Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

AO PÉ DO CARBALLO

Maio 2023

Novo ciclo ao abeiro de Lugo Cultural 

Carballeira Biblioteca Intercentros

Ao Pé do Carballo

Carballeira Biblioteca Intercentros


CONCERTO EQX

Colaboración con tele-clube festa V aniversario

Xoves, 27 de abril  21:30 h

Leira haus

Un ultramarinos na fin do mundo.

Un ultramarinos na fin do mundo propón un exercicio de narración compartida no que abordar, dende a ficción, as paisaxes e necesidades para sobrevivir nun futuro postcolapso a través de diferentes personaxes. 

Xoves, 4 de maio   19:00 h

En caso de choiva:
Facultade de Humanidades 

Fixenöeu: Bordando a natureza

Obradoiro de iniciación ao bordado. Contactaremos coa natureza promovendo unha intervención respectuosa nela, ao tempo que aprendemos a bordar. 

Luns, 8 de maio   17:00 h

En caso de choiva: Facultade de Humanidades 

Obradoiro + actuación con Eva Cabanelas

Creación dun monólogo científico: da idea a posta en escea, con Eva Cabanelas e  despois o monólogo titulado “A miña parasitografía: historia dunha parasitóloga parasitada”.

Mércores, 10 de maio  20:00 h

En caso de choiva: Facultade de Humanidades 

Merenda na natureza con Bico de Grao

Merenda de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, local e responsable que se acompañará da charla-presentación da cooperativa Bico de Grao. 

Xoves, 11 de maio   18:00 h

En caso de choiva: Facultade de Humanidades

Recital encontro

Xoves, 11 de maio   21:00 h

 


Como habitar os espazos?

A escoita, a creación, o diálogo... danse cita nun espazo onde cada quén poderá expoñer as súas inquedanzas. Trátase de habitar dende o respecto á natureza, a nosa lingua, a nosa terra, e encontrarnos... Atréveste?

Podes achegar os teus poemas escritos e colgalos nas pinzas que estarán dispostas pola carballeira, tamén podes sentar e liberar libros...  podes acudir ós obradoiros e encontros... ou participar no recital final.

Ata o 12 de maio poderedes intervir o espazo coas vosas creacións, inicia Escordadura Sentimental de Sergio Marey.

 

 

 

INSCRICIÓNS

Inscricións nós obradoiros, merenda e recital para participar en cultura.lugo@usc.gal.
Prazas limitadas.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira