no catálogo (20 palabras máximo, en galego).

6. As fotografías presentadas polos participantes, serán reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo xurado.

7. PREMIOS*:
• Premio á mellor fotografía de cada tema, dotado cada un con: 250 euros e trofeo por tema.
• Premio Carlos Valcárcel, á mellor colección presentada, dotado con: 400 euros e trofeo.

8. A organización resérvase o dereito de facer a selección das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en catálogo.

9. O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será comunicado oportunamente.

10.
O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos organizadores.

11. As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das mesmas.
Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico supón a total aceptación das presentes bases.
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas.

Inscricións e información:

Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo
Tfno.: 982 821 513
Subtitulo: 9 de outubro
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 
11 / 12 / 12
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster
Os premiados nesta edición

PREMIO AO TEMA LIBRE
Fabricio Stefanie Borges
SOMBRA VELOZ
A sombra captura a súa velocidade

PREMIO AO TEMA A CRISE
Mª Vanesa García Villares
DESALOXO
Xente que non se ve

PREMIO AO TEMA O LUGO OCULTO
Diego Rodríguez Rodríguez
A VISTA DA MURALLA
Sobre ti, debaixo de ti … en ti

PREMIO CARLOS VALCÁRCEL á mellor colección
Adrián Outerelo Molina
 
INTIMIDADE ANCIÁ
Envellece inevitablemente aínda que non queiramos ollar

VAI TODO SOBRE RODAS?
Ou imos rodando cara ao precipicio …?

PECHAR A BILLA
Se pechan a billa, a sociedade oxídase

Enlace para descargar o catálogo en pdf: Catálogo XVIII Maratón Fotográfico

O certame
O Maratón Fotográfico do Campus, que se celebra desde hai dezaoito anos, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente desde Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa, que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización, que nesta ocasión tivo como temas centrais a crise, o Lugo oculto, e un terceiro de carácter libre.
Esta edición desenvolveuse o día 30 de outubro, cunha inscrición inicial de 64 persoas das que finalmente entregaron traballos 52. Trátase da participación máis elevadas de todas as edicións, e supón un incremento de aproximadamente un 40% con respecto á participación do ano anterior.
Entre os participantes estaban estudantes universitarios dos distintos centros universitarios do Campus de Lugo (entre eles alumnos procedentes de Rusia, Brasil, Polonia ou China), alumnos da UNED, PAS e profesores universitarios, alumnos doutros centros da cidade de Lugo (como a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Escola de Imaxe e Son ou o IES Politécnico) ou ex-alumnos do campus. Por outro lado e respecto ao xénero, a relación entre mulleres e homes que participaron neste certame foi dun 37% de mulleres fronte a un 63% de homes.

A exposición

En canto á exposición, que se pode visitar a partir do 11 de decembro e ata o día 8 de febreiro Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, a organización fixo unha escolma de fotografías, de forma que todos os autores estivesen representados con algún dos seus traballos presentados ao certame. Seleccionáronse así, ademais dos seis traballos galardoados, unha fotografía por cada un dos autores participantes. O resultado son 54 fotografías de 52 autores, das cales 16 foron presentadas ao tema da crise económica, 17 ao tema Lugo Oculto e 21 pertencen ao tema libre.

Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria

Dende o 11 de decembro de 2012 ata 0 8 de febreiro de 2013
De luns a venres de 9:00 a 21:00 h

Subtitulo: 30 de outubro de 2013
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 
30 / 03 / 11
Categoría: Fotografía
Enviado por: webmaster

Reunido o xurado para facer a valoración e selección das fotografías que se presentaron nesta décimo séptima edición do Maratón Fotográfico do Campus,

ACORDOU:

1º. Que os premios á mellor fotografía por cada un dos temas propostos nesta edición dotados cada un deles con 120 euros brutos e trofeo, son para:


TEMA SONS DA CIDADE:
Premio a JAVIER BASCUAS RODRÍGUEZ  pola fotografía Shh 

TEMA OBRAS:
Premio a ALFREDO DELGADO RODRÍGUEZ pola fotografía Traballadores

2º.    Que o premio á PELÍCULA DE NIVEL MEDIO MÁIS ALTO, dotado con 180 euros brutos e trofeo, corresponde a:
    Mª LUÍSA FERNÁNDEZ MOSCOSO

3º.    Que o premio CARLOS VALCÁRCEL, dotado con 200 euros brutos e trofeo, corresponde a:
    ENRIQUE CARCELÉN FERNÁNDEZ

4º.    Que o premio XESTIÓN DO MEDIO AMBIENTE, pola fotografía Estratos naturais dun instante dotado con 75 euros brutos e trofeo,
corresponde a:

    ENRIQUE CARCELÉN FERNÁNDEZ



E xa van 17 anos da celebración do primeiro Maratón. Estamos ante unha das actividades máis afianzadas do convenio Lugo Cultural.

Lugo Cultural está formado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Novacaixagalicia xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.

Celebración: 30 de marzo de 2011, ás 11:00 h.

TEMAS PROPOSTOS:

- Sons da cidade
- Obras
- EPS: Xestión do medio ambiente
- Libre (só analóxico)

BASES:


As inscricións realizaranse na Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC (Lugo). Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade s/n. Prazo dende o 15 até ás 14:00 h do día 25 de marzo de 2011. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos.

1. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. A organización propoñerá 3 temas para ambas categorías. Dentro da modalidade analóxica haberá ademais, un apartado para o tema libre.

2. Todos os participantes deberán presentarse o 30 de marzo, ás 11:00 h nesta Vicerreitoría, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD e ficha que deberán cubrir co título da fotografía e frase para incluír no catálogo, ademais farase a foto con todos os participantes que se incluirá no catálogo que se edite.

3. O 31 de marzo antes das 14:00 h deberán entregar:

    3.1. Modalidade analóxica:
        - Entrega de carrete.
        - 8 de abril en horario de 10:00 a 13:00 h terían que pasar a elixir as fotos na folla de contacto que se lles entregará,  cubrir ficha co título de cada foto e  frase que se incluiría no catálogo.

    3.2. Modalidade dixital:
        - Entrega do CD.
        - No CD gravaranse as fotos en .jpg, o nome do arquivo corresponderá co título da fotografía, debendo gravarse cada fotografía na carpeta que indique o tema para o que se propón.
        - Ficha cuberta cos títulos dos temas (só poden participar nos tres temas propostos pola organización) e frase para incluír no catálogo.

4. Premios:

    - Premio á mellor fotografía de cada tema, modalidade analóxica e dixital dotado cada un con: 120 euros brutos e trofeo por tema.

    - Premio á mellor fotografía do tema libre, dentro da modalidade analóxica dotado con: 120 euros brutos e trofeo por tema.

    - Premio á película de nivel medio máis alto, que terá que cumprir cando menos os seguintes requisitos, dentro da modalidade analóxica:

    - 20 fotos correctamente expostas.
    - Variedade dentro dos temas propostos.
    - Teranse en conta os valores creativos.

Este premio dótase con: 180 euros brutos e trofeo.

    - Premio Carlos Valcárcel concedido á mellor fotografía presentada por calquera membro da comunidade universitaria ou persoa allea á comunidade universitaria que asistise a algún dos cursos de formación de fotografía programados pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade nalgunha das súas convocatorias, dotado con: 200 euros brutos.  

    -  Premio EPS (Escola Politécnica Superior). Dotado con 75 euros brutos.

5. Nesta edición elixiranse as 10 mellores fotos por cada tema, máis os premiados para a exposición.

6. No catálogo que se editaría a posteriori, publicaranse as 5 mellores fotos por cada tema e premiados.


Inscricións e información:

Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo

Tfno.: 982 821 513

Subtitulo: 
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira