Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

VIII Certame de Videocreación

Outubro e Novembro

Esta iniciativa pretende por en valor e canalizar as inquedanzas creativas da mocidade e as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.

Accede ao formulario de inscrición e ás bases do certame aquí

VIII CERTAME DE VIDEOCREACIÓN

Accede ao formulario de inscrición e ás bases do certame aquí

PARTICIPANTES

Poderan participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen.

PRAZOS

Prazo de inscrición: desde o 1 de outubro ata o 31 de outubro, cubrindo o formulario en liña da nosa web e presentando os documentos das bases.

Prazo de envío da peza de videocreación: do 5  ao  7 de novembro.

Poderase enviar unha ligazón a calquera plataforma descargable ou a través de Wetransfer a cultura.lugo@usc.gal

A entrega de premios terá lugar o 20 de novembro na Casa do Saber. 

PREMIOS

Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: 300€ e diploma.   

Premio Araceli Herrero á mellor linguaxe visual e comunicación: 300€ e diploma.

Premio do Público: 100€ e diploma

*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais legalmente establecidas pola normativa de xestión económica da USC.

Titorías

Posibilidade de manter unha titoría en liña, entre o 2 e o 8 de outubro ás 20:00 h, cunha duración de 60 minutos.

Para poder asistir a esta titoría é preciso enviar un correo a cultura.lugo@usc.gal co asunto: "Titoría" ata o 30 de setembro. 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira