Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXII Encontro de Danza

Abril 2024

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC, acollerá os días 25 e 26 de abril na Caixa Negra do MIHL de Lugo, ás 20.30 horas, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. Á Compañía de Danza da USC, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera e nacida ao abeiro do Espazo de Danza da USC, únense a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade da Coruña. A entrada é aberta e de balde. 

Consulta aquí o programa completo

XXII Encontro de Danza da USC

MIHL - Caixa Negra 

25 e 26 de abril, ás 20.30 h.

 

Días 25 e 26

Compañía de Danza da USC / Dirección artística: Juan Carlos Zahera 

MIGRACIóNS (Duración 45 minutos)

A vida como unha viaxe e movemento. Dende as células do organismo, os animais ata o ser humano migramos por moitas causas... supervivencia, cambio, adaptación, aprendizaxe e necesidade. Sen migración non existiría a vida e todos formamos parte de esa migración constante.

Coreografía Rosa Acuña  /  Bailaríns Manuela Cividanes, Alexandra Clista, Uxía Felpeto, Ziggi Iglesias, Xonxa López, Arrate Núñez, Sara Sanz, Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Loli Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Sabela R. Campo e Bea Ovalle / Arranxos musicais Iria Estevez e Gonzo Piña / Voz Iria Estevez / Poesía Sabela R. Campo / Vestiario Colectivo do Espazo Danza USC / Produción Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, Compañías Convidadas


Dia 25 

Aula de Danza A Normal. Universidade da Coruña / Dirección artística: Alba F. Cotelo

...E TODO O DEMAIS NON IMPORTA (Duración 20 minutos)    

Cando es unha persoa pequena déixaste influenciar por todo o que está ao teu arredor. Agora dende o baleiro, estou á procura de min mesma, para atoparme de verdade. Non querer o convencional. Loitar polo que penso. A base sempre foi ser unha persoa feliz e libre. Quixera aferrarme a ese sentimento e vivir permanentemente nesa canción. Forever trusting who we are... No, nothing else matters.

Coreografía Colectiva / Bailaríns Ana Blanco, Aida González, Alfonso Louro, Alejandro Varela, Estefanía Calo, Remedios Cuba, Marta Leira, Sandra Martínez, Sonia Franco, Daniela Castellanos, Fabiola Fraga e Paula Silvarrey


Dia 26 

Aula de danza. Universidade de Vigo, Campus de Ourense / Dirección artística: Nuria Sotelo

BOLERO (Duración 15 minutos)

Tomando de referencia o estudo do Bolero de Ravel de Maurice Béjart, e apropiándonos de certos movementos da súa coreografía, facemos unha coreografía conxunta baixo as reglas dun xogo que permite ás intérpretes compoñer un espazo común.

Coreografía Colectiva / Bailaríns Guiliana Amarilla, Ainhoa Linaza, Ainhoa Viñuela, Ánxela Arcas, Belén Ferro, Laura Mojica, Mercedes Ferro, Noelia Estévez, Juan G. Mauriño, Yolanda Pérez e Sira González


 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira