Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XVII Maratón fotográfico do Campus

Reunido o xurado para facer a valoración e selección das fotografías que se presentaron nesta décimo séptima edición do Maratón Fotográfico do Campus,

ACORDOU:

1º. Que os premios á mellor fotografía por cada un dos temas propostos nesta edición dotados cada un deles con 120 euros brutos e trofeo, son para:


TEMA SONS DA CIDADE:
Premio a JAVIER BASCUAS RODRÍGUEZ  pola fotografía Shh 

TEMA OBRAS:
Premio a ALFREDO DELGADO RODRÍGUEZ pola fotografía Traballadores

2º.    Que o premio á PELÍCULA DE NIVEL MEDIO MÁIS ALTO, dotado con 180 euros brutos e trofeo, corresponde a:
    Mª LUÍSA FERNÁNDEZ MOSCOSO

3º.    Que o premio CARLOS VALCÁRCEL, dotado con 200 euros brutos e trofeo, corresponde a:
    ENRIQUE CARCELÉN FERNÁNDEZ

4º.    Que o premio XESTIÓN DO MEDIO AMBIENTE, pola fotografía Estratos naturais dun instante dotado con 75 euros brutos e trofeo,
corresponde a:

    ENRIQUE CARCELÉN FERNÁNDEZ



E xa van 17 anos da celebración do primeiro Maratón. Estamos ante unha das actividades máis afianzadas do convenio Lugo Cultural.

Lugo Cultural está formado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Novacaixagalicia xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.

Celebración: 30 de marzo de 2011, ás 11:00 h.

TEMAS PROPOSTOS:

- Sons da cidade
- Obras
- EPS: Xestión do medio ambiente
- Libre (só analóxico)

BASES:


As inscricións realizaranse na Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC (Lugo). Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade s/n. Prazo dende o 15 até ás 14:00 h do día 25 de marzo de 2011. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos.

1. Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas modalidades: dixital ou analóxica. A organización propoñerá 3 temas para ambas categorías. Dentro da modalidade analóxica haberá ademais, un apartado para o tema libre.

2. Todos os participantes deberán presentarse o 30 de marzo, ás 11:00 h nesta Vicerreitoría, onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou CD e ficha que deberán cubrir co título da fotografía e frase para incluír no catálogo, ademais farase a foto con todos os participantes que se incluirá no catálogo que se edite.

3. O 31 de marzo antes das 14:00 h deberán entregar:

    3.1. Modalidade analóxica:
        - Entrega de carrete.
        - 8 de abril en horario de 10:00 a 13:00 h terían que pasar a elixir as fotos na folla de contacto que se lles entregará,  cubrir ficha co título de cada foto e  frase que se incluiría no catálogo.

    3.2. Modalidade dixital:
        - Entrega do CD.
        - No CD gravaranse as fotos en .jpg, o nome do arquivo corresponderá co título da fotografía, debendo gravarse cada fotografía na carpeta que indique o tema para o que se propón.
        - Ficha cuberta cos títulos dos temas (só poden participar nos tres temas propostos pola organización) e frase para incluír no catálogo.

4. Premios:

    - Premio á mellor fotografía de cada tema, modalidade analóxica e dixital dotado cada un con: 120 euros brutos e trofeo por tema.

    - Premio á mellor fotografía do tema libre, dentro da modalidade analóxica dotado con: 120 euros brutos e trofeo por tema.

    - Premio á película de nivel medio máis alto, que terá que cumprir cando menos os seguintes requisitos, dentro da modalidade analóxica:

    - 20 fotos correctamente expostas.
    - Variedade dentro dos temas propostos.
    - Teranse en conta os valores creativos.

Este premio dótase con: 180 euros brutos e trofeo.

    - Premio Carlos Valcárcel concedido á mellor fotografía presentada por calquera membro da comunidade universitaria ou persoa allea á comunidade universitaria que asistise a algún dos cursos de formación de fotografía programados pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade nalgunha das súas convocatorias, dotado con: 200 euros brutos.  

    -  Premio EPS (Escola Politécnica Superior). Dotado con 75 euros brutos.

5. Nesta edición elixiranse as 10 mellores fotos por cada tema, máis os premiados para a exposición.

6. No catálogo que se editaría a posteriori, publicaranse as 5 mellores fotos por cada tema e premiados.


Inscricións e información:

Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo

Tfno.: 982 821 513

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira