|

|
|
|
|
 Trátase dun novo programa enmarcando no proxecto LUGO CULTURAL no que participan a Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Lugo e no que, froito da conxunción das catro entidades, se establece unha programación continua na que está presente o intercambio de experiencias culturais, o debate, a presentación de investigacións e o fomento da creación en distintas disciplinas, apoiando a implantación universitaria e procurando programar de forma que se de cabida e sirva de apoio e proxección de novos valores en distintos campos. Neste programa que denominamos PUNTO E SEGUIDO e que se desenvolverá entre o 21 e o 28 de maio, tratamos de amosar os traballos que, nas diferentes areas das artes escénicas e musicais, xurdiron neste curso académico froito das distintas actividades formativas e de creación que se desenvolven na cidade de Lugo e recoller, así memo, unha pequena mostra dos programas estables (Lubicán e Músicas a Carón da Mosqueira) que forman parte das actividades de Lugo Cultural 2012. PROGRAMA 21 de maio Terán lugar 2 actividades: Unha ás 18:00 h. e outra ás 20:00 h Ás 18:00 h na Sala Isaac Díaz Pardo -Fac de Veterinaria Disciplina: Arte sonoro O GCSUS, Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago, presentará a instalación/intervención que leva por título 21 homes ocos. Forman parte do GCSUS que dirixe Inmaculada Cárdenas, Mónica Álvarez, Arturo Vaquero, Efraím Díaz e Jesús Otero-Iglesias. Máis info
Ás 20:00 h no Auditorio Gustavo Freire Disciplina: Danza A Compañía de Danza da USC-Lugo froito do traballo realizado dentro do Espazo de Danza da USC no Campus de Lugo, porá en escea A escoita do corpo (17 minutos). Máis info A continuación, a compañía universitaria de danza da USC, MUdanza presentará a montaxe Vinte caixas (20 minutos). Máis info Por último o Conservatorio profesional de Danza de Lugo, estreará AMÉLIE (45 minutos). Máis info
22 de maio Ás 20:30 h na Residencia Bal y Gay Disciplina: Teatro A compañía de teatro universitario Tik Teatro estreará a obra que leva por título Sombra Vermella na que participan un elenco de 11 actores e pallasos baixo a dirección de Laura G. Recio. Máis info
23 de maio Ás 20:30 h no Auditorio Gustavo Freire Disciplina: Teatro A Compañía de teatro da USC- Lugo, representará a súa última producción, Na túa cara- In yer face, que foi recoñecida recentemente co premio do xurado na XVII Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) e que tamén presentou este traballo, ademáis de en Ourense, en Lisboa e en Santiago. Máis info
24 de maio Terán lugar 2 actividades: Unha ás 18:30 h. e outra ás 20:30 h Ás 18,30 h na Praza de Santa María (En caso de choiva trasladarase ao Auditorio da Facultade de Veterinaria) CONCERTO COLECTIVO no que intervirán: BANDA do Centro de Música Fingoi. Máis info Conservatorio Profesional de Música. Máis info Fábrica de Sons. Escola de Música. Máis info
Ás 20:30 h no Auditorio Gustavo Freire CONCERTO Continuando co ciclo LUBICÁN 2012 o grupo LOBALÚ ofrecerá un concerto no que nos presentará o disco Haikus. Máis info
O ciclo LUBICAN continuará, tal e como está programado, co concerto de CATS AND MONKEYS o 21 de xuño e a seguinte cita será o 15 de novembro, data na que MALVELA porá fín a este programa con un concerto no que presentará o disco Raianas. 28 de maio Ás 20,30 h no Círculo da Artes Concerto dentro do programa MÚSICAS a carón da MOSQUEIRA 2012 O CORO da Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá o concerto que leva por título: “NUEVA ESPAÑA”. Música do período virreinal. Catedrais de México, La Puebla e Santiago de Compostela. Máis info |
|
|
Dedicado a José Luis Carles
CASA DO SABER 11 - 12 maio 2012
PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 7 DE MAIO O Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS), dirixido por Inmaculada Cárdenas, organiza en Lugo por cuarto ano o encontro ‘Sons Creativos’, que se celebrará os días 11 e 12 de maio na Casa do Saber.
Nesta cuarta edición, o certame estará dedicado ao compositor José Luis Carles Arribas, recoñecido investigador en temas de percepción sonora, análise cualitativa do medio ambiente sonoro e interacción entre estímulos visuais e auditivos. Relatorios, mesas redondas, concertos, obradoiros, instalacións sonoras e performances configuran un amplo programa integrado baixo o título común ‘Música e natureza’, temática que servirá como fío condutor de todas as actividades.
Este encontro enmárcase dentro da oferta do programa Lugo Cultural para o ano 2012, que organizan conxuntamente a USC, a Deputación e o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia. Programa de actividades
O venres 11 a xornada ábrese ás 9.30 horas coa mesa redonda ‘Música e natureza: ecoloxía’, a cargo de José Luis Carles Arribas, Cristina Palmese, Juan Gil López e Carlos Suárez. Ás 12.00 horas celebrarase unha segunda mesa redonda, baixo o título ‘Música e natureza: historia e creación sonora’, na que estarán Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo e Miguel Molina, así como alumnos de José Luis Carles Arribas na Universidade Autónoma de Madrid
Entre as dúas mesas levarase a cabo a inauguración oficial do encontro e a presentación do DVD Música, espazos e cidade, no que se recollen as obras estreadas nas tres edicións anteriores.
Na sesión de tarde haberá unha nova mesa redonda (16.30 horas), denominada ‘Música, natureza: pedagoxía’, na que intervirán Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez.
A xornada do venres péchase ás 20.00 horas cun CONCERTO COLECTIVO a cargo dos participantes nas mesas redondas (acompañados de estudantes das súas universidades de procedencia) e de membros do GCMUS.
O sábado 12 haberá unha derradeira mesa redonda (9.30 horas) sobre ‘Música e natureza: tecnoloxía e medios de comunicación’, na que participan, Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.
Ás 11.30 horas desenvolverase un taller de creación a cargo de Carlos Suárez, e o encontro rematará ás 13.30 horas cunha performance na que actuarán Berio Molina e María Roja.
Todas as actividades do programa están abertas ao público en xeral, e o programa está recoñecido cun crédito de libre configuración para os estudantes universitarios que o soliciten. PROGRAMA
VENRES, 11 DE MAIO • 9:00 a 9,30 h Entrega de acreditacións • 9:30 a 11:00 h Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: ecoloxía” a cargo de José Luis Carles, Cristina Palmese e Juan Gil López e Carlos Suárez, do espazo interactivo escoitar.org. 11:00 a 11:30 h Inauguración dos 4º Sons Creativos e presentación do DVD Música, espazos e cidade no que se recollen as obras creadas e estreadas nas tres edicións anteriores dos Sons Creativos. • 12:00 a 13:30 h Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: historia e creación sonora” a cargo de Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo, Miguel Molina e o alumno e as alumnas de José Luis Carles da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Jesús Barranco, Estrella Sánchez e Laura María García. • 16:30 a 18:00 h Relatorio e mesa redonda sobre “Música, natureza: pedagoxía” a cargo de Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez, profesorado e compositores pertencentes a diferentes estamentos da educación: escola, ensino medio e universidade. • 18:30 a 20:00 h Ensaios e preparación do concerto. • 20:00 h CONCERTO COLECTIVO con obras José Luis Carles e Cristina Palmese, Miguel Molina, Rocio Garriga, Juan Antonio Lleó, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, Adolfo Murillo Ribes, Juan Gil López, Carlos Suárez e dos membros de GCMUS: Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraím Díaz.
SÁBADO, 12 DE MAIO: • 9:30 a 11:00 h Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: tecnoloxías e medios de comunicación” a cargo de Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero. • 11:30 a 13:30 h Taller de creación a cargo de Carlos Suárez de escoitar.org. • 13:30 h Presentación dunha performance a cargo de Berio Molina e María Roja e clausura dos 4º Sons Creativos
ACTIVIDADE RECOÑECIDA CUN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN DIPLOMAS: Expedirase o correspondente certificado de asistencia e bo aproveitamento ás persoas inscritas que asistiran polo menos ao 80% das horas. INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Área de Cultura. Campus de Lugo Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo Praciña da Universidade, s/n 27001 Lugo Tfno.: 982 821 513 PRAZO: Ata o 7 de maio (de 9:00 a 14:00 h) Taxa xeral: 20 € Taxa reducida : 10 € (comunidade universitaria da USC, estudantes universitarios e de FP, persoas desempregadas e pensionistas) |
|
|
CONCERTO. Homenaxe a Claude Debussy. 150 Aniversario |
|
ORQUESTRA do Espazo de Cámara da USC Director: Mario Diz
1 de maio ás 20,30 horas CIRCULO DAS ARTES. Entrada gratuíta
O Espazo de Cámara da USC naceu coa filosofía de darlles, aos mozos e mozas da USC que teñen formación instrumental, a oportunidade de continuar nesta faceta e desenvolver a práctica que xa coñeceron en estudos anteriores, facendo música en grupo.
O Espazo, que comezou en 2011 cun grupo de corda e que ampliou a súa formación con instrumentos de vento, aborda o máis variado repertorio clásico, traballando os aspectos máis básicos da musica de cámara e orquestral, coa emoción de poder expor o seu traballo en público.
En definitiva: música para a música. |
|
|
10º Encontro Universitario de danza da USC |
|
Espazos que Danzan 16 e 17 de abril de 2012
O obxectivo mais importante deste encontro de danza é o de achegar a danza universitaria á nosa cidade saíndo ao encontro do espectador e favorecendo actividades comúns con este colectivo artístico. Concíbese tamén como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes Cunha programación que se desenvolve durante os días 16 e 17 de abril, o Encontro de Danza faranos percorrer a cidade polas distintas prazas e recunchos emblemáticos, nos que as Compañías universitarias presentan os seu traballos coreográficos facendo catro representacións o primeiro día e seis o segundo. Neste Encontro de Danza contemporánea xógase coa idea da reinterpretación artística do espazo urbano a través da adaptabilidade das pezas de danza ós distintos lugares, e co fomento da súa utilización por parte do cidadán que participa como espectador ou como intérprete. As actuacións teñen unha duración aproximada de 20 min e correrán a cargo de Compañías internacionais e galegas, coa especial participación das compañías da Universidade de Santiago de Compostela. COMPAÑIAS E UNIVERSIDADES PARTICIPANTES
Cia. TEATRUBI Dirección artística: Rui Pires
AULA DE DANZA DA UDC Dirección artística: Rut Balbís
D-OU-TRAS Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo
Universidade de Santiago de Compostela. ESPAZO DE DANZA DA USC: Dirección artística: Juan Carlos Zahera
COMPAÑÍA INDEPENDENTE DA USC Dirección artística: Colectivo PROGRAMA:
16 de abril.de 2012:
13:00h.- Rúa S. Marcos Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC - Lugo Dirección artística: Juan Carlos Zahera A escoita do Corpo
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC- SQC Dirección artística: Juan Carlos Zahera Diversos
18:00h.- Praza de A. Fernández López (detrás do Concello) Universidade da Coruña Aula de Danza da UDC Dirección artística: Rut Balbís Unha cidade por ser (Inspirada en Las Ciudades Invisibles de Ítalo Calvino).
Universidade de Santiago de Compostela Cía. MU-danza.USC Dirección artística: Colectivo Vinte caixas
17 de abril de 2012 :
12:00h.- Rúa da Raíña Universidade da Coruña Aula de Danza da UDC Dirección artística: Rut Balbís Unha cidade por ser (Inspirada en Las Ciudades Invisibles de Ítalo Calvino).
Universidade de Vigo. Campus Ourense D-ou-tras Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo Isto non é…
14:00h.- Praza da H. do Seminario Universidade da Beira Interior. Portugal Cía. Teatrubi Dirección artística: Rui Pires Mata-dor
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC - Lugo Dirección artística: Juan Carlos Zahera A escoita do Corpo
18:00h.- Praza da Soidade Universidade de Santiago de Compostela Cía. MU-danza.USC Dirección artística: Colectivo Vinte caixas
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC- SQC Dirección artística: Juan Carlos Zahera Diversos
A si mesmo se chovera:
Luns 16 de abril: 13:00h.- Sala de exposicións da Deputación Provincial da rúa S. Marcos. 18:00h.- Soportais do Concello
Martes 17 de abril: 12:00h .- Galeria comercial (onde está a cafeteria) na rúa da Raiña 14:00 h.- Vestíbulo da Facultade de Formación do Profesorado 18:00h.- Museo Provincial da Praza da Soedade
PROGRAMA:
16 de abril.de 2012:
13:00h.- Rúa S. Marcos
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC - Lugo Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A escoita do Corpo
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC- SQC Dirección artística: Juan Carlos Zahera
Diversos
18:00h.- Praza de A. Fernández López (detrás do Concello)
Universidade da Coruña Aula de Danza da UDC Dirección artística: Rut Balbís
Unha cidade por ser (Inspirada en Las Ciudades Invisibles de Ítalo Calvino).
Universidade de Santiago de Compostela Cía. MU-danza.USC Dirección artística: Colectivo
Vinte caixas
17 de abril de 2012 :
12:00h.- Rúa da Raíña
Universidade da Coruña Aula de Danza da UDC Dirección artística: Rut Balbís
Unha cidade por ser (Inspirada en Las Ciudades Invisibles de Ítalo Calvino).
Universidade de Vigo. Campus Ourense D-ou-tras Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo
Isto non é…
14:00h.- Praza da H. do Seminario
Universidade da Beira Interior. Portugal Cía. Teatrubi Dirección artística: Rui Pires
Mata-dor
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC - Lugo Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A escoita do Corpo
18:00h.- Praza da Soidade Universidade de Santiago de Compostela Cía. MU-danza.USC Dirección artística: Colectivo
Vinte caixas
Universidade de Santiago de Compostela Cía. de Danza da USC- SQC Dirección artística: Juan Carlos Zahera Diversos |
|
|
VIII Curso de Primavera. USC Facultade de Humanidades. Lugo |
|

1 - 5 MAIO 2012 "OH LVX! Vida e Letras milenarias (Lugo 1012-2012)"
PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 23 DE ABRIL O Curso de Primavera que desde hai oito anos organiza a USC no Campus de Lugo dentro da programación de LUGO CULTURAL, propón este ano unha viaxe a través das pegadas que os seres humanos foron deixando en forma de palabra escrita nos últimos mil anos, baixo o título ‘OH LVX! Vida e Letras Milenarias (Lugo 1012-2012)’.
A organización incorporou ao título do curso unha destacada efeméride: a lauda sepulcral de San Xoán de Tirimol, unha das pezas de maior relevancia das que se conservan no Museo Provincial de Lugo, cumpre o seu primeiro milenio de existencia desde que fora gravada no ano 1012. Sobre esta lauda tratará un dos relatorios das xornadas, nas que participan profesores da USC e doutros centros universitarios e de investigación, que afondarán nos avances acadados en ámbitos como o estudo da linguaxe oral e literaria, a toponimia e o poboamento da área lucense, a arqueoloxía e a paleografía, a edición de textos, a análise das fontes nas investigacións históricas ou a conservación do patrimonio artístico.
Cinco días de programa O curso comeza o día 1 de maio cunha excursión a Bretoña, Lourenzá e Mondoñedo. O resto de actividades desenvolveranse entre os días 2 e 4 de maio na Facultade de Humanidades (en sesións de mañá e tarde), mentres que última sesión, o sábado 5, terá lugar no Museo Provincial de Lugo, onde tamén se levará a cabo a clausura do encontro.
O Curso de Primavera toma o seu nome dunha actividade desenvolvida nas décadas de 1960 e 1970 polo instituto masculino Lucus Augusti. Na actualidade, o encontro está organizado conxuntamente pola Área de Cultura do Campus de Lugo e a Facultade de Humanidades, e artéllase como un foro de debate e presentación das novidades en investigación sobre o tema elixido cada ano. En edicións anteriores as cuestións que centraron o Curso de Primavera foron, entre outras, o IV centenario da publicación do Quijote, a realidade e as perspectivas das Humanidades, a dinámica das relacións Oriente-Occidente, os dereitos humanos ou os camiños de peregrinaxe.
O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de abril, e os interesados poden dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo (teléfono 982 821 513) para recibir información ou formalizar a matrícula. A inscrición no curso ten un custo de tres ou seis euros, segundo se trate da taxa reducida ou xeral, respectivamente.
Esta actividade forma parte da oferta do programa Lugo Cultural para o ano 2012, un proxecto no que participan a USC, a Deputación de Lugo o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.
PROGRAMA:
Martes 1 de maio 15: 30 Excursión. (Visita a Bretoña: inscrición fundacional, Lourenzá, Mondoñedo. (Saída da Praza de Bretaña)
Mércores, 2 de maio 11:00. Palabras inaugurais. Presentación das Actas da VII edición do CURSO
11:45. Ana MOURE CASAS (UCM): “Exeria: Problemas filolóxicos” 12:45. Pausa 13:00. María Concepción FERNÁNDEZ LÓPEZ (USC): “De novo a Lauda de Tirimol”
17:00. Eva M.ª CASTRO CARIDAD (USC): “Tradición milenaria na escritura de muller” 18:00. Pausa 18:15. José María ANGUITA JAÉN (USC): “Tres inscricións lucenses máis que milenarias: Bretoña (ERADL?), Quiroga (AVRVM), Lugo (OH LVX!)”
Xoves, 3 de maio 11:00. Carlos BALIÑAS PÉREZ (USC): “De Furore Normanorum...: Lugo e os Normandos na Alta Idade Media” 12:00. Pausa 12:15. Dolores DOPICO (USC): “Permanencia e cambio dunha institución tradicional: o hospitium romano”
16:00. Ana GOY DIZ (USC): “A revalorización de pezas medievais da catedral de Lugo na época barroca: O caso da Virxe dos Ollos Grandes” 17:00. Pausa 17:15. Isabel BECEIRO (CCHS-CSIC): “Figuras fundadoras e benfeitoras da Antigüidade clásica na tradición alfonsí” 18:15. Pausa 18:30. Sesión cinematográfica e fórum: Luis M. FERNÁNDEZ, Isabel BECEIRO
Venres, 4 de maio 11:00. Alexandre VEIGA (USC): “Recitador, copista, paleógrafo, editor. Sobre os problemas de reconstrución crítica dun texto castelán medieval” 12:00. Pausa 12:15. Ricardo PICHEL (UCM): “Problemas de edición de textos galegos medievais”
17:00. Beatriz FERNÁNDEZ HERRERO (USC): “Milenio (utopía) e misión no Novo Mundo: Os franciscanos que foron a América” 18:00. Pausa 18:15. Ana Isabel CARRASCO MANCHADO (UCM): “Análise das fontes literarias para a historia da cultura política na Idade Media castelá”
19:15. Entrega de diplomas
Sábado, 5 de maio 10:00: Visita en Lugo: Praza de Santa María: Contorno catedralicio: Pía de mosaicos, Lauda de Odoario, Ollos Grandes, Texto caligráfico: DISCIPVLVS @NI
11:30: Sesión no Museo Provincial de Lugo: José M. ANGUITA JAÉN – Fernando GÓMEZ JÁCOME e membros de SÓLO VOCES: Presentación dun pergameo lucense do século XIII, con reconstrución musical dun fragmento litúrxico inédito
Visita no claustro: Lauda de Fraxildo (1012); outras pezas: Lauda de Guntín. Visita xeral Clausura.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Salón de actos da Facultade de Humanidades (exceptuadas as visitas e a sesión de sábado e clausura, que serán no Museo Provincial de Lugo)
COMISIÓN COORDINADORA: María Concepción Fernández López, Profesora Titular de Filoloxía Latina Mercedes Suárez Fernández, Profesora Titular de Lingua Española Alexandre Veiga Rodríguez, Catedrático de Lingua Española
RECOÑECIDO CON 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN
DIPLOMAS: Expedirase o correspondente certificado de asistencia e proveito de 30 horas ás persoas inscritas que asistiran polo menos ao 80% das horas.
INFORMACIÓN E MATRÍCULA: Área de Cultura. Campus de Lugo Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo Praciña da Universidade, s/n 27001 Lugo Tfno.: 982 821 513
PRAZO: do 11 ao 23 de abril TAXA XERAL: 6 € TAXA REDUCIDA: 3 € VISITA a Bretoña, Lourenzá e Mondoñedo: 3 € (Inscrición nominal con DNI necesaria) VISITA de sábado e sesión no Museo: sen custo adicional (Inscrición necesaria) NOTAS: As visitas son abertas a acompañantes e outros interesados, previa inscrición, e abono taxado A inscrición para as visitas poderá ampliarse hasta 24 horas antes da actividade se quedasen prazas libres, pero agradecemos a previsión máis anticipada posible. |
|
|
XVIII Festival Internacional De Teatro Universitario da USC |
|

AUDITORIO GUSTAVO FREIRE ás 20:30 h Entrada gratuíta previo paso polo despacho de entradas. Apertura do despacho de entradas: desde as 20:00 horas. PROGRAMACIÓN Xoves 22 - Máis info COMPAÑÍA DE TEATRO USC - LUGO Dirección e dramaturxia: Paloma Lugilde NA TÚA CARA. IN YER FACE. Baseada na obra de Sarah Kane Vernes 23 - Máis info COMPAÑIA DE TEATRO DA USC – SANTIAGO Dirección: Roberto Salgueiro COMEDIA FAMOSA DO CABALEIRO DE OLMEDO De Francisco Antonio de Monteser Domingo 25 - Máis info TESELAS ALUMNOS E ALUMNAS DE ESCOLAS DE ARTE DRAMÁTICO Mostra de traballos de arte dramática "Yo mujer" a partir de Medea de Eurípedes. Bárbara Rivas e Alba Fernández "Vacío" a partir de 4.48 Psicosis de Sarah Kane. Bárbara Rivas, Alba Fernández e Cris Sanz "Negra sombra". Juan Fórneas Luns 26 - Máis info AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. GRUPO MARICASTAÑA Espazo escénico, dramatruxia e dirección: Fernando Dacosta UN NOVO MUNDO FELIZ Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir da novela Un mundo feliz de Aldous Huxley Martes 27 - Máis info THEATRE NIE MA . UNIVERSITY OF SZCZECIN POLONIA Dirección: Tatiana Malinowska-Tyszkiewicz THE MOST LAMENTABLE COMEDY AND MOST CRUEL DEATH OF PYRAMUS AND THISBY Baseada no texto Soño dunha noite de verán de Wiliam Skakespeare |
|
|
MUSICAS a carón da MOSQUEIRA 2012. uniJAZZ |
|
Entrada gratuíta ata completar aforo
CELIA MUR e NONO GARCÍA Voz e guitarra presentan o seu CD Coplas Mundanas
CASA DO SABER 20:00 h
CARME CANELA & JOAN MONNÉ Voz e piano presentan Nome de Muller
CASA DO SABER. 20:00 h
ABE RÁBADE TRÍO en concerto
ABE RÁBADE, piano PABLO MARTÍN CAMINERO, contrabaixo BRUNO PEDROSO, batería
Auditorio da Facultade de Veterinaria. 20:00 h |
|
|
xoves ás 20,30 h Auditorio Gustavo Freire e Casa do Saber ENTRADA GRATUÍTA
LEILÍA presentando o disco Consentimento Auditorio Gustavo Freire
VAAMONDE, LAMAS & ROMERO Presentando o disco O Tambor de Prata Auditorio Gustavo Freire
TALABARTE Presentando o disco Talabarte Casa do Saber
LOBALÚ Presentando o disco Haikus Auditorio Gustavo Freire
CATS AND MONKEYS en concerto Auditorio Gustavo Freire
MALVELA Presentando o disco Raianas Auditorio Gustavo Freire |
|
|
MÚSICAS a carón da MOSQUEIRA 2012 |
|
En colaboración co AIE-Clásicos en Ruta
CASA DO SABER ás 20.00 h Entrada libre ata completar aforo
TRÍO ALBORADA Miguel Expósito, clarinete Aldo Mata, violonchelo Patricia Arauzo, piano Obras de BEETHOVEN, SCHUMANN, MOZART e BRAHMS
JUAN ANDRÉS BARAHONA, piano Obras de FRÉDÉRIC CHOPIN, FRANZ LISZT, SERGEI RACHMANINOV e SERGEI PROKOFIEV
CUARTETO GERHARD Lluís Castán Cochs e Judit Bardolet Vilaró, violíns Miquel Jordà Saún, viola Jesús Miralles Roger, violonchelo Obras de J. HAYDN, LEOS JANACEK e L.V. BEETHOVEN
INÉS PICADO MOLARES, viola MARÍA ZISI, piano Obras de J. S. BACH, I. STRAVINSKY, BENJAMIN BRITTEN, MILHAUD, JOHANNES BRAHMS
CRISTINA NOGUEIRA PÉREZ, violonchelo Obras de J. S. BACH, GASPAR CASSADÓ e GARCÍA PICOS |
|
|
Músicas a carón da mosqueira |
|
 Salón Rexio do Círculo das Artes, ás 20.30 Entrada libre FRANZ LISZT, O PEREGRINO Ciclo de concertos para celebrar o segundo centenario do nacemento deste gran compositor romántico. Mércores, 23 de novembro JUAN IGNACIO MARTÍNEZ PARDO, piano.ANTONIO QUEIJA UZ, piano.Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie, S. 161: nº 4.Sonetto 47 del Petrarca. Rapsodie hongroise, S.244: nº 6. Années de pèlerinage, Deuxième année, Italie, S. 161: nº 1 Sposalizio. Années de pèlerinage, Première année, Suisse, S. 160: nº 9 Les cloches de Genève.Juan Ignacio Martínez Pardo, piano. Rapsodie espagnole, S.254. Années de pèlerinage, Première année, Suisse, S. 160: nº 6 Vallée d'Obermann. Muiñeira de Juan Montes, op.31 nº 2 de Anselmo González del Valle (-1911) ). Danza española op.12 nº 1 para piano a 4 mans de Moritz Moszkowsky (Polonia, 1854-1925)
 Juan Ignacio Martínez Pardo
Antonio Queija Uz Mércores, 30 de novembro HARUNA TAKEBE, piano Les Jeux d’eau à la Villa d’Este (No.4 Anées de Pèlerinage, troisième année) · Ballade No.2 Si menor · La lugubre gondola No. 2 · Liebesträume · Reminescences De Lucia Di Lammermoor · Liebesbotschaft No.10 (Schwanengesang) · Auf dem Wasser zu spielen No.2 (12 Lieder) · Mein Freuden No.5 (Six Chants Polonais) · Isoldens Liebestod
CONCERTO DE CLAUSURA Luns, 19 de decembro MARÍA DO CEO, fadista |
|
|

Por quinto ano consecutivo, Lugo Cultural súmase a dar a benvida aos universitarios que se achegan ao noso campus e estrea a súa programación cunha semana de intensa actividade que achegará á comunidade universitaria e aos lucenses en xeral, actividades relacionadas coa música, o teatro, a danza, a fotografía e a historia da cidade O convenio Lugo Cultural e as entidades que o conforman, USC, Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Novacaixagalicia, dan a benvida aos universitarios nesta semana que ven sendo a presentación das actividades, que se desenvolven ao longo do ano por Lugo Cultural Fotografía • Luns, 24 de outubro Presentación do catálogo do XVII Maratón Fotográfico do campus e inauguración da exposición dos traballos presentados nesta edición O catálogo e a exposición recollen, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, ás 12.00 h A exposición permanecerá aberta ata o día 18 de novembro Horarios: de luns a venres, de 16.00 a 21.00 h Entrada Libre Música • martes, 25 de outubro Concerto de DOA O retorno dunha banda mítica presentando o seu novo disco A Fronda dos Cervos Neste novo traballo, DOA explora o simbolismo dos bosques milenarios, demostrando, unha vez máis, a súa mestría e orixinalidade Escola Universitaria de Formación do Profesorado, ás 20.30 h Entrada libre ata completar o aforo • mércores, 26 de outubro Concerto comentado de música barroca con instrumentos de corda pulsada a cargo de Rafael Muñoz . Guitarra barroca e Tiorba O interprete realizará comentarios acerca dos instrumentos empregados e o repertorio interpretado, situándoos no seu contexto histórico e explicando a súa proxección actual Casa do Saber. Vicerreitoría de Coordinación, ás 20.30 h Entrada libre ata completar o aforo • xoves, 27 de outubro Concerto de JOTINHO´S . Bossanova e Samba JOTINHO’S é un proxecto que nace da man de varios músicos de Lugo coa intención de explorar as vertentes máis clásicas da bossa nova O seu repertorio ten un denominador común, os concertos que Vinícius de Moraes e Toquinho ofreceron en Bos Aires e Punta del Este nos locais coñecidos coma “La Fusa” Ademáis interpretan outros clásicos da bossa nova así coma sambas de sobra coñecidas Auditorio da Facultade de Veterinaria, ás 20.30 h Entrada libre ata completar aforo Autobús: Dende Maxisterio ata a Facultade de Veterinaria con saída ás 20.00 h Dende a Facultade de Veterinaria ata Maxisterio ao finalizar o concerto Danza Intervención nos centros universitarios do campus Espazo de Danza da USC. Cía. Amparo Novas. Danza interactiva Mediante a danza explórase diferentes espazos da universidade tentando cambiar a rutina diaria e entrar nun mundo no que todo é posible, mediante a intuición e a improvisación créase espazos diferentes ó que estamos acostumados, onde a sensibilidade toma protagonismo e a danza consigue traspasar fronteiras Intérprete: Amparo Novas - Música: Varios autores • luns 24 de outubro Escola Universitaria de Formación de Profesorado, Vestíbulo ás 11.45 h Facultade de Veterinaria, Vidreira ás 14.30 h Facultade de Adm. e Dirección de Empresas, Aulario ás 17.30 h • martes 25 de outubro Facultade de Humanidades, Aulario ás 12.00 h Escola Politécnica Superior, Cafetería ás 14.30 h Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Vestíbulo ás 20.30 h  Teatro Aula de Teatro da USC. Campus de Lugo Clase aberta de teatro a cargo de Paloma Lugilde Para que coñezas máis de cerca o que poderías chegar a facer dentro da aula, os diferentes talleres que ofrecemos ao longo do ano así como a dinámica das diferentes compañías propias da Universidade Non esquezas vir con roupa cómoda • mércores, 26 de outubro Aula de Teatro Aulario Facultade de Veterinaria de 13.00 a 15.00 h • xoves, 27 de outubro Aula de Teatro Aulario Facultade de Veterinaria de 14.00 a 16.00 h Exposición A fotografía e a escena Esta exposición recolle instantes captados pola cámara na que os actores, escenógrafos, xastres, iluminadores, adaptadores, maquilladores, dramaturgos e directores, que nalgún momento formaron parte deste aula, quedaron atrapados. E nós con eles, no seu imaxinario tan potente. Facultade de Veterinaria, Sala Isaac Díaz Pardo de 9.00 a 21.00 h en días laborables Do 27 de outubro ata o 30 de novembro
Historia e patrimonio • xoves, 27 de outubro Xornada de portas abertas, Casa do Saber: A Domus do Mitreo Con Celso Rodríguez Cao, arqueólogo director das escavacións do xacemento arqueolóxico, que nos levará a comprender e a coñecer a historia da cidade de Lugo a partir de Mitra Casa do Saber na Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. Visitas guiadas dunha hora de duración Pola mañán ás 12.00 e ás 13.00 h e pola tarde ás 18.00 e ás 19.00 h Cada visita está limitada a un máximo de 25 persoas Recoméndase, por tanto, facer reserva de hora nos teléfonos: 982 821 513 / 982 821 500 |
|
|
21 XUÑOÉ unha mágoa pero por mor da ameaza de tormenta vémonos na obriga de ter que trasladar o concerto de Marful ao Auditorio Gustavo Freire. Sairá un autobus ás 20:30 do Instituto Lucus Augusti (Masculino) e recollerá á xente ao finalizar o concerto ás 22:00-22:15 h. Achegádevos non o podedes perder !. |
|
|
 "Música e Cidade" adicado a Llorenç Barber venres 20 de maio 9:30 h Entrega de acreditacións e inauguración.
10:00 a 14:30 h Relatorio e mesa redonda sobre Paisaxe sonora. A cargo de José Luis Carles e Cristina Palmese.UAM. Coordina Juan Gil López.
16:00 h Relatorio e mesa redonda sobre Música, cidade e pedagoxía. A cargo de Pilar Cabeza e Elena Hidalgo. UVA. Coordina Inmaculada Cárdenas.
18:00 h Relatorio e mesa redonda sobre Esculturas sonoras. A cargo de Antonio Alcázar. UCLM. Coordina Pilar Cabeza.
20:30 h Concerto colectivo Música e Cidade. Obras de: José Luis Carles e Cristina Palmese, Efraím Díaz, Pilar Cabeza, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, alumnos de Miguel Molina, e obras do Grupo de Creación Musical da USC (Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero e Mónica Álvarez).
sábado 21 de maio 10:00 h Presentación do traballo colectivo realizado pola profesora Mónica Álvarez cos seus alumnos do CEIP San Mamede (Mosteiro de Santa María de Montederramo) e música por ordenador con alumnos de ensino medio de Charo Herrero (Valladolid).
12:00 h Relatorio e mesa redonda sobre Arte sonoro y ciudad. A cargo de alumnos de Miguel Molina. Universitat Politécnica de València. Coordina José Luis Carles.
14:00 h Clausura dos 3º Sons Creativos.
Información: Inscricións na Oficina de Cultura (Lugo) Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade Tel.: 982 821 513 Do 5 até o 18 de maio de 9:00 a 14:00 h Taxa xeral: 20 euros. Taxa reducida (comunidade universitaria): 10 euros Recoñecido un crédito de libre configuración |
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 14 de 33 |
 |

|
|
|
|