Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

V Certame de Paisaxe Sonora

Outubro e Novembro 2026

O Certame de Paisaxe Sonora xorde da necesidade de fomentar a creatividade a través da escoita. Que mellor que crear espazos, experimentar co que escoitamos...

Accede ao formulario de inscrición e ás bases do certame aquí

V Certame de Paisaxe Sonora 

Obxectivo xeral

O certame ten como finalidade alentar e estimular a disciplina da creación de paisaxes sonoras, así como fomentar a educación da escoita e a sensibilización do oído na nosa contorna. Pretendemos destacar a importancia dos sons no noso día a día e a súa capacidade para evocar emocións, contidos culturais e históricos, e a conexión co noso medio ambiente.

Participantes

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen.

Prazos

Inscrición dende o  1 ao 31 de outubro. 

Entrega do traballo: 
do 8 ao 10 de novembro no correo cultura.lugo@usc.gal

Entrega de premios e escoita: 20 de novembro na Casa do Saber

TITORÍAS

Posibilidade de manter unha titoría en liña, cunha duración de 60 minutos. Para poder asistir a esta titoría é preciso enviar un correo a cultura.lugo@usc.ga/co asunto: "Titoría" ata o 30 de setembro.

PREMIOS

Premio á mellor paisaxe sonora: 
300 € e diploma

Premio á mellor paisaxe feita por estudantado da USC: 
200 € e diploma 

Premio do público: 100 € e diploma

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira