Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

VIII Findecurta

29 de abril a 2 de maio de 2023

Certame audiovisual para o impulso de novos creadores.

Os participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases do certame.

VIII Findecurta

Do 29 de abril ao 2 de maio

 

CALENDARIO


Inscrición do 20 de marzo ata 25 de abril no correo cultura.lugo@usc.es

Unha vez feita a inscrición seguir os pasos de findecurta.

28 de abril ás 20:15 h. SESIÓN INFORMATIVA na Casa do Saber. 

Do 28 de abril ás 20:15 ata o 2 de maio ás 10:30 h. TEMPO OFICIAL de realización da curta. 

Entrega da documentación e da curtametraxe: ata o día 2 de maio ás 10:30 h. 

Proxección o 12 de maio ás 21:00 horas na Praza de Santa María. En caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria.

 

PREMIOS

Outorgaranse dous premios: 

Un primeiro premio de 400€, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega. 

Un segundo premio (Premio do Público), que supón a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira