Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

FUENTEOVEJUNA de Lope de Vega

FUENTEOVEJUNA de Lope de Vega

Dirección: Pedro Casas

COMPAÑÍA JOSÉ ESTRUCH. Madrid


SOBRE O ESPECTÁCULO

Fuenteovejuna foi escrita por Lope de Vega entre os anos 1612 e 1614, baseándose en dous feitos históricos que aparecen na obra e que non foron simultáneos: os abusos do Comendador don Hernán Pérez de Guzmán cara ao pobo de Fuenteovejuna e a Guerra Civil entre Isabel a Católica e Juana a Beltraneja.

Na obra de Lope, a vila vive gobernada polo Comendador Fernán Gómez, que remata sendo asasinado polos lugariños a causa dos seus abusos de poder. Tras este episodio, os cidadáns de Fuenteovejuna deben de asumir responsabilidades ante un poder maior, os Reis Católicos. Para isto, crean un culpable colectivo ao que é imposible castigar: o pobo de Fuenteovejuna.

ELENCO

Ricardo Teba, Egoitz Sánchez, Luis Sorolla, Salvador Bosch, Cristian Vázquez, Iván Serrano, Alejando Mendicuti, María Llinares, Marta Cobos Guillermo Muñoz, Paula Iwasaki, Cristina Bucero, Jesús Gago, Alberte Viveiro, Irene Calabuig

 

 

Autor: Lope de Vega

Compañía: Compañía José Estruch

Dirección: Pedro Casas

 

SOBRE A COMPAÑÍA

A Asociación José Estruch para o fomento do teatro comezou a súa actividade en 1999, e estivo sempre vinculada á execución escénica, froito de talleres de formación de posgraduados, e ao estudo, publicación e montaxe de textos clásicos e contemporáneos. Unha das súas actividades principais foi a creación dunha compañía de teatro clásico español —a Compañía José Estruch— con actores, directores e dramaturgos formados nas distintas escolas superiores de Arte Dramático de España.

 

fuenteovejuna.jpg
 

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira