Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

APARATO - Creación colectiva

APARATO. Creación colectiva

Dirección: Ricardo Santana

4º de Interpretación Gestual de la RESAD.  Madrid

 

SINOPSE:

APARATO é un traballo de investigación cuxo punto de partida é a esquizofrénica idea que nos encarna como seres humanos de “ser un cuerpo y tener un cuerpo al mismo tiempo”. Para isto, propuxemos unha serie de ferramentas que nos presentan: primeiro como suxeitos definidos por biografías, proxectos, desexos, relacións... individuos que manipulan e son manipulados. O noso esforzo está en xestionar estes dous lugares e asistir ao diálogo entre eles. Segundo, como suxeitos definidos polos dispositivos sociais desde os que falamos, nos proxectamos e nos visibilizamos ... Un terceiro aspecto é o dispositivo teatral e, para isto, propoñemos unha ferramenta lúdica formato striptease escénico!

 

Neste traballo coral, o grupo e os seus integrantes enfróntanse á autoxestión das dinámicas, o espazo, o tempo e outras cuestións relativas ao traballo escénico, como as palabras ou as accións. Todas estas decisións operan a través do outro, de maneira que a nosa vontade sempre está vinculada a algo ou a alguén que termina decidindo por nosoutros.

 

ELENCO:

Alba Fernández, Andrea Brown, Bárbara Rivas, Belén Bottarini, Diana Irazabal, Elisabeth Cornez, Fernando Trujillo, José Manuel Taracido, Lorena Martínez, Manuel Porcar, Nayra Darias e Rebeca Izquierdo.

 

Ficha artística e técnica:

Baseado nos textos: El Antiedipo (Deleuze y Guattari), El orden del discurso (Foucault), ¿Que es un dispositivo? (Agamben)!

Vestiario: Ana Montes!

Iluminación: María Otero Arenas e Miguel Ángel Ruz Velasco!

Deseño gráfico: Manuel Porcar!

Colaboracións e agradecementos: Alicia Blas, Ana Contreras, Beatriz León, Chelo García, Eva Lara, Jose Luís Raymond, Paz Rojo, Raúl Marcos e a todos aqueles que asistiron ao proceso e nos axudaron coa súa participación e apoio, e en especial ao Departamento de Gestual.

http://www.youtube.com/watch?v=M3PdAs0oFA4&app=desktop

 

aparato.jpg
 

Julian Peña, RESAD

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira