Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XX Festival Internacional de Teatro

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

APARATO. Creación colectiva

Dirección: Ricardo Santana

4º de Interpretación Gestual de la RESAD.  Madrid

 

SINOPSE:

APARATO é un traballo de investigación cuxo punto de partida é a esquizofrénica idea que nos encarna como seres humanos de “ser un cuerpo y tener un cuerpo al mismo tiempo”. Para isto, propuxemos unha serie de ferramentas que nos presentan: primeiro como suxeitos definidos por biografías, proxectos, desexos, relacións... individuos que manipulan e son manipulados. O noso esforzo está en xestionar estes dous lugares e asistir ao diálogo entre eles. Segundo, como suxeitos definidos polos dispositivos sociais desde os que falamos, nos proxectamos e nos visibilizamos ... Un terceiro aspecto é o dispositivo teatral e, para isto, propoñemos unha ferramenta lúdica formato striptease escénico!

 

Neste traballo coral, o grupo e os seus integrantes enfróntanse á autoxestión das dinámicas, o espazo, o tempo e outras cuestións relativas ao traballo escénico, como as palabras ou as accións. Todas estas decisións operan a través do outro, de maneira que a nosa vontade sempre está vinculada a algo ou a alguén que termina decidindo por nosoutros.

 

ELENCO:

Alba Fernández, Andrea Brown, Bárbara Rivas, Belén Bottarini, Diana Irazabal, Elisabeth Cornez, Fernando Trujillo, José Manuel Taracido, Lorena Martínez, Manuel Porcar, Nayra Darias e Rebeca Izquierdo.

 

Ficha artística e técnica:

Baseado nos textos: El Antiedipo (Deleuze y Guattari), El orden del discurso (Foucault), ¿Que es un dispositivo? (Agamben)!

Vestiario: Ana Montes!

Iluminación: María Otero Arenas e Miguel Ángel Ruz Velasco!

Deseño gráfico: Manuel Porcar!

Colaboracións e agradecementos: Alicia Blas, Ana Contreras, Beatriz León, Chelo García, Eva Lara, Jose Luís Raymond, Paz Rojo, Raúl Marcos e a todos aqueles que asistiron ao proceso e nos axudaron coa súa participación e apoio, e en especial ao Departamento de Gestual.

http://www.youtube.com/watch?v=M3PdAs0oFA4&app=desktop

 

aparato.jpg
 

Julian Peña, RESAD

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

FUENTEOVEJUNA de Lope de Vega

Dirección: Pedro Casas

COMPAÑÍA JOSÉ ESTRUCH. Madrid


SOBRE O ESPECTÁCULO

Fuenteovejuna foi escrita por Lope de Vega entre os anos 1612 e 1614, baseándose en dous feitos históricos que aparecen na obra e que non foron simultáneos: os abusos do Comendador don Hernán Pérez de Guzmán cara ao pobo de Fuenteovejuna e a Guerra Civil entre Isabel a Católica e Juana a Beltraneja.

Na obra de Lope, a vila vive gobernada polo Comendador Fernán Gómez, que remata sendo asasinado polos lugariños a causa dos seus abusos de poder. Tras este episodio, os cidadáns de Fuenteovejuna deben de asumir responsabilidades ante un poder maior, os Reis Católicos. Para isto, crean un culpable colectivo ao que é imposible castigar: o pobo de Fuenteovejuna.

ELENCO

Ricardo Teba, Egoitz Sánchez, Luis Sorolla, Salvador Bosch, Cristian Vázquez, Iván Serrano, Alejando Mendicuti, María Llinares, Marta Cobos Guillermo Muñoz, Paula Iwasaki, Cristina Bucero, Jesús Gago, Alberte Viveiro, Irene Calabuig

 

 

Autor: Lope de Vega

Compañía: Compañía José Estruch

Dirección: Pedro Casas

 

SOBRE A COMPAÑÍA

A Asociación José Estruch para o fomento do teatro comezou a súa actividade en 1999, e estivo sempre vinculada á execución escénica, froito de talleres de formación de posgraduados, e ao estudo, publicación e montaxe de textos clásicos e contemporáneos. Unha das súas actividades principais foi a creación dunha compañía de teatro clásico español —a Compañía José Estruch— con actores, directores e dramaturgos formados nas distintas escolas superiores de Arte Dramático de España.

 

fuenteovejuna.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Café liberdade de Fernando Dacosta

Dirección: Fernando Dacosta

MARICASTAÑA. Aula de Teatro Universitaria de Ourense

Duración 85 min

 

SINOPSE:

Nunha cidade pechada (por defunción), nun mundo onde homes e mulleres grises devoran a alegría, deixan a outros seres humanos sen recursos para poder vivir e acaban sen ningunha consideración o que poderían ser outros xeitos de entender a existencia, unha muller decide dar un paso adiante.

O Café Liberdade é a súa resposta a ese mundo do que non gusta. Un espazo único onde o importante son as persoas que o habitan. Persoas que foron entrando no café e foron coñecéndose ao son do piano, da batería, dos libros que a viaxeira puña a disposición de todo o mundo. Xogan ao xadrez baixo unha lámpada, bailan e dróganse. Un espazo que foi construíndose desde a acollida, desde a comprensión do xénero humano, desde a liberdade máis absoluta, desde as artes.

O Café Liberdade tratará de persistir nun mundo hostil con personaxes especiais, como somos cada un de nós, como unha oferta a outro mundo posible no medio da guerra voraz na que estamos inmersos.

Noite, música, amizade, loita, traizón, policía, marihuana, literatura, amor e desamor, construción nun mundo en destrución, son algunhas das temáticas desta montaxe.

Unha república libertaria nunha monarquía hereditaria.

 

ELENCO:

Yu Estévez: Xilau

Daniel Vázquez: Lánedi

Marcos Vázquez: Móscar

Reyes Mangue: Serey

Noelia Rope: Eliona

Sandra Al Ca: Nadras

Vicky Docabo: Kivyc

Alicia Fraga: Cialai

Nuria Paz : Unari

Carmen Goyanes: Arima

Tania G. Vázquez: Anita

 

Ficha artística e técnica:

LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño

VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra

DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons

CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero

ESCENOGRAFÍA, ESCRITA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta

 

cafe-liberdade-.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

CALÍGULA de Albert Camus

Dirección: Alberto Álvarez

MALAESTIRPE Teatro Universitario de Toledo

 

SINOPSE:

A morte faise presente na mente do emperador. A súa loita contra o destino, o ansía de inmortalidade e a futilidade da vida maniféstanse en todas as súas decisións.

Mediante a perversión de todos os valores establecidos e a negación do home, revélase ante os demais como o home libre.

Roma vese envolta no bochorno autodestrutivo xerado pola paixón desmedida que sente Calígula. É a historia do máis humano e tráxico dos errores. Infiel aos seres humanos debido á excesiva lealdade a un mesmo, Calígula consinte a súa morte despois de entender que non se pode salvar só e que ninguén é libre se é en contra doutros.

 

ELENCO:

Calígula: Teo Martín

Querea: Sofía Prieto

Cesonia:  Miriam Santillana

Helicón:  Rubén García

Escipión: Alberto Martín

Casio: Berni Sánchez

Metelo: Javier Viso

Livia: María Gómez

Mereya: Elena Sánchez

 

Ficha artística e técnica:

Dirección escénica: Alberto Álvarez

Adaptación: Alberto Álvarez

Vestiario e arte: Gemma Díaz

Maquillaxe: Sofía Prieto

Fotografía: María Cabañas

Iluminación e son: Alberto Álvarez

Coreografía: Silvia Labrado

Coro: Miriam Santillana

 

http://www.malaestirpeteatro.es/

 

caligula.jpg
 


< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

ALGO SE MUEVE DENTRO

Amparo Novas

 

SINOPSE:

É unha peza intimista, é a resposta a un texto duro que fala sobre o desamor, que me marcou moito para a creación deste solo.

“Algo se mueve dentro” é a consecuencia dunha inquietude interior, realmente algo se move dentro e desa inquietude xorde esta danza expresión dos meus sentimentos mais íntimos.

Amparo Novas

Música: Arvo Pärt

Coreografía e intérprete:   Amparo Novas

Duración: 15 minutos

Vestuario y escenografía: Amparo Novas

 

Sobre la autora:

Nestes últimos anos, Amparo Novas traballou en dúas producións do Centro Coreográfico Galego, concretamente en Vacuo (Maruxas Salas) e Giseliña (Cisco Aznar), tamén traballou en diferentes producións coa compañía andaluza Fernando Hurtado e coa compañía Solodos Danza.

Actualmente compaxina o campo da docencia coa interpretación de pezas propias.

 

algo-se-mueve-dentro.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

TESELAS. Microproxectos de actores galegos en formación

-        LA HERMANA Y LA CHIQUILLA.

Eva Gacio Arias eLucía Fernández Carracedo. ESAD Asturias

 

SINOPSE:

Dúas escenas do texto de Roberto Zucco: Monólogo da irmá dirixido á rapaza onde lle pide explicacións sobre a súa chegada tarde á casa. A outra escena é un diálogo entre a Hermana y la Chiquilla na cal esta mostra o seu desexo de marcharse da casa.

 

ELENCO:

Eva Gacio Arias

Lucía Fernández Carracedo

 

Ficha artística e técnica:

Autor: Roberto Zucco

 

la-hermana-y-la-chiquilla.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

TESELAS. Microproxectos de actores galegos en formación

-        NOITURNIO DO ADOLESCENTE AFOGADO.

RESAD Madrid

Dirixe Jose Velasco.

 

SINOPSE:

Os minutos antes dunha voda mestúranse co pasado, presente e futuro dos cónxuxes. Unha néboa envólveo todo e as campás da igrexa non paran de soar. Creación a partir de "Noiturnio do adolescente morto" de Federico García Lorca.

 

ELENCO:

Xoán Fórneas

Sara Fandiño.

 

noiturnio-do-adolescente-afogado.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

DER KICK /LA PATADA de Andrés Veiel & Gesine Schmidt

Dirección: Javier R. de la Varga

TEATRO EL MAYAL. Universidad de León

Duración 90 min

 

SINOPSE:

Na noite do 12 ao 13 de xullo de 2002, Marco e Marcel Schönfeld  e o seu amigo Sebastian Fink, maltrataron a Marinus Schöberl, de 16 anos. Ao final matárono saltándolle sobre a nuca. Catro meses máis tarde, en novembro, atopouse o seu corpo nun pozo negro. Os asasinos e a vítima coñecíanse. Eran orixinarios de Potzlow, un pobo sito a 60 km ao norte de Berlín.

 

ELENCO:

Irene Álvarez Blanco, Andrea Soto Vargues, Raquel de la Varga Llamazares, Iñaki

Alonso Fernández, Sofía Martínez Pérez, David Bernardo Pascual, Mónica Vidal, Jara

Casanova Castro, Belén de la Viuda, Emma Delgado, Chiti Abraira, Lorena de Paz,

Manuel AO, Pepa Otero Feliz, Mónica Alija, Daniel L. Ferrero e Quinti Ferrero Alonso.

 

Ficha artística e técnica:

Autor: Andrés Veiel & Gesine Schmidt

Tradución: Ana Liza Tiparrán

Músico en escena: Norberto Magín (Juventudes Musicales-ULE)

Dirección musical: Juan Luís García e Norberto Magín (JJ. MM - ULE)

Espazo escénico: Murciego e Javier R. de la Varga

Iluminación: Miguel A. Barreales e Ricardo Barrientos, Javier R. de la Varga e

Herminio González

Vestiario: Teatro El Mayal

Deseño gráfico: Mónica Alija e Ana San José

Fotografía: Memoria Química e Juanluisgx

Produción: Área de Actividades Culturais Universidade de León

Dramaturxia e dirección: Javier R. de la Varga

 

der-kick-la-patada.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

APNEA 2ª VARIACIÓN de Roberto Salgueiro

Dirección: Roberto Salgueiro

COMPAÑÍA DE TEATRO da USC

 

SINOPSE:

“Hai algunhas veces en que a palabra é poesía. Hai certas ocasións en que a palabra se volve materia. Mais pode haber aínda outras, as menos, en que todas as liñas de forza dun espectáculo teatral conseguen que a palabra se volva poesía e, ao tempo, que a poesía cobre corpo. Apnea […] é  “libreto coreográfico” en que todas as liñas de forza da representación abeiran o lírico, xogan co sublime para logo incidiren con máis forza –e crueldade- na mensaxe […] entretecendo, a modo de mallas, unha obra chea de emocións éticas e estéticas”.

Iolanda Ogando. Tempos, 76, xuño 2003

 

ELENCO:

Miguel Gendre, Aldara Cidrás, Marcos Montiel, Carlos Hermida, Alba López

 

Ficha artística e técnica:

DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO, ILUMINACIÓN E FIGURINOS: Roberto Salgueiro

ARRANXOS VESTIARIO:  Clotilde Vaello

TÉCNICO DE ILUMINACIÓN: Raúl Giraldo (RTA)

TÉCNICO DE SON E ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Clara Martín

 

apnea-2-variacion.jpg
 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

NOCTURNOS de Paco Zarzoso

Dirección: Rubén Ruibal

Teatro NORMAL UDC

 

SINOPSE:

Panorámica nocturna das aforas dunha cidade á beira do mar. Algúns habitantes saíron esa noite sen o paraugas que os protexe da choiva de meteoros e estrelas.

 

REPARTO

TAXISTA: Laura Blanco Mata

FAREIRA: Marta Edreira

ADMINISTRATIVA: Amelia da Silva

AUTOMOBILISTA: Marcelino Fuentes

ACCIDENTADA: Tania Paseiro Galán

CONDUTORA DE AMBULANCIAS: Patricia Tembleque

PARACAIDISTA: Marián Fuentes Loureiro

MULLER DO SÉTIMO: Laura Blanco Mata

MULLER PRIMEIRA: Nuria Calvo

MULLER SEGUNDA: Oana Lazarescu

PROPIETARIA: Bea Martínez Figueroa

MULLER DOS MOBLES: Sara Fernández Baldomir

TRANSPORTISTA: Diego Franqueira Docampo

PAXARO NA GAIOLA: Andrew1

 

Ficha artística e técnica:

Dirección: Rubén Ruibal

Axudante de dirección: Laura Mariño

Escenografía, atrezzo e deseño gráfico: Iván Casal Nieto

Vestiario: Aula de Teatro UDC 2013-14

Iluminación: Afonso Castro

Banda Sonora: Roberto Casteleiro

Agradecementos: Garys644

 

*As lexislacións municipal e autonómica vixentes impídennos maltratar un canario durante a función, dado que este non é un espectáculo taurino. Pregamos ao público que imaxine un paxaro amarelo axitándose dentro da gaiola cando a situación en escena convide a facelo.

 

 

 

< ATRÁS

27 / 03 / 14
Categoría: XX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

MIOSOTIS. Non me esquezas. A partir de Comedia sen título de García Lorca

Dirección e dramaturxia Paloma Lugilde

Tradución Xoán C. Laxe

COMPAÑÍA DE TEATRO da USC-LUGO

A modo de reflexión …

Que hai peor ca que a un o maten … que o anulen, que o fagan desaparecer. Por iso, non me esquezas. Nada é inventado. Anxos, sombras, liras de neve e soños existen e voan entre nós, tan reais como a luxuria, as moedas que levades no peto, ou o cancro latente no fermoso seo da muller, ou o beizo canso do comerciante.

Por que imos ir ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa?

A verdade é fea e se a digo guíndanme do teatro.

 

SINOPSE

Partimos do texto de Lorca da Comedia sen título ou o Soño da vida.

Até nós só chega un acto, dos outros dous sabemos por amigos do propio Lorca: do segundo contaba Margarita Xirgu que se desenvolvía nunha morgue e a protagonista sería unha muller; e do terceiro sabemos que se situaría no ceo.

A través deste texto, deixándonos levar por el, creamos unha dramaturxia onde a necesidade de non esquecer, da verdade do poeta quere saír. A madeira dos cadaleitos de todos os que estamos nesta sala está xa cortada … Non quero actores senón homes de carne e mulleres de carne, e o que non queira escoitar que tape os ouvidos.

 

ELENCO

Uxía Alonso, como a Actriz

Lili Claro, como a Muller

Ramón Fernández, como Autor

Natalia Fernández, como a Nai – Criada

Dani Lago, como Mozo/Miosotis

Roberto Rivas, como o propietario do teatro

 

EQUIPO TÉCNICO E ARTÍSTICO

Deseño dos espazos: Paloma Lugilde. As gradas que utilizamos forman parte da escenografía da obra O Público, deseñada no 2006 por Suso Díaz para esta compañía. Para a realización dos espazos, os técnicos da compañía contaron coa axuda de Óscar Lago e Chelo Trinidad.

Creacións sonoras propias de Carlos Díaz.

Técnicos de son e luces: Alfredo Sarille e Julio Corredoira- Luzsonga.

Deseño gráfico: tatata

Documentación: Ramón Fernández e Paloma Lugilde.

Vestiario: Compañía de teatro da USC-Lugo

Fotografía: Bruno Martínez.

Tradución: Xoán C. Laxe

Agradecementos

A todos os integrantes da Aula de Teatro da USC, á Vicerreitoría e á Área de Cultura e á Vicerreitoría do Campus de Lugo, polo seu constante apoio.

 

miosotis.jpg
 

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira