Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Novas

13 / 02 / 23
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

Programación de Lugo Cultural - Abril 2023
Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal

MARATÓN FOTOGRÁFICO

Exposición da edición de 2022. Ata o 03/03 na Biblioteca Provincial de Lugo


LUBICÁN

15/02
Mundo Prestigio
20:30 h. Auditorio Facultade de Veterinaria.


22/02 Lubicán Intimo
Catuxa Salom 20:30 h. Casa do Saber.


01/03 LUBICÁN INTIMO
ELBA 20:30 h. Casa do Saber.


02/03 XOVES DE MODA  
Xacobe Martínez Antelo Espazo Sonoro de Nevermore. Proceso de Creación. 20:30 h. Casa do Saber.

15/03 LUBICÁN INTIMO
Santi Araújo 20:30 h. Casa do Saber.


30/03
As fillas de Cassandra Xira Acrópole. 21:00 h. Praza de Santa María, en caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria.


26/04
Grande Amore 21:00 h. Praza de Santa María, en caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria.

MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA

NA CALZADA
20/03 e 24/04
20:30 h. Casa do Saber.
Presentación de propostas o 22/02.


NOITE NA DOMUS
09/05 Celso Rodríguez Cao e Germán Díaz. 2 pases: 20:00 e 21:30 h.
Entradas a partir do 02/05 por orde de inscrición en cultura.lugo@usc.gal (correo de confirmación coa entrada).


ENCONTROS DE
LÚA CHEA NA EPS

23/02 “A agricultura ecolóxica en Galicia: Como estamos?” 19:00 h. Cafetería da EPS. Coordina Comisión de normalización lingüística da EPS.
Proximente novas citas.


MICRO ABERTO

27/03 de 20:30 a 22:30 h. Cafetería da Facultade de ADE. Presentación de propostas ata o 15/03.


ENCONTRO DE DANZA UNIVERSITARIA

12 e 13/04
20:30 h. Casa do Saber.


FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

Do 17 ao 23/04 20:30 h.
no Auditorio Gustavo
Freire (agás os días 19 e 20)
17/04 Compañía
de Teatro USC. LUGO. Eréndira é aríndere.
18/04 ás 10:30 h.
Pase para institutos.
18/04 Maricastaña Aula Teatro Ourense.
As cidades agochadas.
19/04 Poesia no acto. Lugar por determinar.
20/04. VAITES VAITES IV Ciclo-Antígona “Negar a terra aos mortos é negar a humanidade”. Casa do Saber.
21/04 Compañía
Teatro El Mayal. León.
22/04 Compañía de Teatro USC. Santiago. Observacións sobre a felicidade (composición e manexo).
Curso Miss Beigge
“Le salon des refuses”.
21, 22 e 23/04 no Pazo de Montenegro. Inscricións a partir do 22/02.

CURSO DE PRIMAVERA

24, 25 e 26/04
“As hortas: cultura, sostibilidade e saúde”
Coordinadoras:
Ana Cabana e Elena Freire.

FINDECURTA

24/02 Clase maxistral Pepe Coira. “Para que serve un guión?” Curso en marzo nos espazos formativos da USC.
20/03 Apertura inscrición FINDECURTA.
01 a 04/04 Obradoiro “Proceso de creación dunha curta” con Andrés Goteira.
28/04 a 02/05
Celebración do FINDECURTA
12/05 Entrega de premios e proxección. 22:30 h. Praza de Santa María, en caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria.


AO PÉ DO CARBALLO!

En abril, maio e setembro.
Máis info proximamente.  

OUTONO 2023

Entre setembro e decembro
volven a Lugo Cultural:
Certame paisaxe sonora
Videocreación
Maratón fotográfico
Sons creativos
Músicas a carón da Mosqueira

Subtitulo: 2023
Informacion: 

Programación para 2023 de Lugo Cultural

Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal

Pdf1: 
Pdf2: 
02 / 05 / 22
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

Programación de Lugo Cultural - Abril 2022
Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal


LUBICÁN

DÍA 2 - LUBICÁN ÍNTIMO
Udra presenta TI+Eu
Casa do Saber ás 21:00 h.


DÍA 4 - OBRADOIRO
“Improvissaçom oral em verso ao jeito tradicional: regueifa” con RABELO
Inscricións:cultura.lugo@usc.es
Casa do Saber ás 20:15 h.


DÍA 5 - XOVES DE MODA
O RABELO
Patio Escola Formación Profesorado- CPI Anexa (Entrada pola Escola de Formación de Profesorado). En caso de choiva Casa do Saber. Ás 21:00 h.


DÍA 11 - LUBICÁN
SILA LUA
Praza de Santa María. En caso de choiva Auditorio Gustavo Freire. Ás 21:00 h.


VII FINDECURTA

DÍA 6 
Proxección das curtas e entrega de premios
Praza de Santa María. En caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria. Ás 22:30 h. 

 

NOITES NA DOMUS

DÍA 18 
Visitas guiadas co arqueólogo Celso Rodríguez e música en directo de Germán Díaz
Domus do Mitreo ás 20:15 h. / 21:30 h.
25 prazas por pase. Mandar correo a cultura.lugo@usc.es, recibirán un creo de confirmación, 1 entrada por correo


MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA

DÍA 8 
CORO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO IACOBUM CELEBRET. Mestres de Capela na Catedral de Santiago de Compostela. Concerto conmemorativo no 200 aniversario da morte de Melchor López Giménez
Círculo das artes ás 20:00 h.


DÍA 20 
Ines Filipe
Casa do Saber ás 20:30 h.


DÍA 23 
Aida Saco
Casa do Saber ás 20:30 h.

Subtitulo: Maio 2022
Informacion: 

Programación de Lubicán, Músicas a Carón e Findecurta en Maio de 2022

Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal

Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 04 / 22
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

Programación de Lugo Cultural - Abril 2022

Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal

LUBICÁN

DÍA 6 
Concerto Berto. Presentación con banda completa
Praza de Santa María (en caso de
choiva Auditorio Gustavo Freire) ás 21:00 h.

DÍA 25
LUBICÁN ÍNTIMO 
Cora Velasco
Facultade de Veterinaria ás 21:00 h.

DÍA 28
XOVES DE MODA 

Los Jorobados del Minho
Facultade de ADE ás 21:30 h.

VII FINDECURTA

DÍAS 22-26 
Inscrición aberta

NOITE NA DOMUS

A 27 
Dobre pase: Germán Díaz e Celso Rodríguez
Domus do Mitreo. 20:15 h. / 21:30 h. Precísase entrada

28 FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

Con coloquios despois
de cada función

DÍA 18 
Ensaio aberto Compañía de Teatro USC-Lugo. Contos para seren contados
Auditorio Gustavo Freire de 17:00 a 18:30 h.
Previa inscrición

DÍA 18 
Lectura dramatizada a cargo do grupo de teatro do IV Ciclo de Lugo Vaites Teatro
Pintando cousas
Casa do Saber. 20:00 h.

DÍA 19 
Teatro El Mayal-ULE. Petricor (Castelán)
Auditorio Gustavo Freire. 20:30 h. 

DÍA 20 
Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña. O parke do crepúskulo
Auditorio Gustavo Freire. 20:30 h.

DÍA 29 
Compañía de Teatro USC-Lugo. Contos para seren contados
Auditorio Gustavo Freire. 20:30 h.

DÍA 30 
Compañía de Teatro USC-Santiago de Compostela. A casa da forza 2, 52-58
Auditorio Gustavo Freire. 20:30 h.

XX ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA

DÍA 21 
Compañía USCompostela + Pandereteiras USC: ESPERTARES
Compañía D-ou-tras do Espazo de danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense: Maloserá
Compañía USC-Lugo: ALUMEA
Vello Cárcere. 21:00 h.

DÍA 22 
Compañía SanTango
Compañía USCompostela + Pandereteiras USC: ESPERTARES
Compañía USC-Lugo ALUMEA
Vello Cárcere. 21:00 h.

Subtitulo: Abril 2022
Informacion: 

Programación de Lubicán, Músicas a Carón, Findecurta, Festival de Teatro Universitario e Encontro Universitario de Danza en Abril de 2022

Inscricións para as actividades que o precisen a través de: cultura.lugo@usc.gal

Pdf1: 
Pdf2: 
07 / 09 / 20
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

BURBULLAS CULTURAIS


20:30 os luns / 21:00 os xoves

Todas as actividades na Casa do Saber agás día 10 e Curso de Primavera

Entrada gratuíta


LUNS 7 / DÚO SCHOLA
Enrique Lapza piano e David Martín Gutiérrez violonchelo

XOVES 10 / TELÉMACO
Presentación en directo do seu novo disco LUME (Vello Cárcere)

LUNS 14 / MARÍA PITA. CONVERSAS CUNHA HEROÍNA
Monólogo cómico para todos os públicos. Cristina Collazo.

XOVES 17 / SOFÍA UNIPERSONAL
Marta Pérez Inversa Teatro.

LUNS 21 / FERRO, FEDERECI
Por Helena Salgueiro.

XOVES 24 / TANTO CONTA, CONTA TANTO
De Carmen Conde.

LUNS 28 / LUIS ALEJANDRO GARCÍA GUITARRA

CURSO DE PRIMAVERA: "A INTERVENCIÓN ROMANA NAS COMUNIDADES INDÍXENAS
Dirixe: Dolores Dopico. Datas: 23 (presencial) e 24 (online). Máis información a partir do día 14 de setembro.

 

*As entradas para as actividades recolleranse o día antes na Oficina de Cultura do Campus de Lugo na Vicerreitoría de Coordinación (Praciña da Universidade ao carón da Domus do Mitreo e a catedral) (salvo o día 7 que será o mesmo día pola mañá) sempre en horario de 10:00 a 13:30. Poderán retirarse dúas por persoa comunicando o número de DNI. O DNI requirirase físicamente o día da actividade para poder acceder á sala. Obrigatorio o uso de máscara.

Subtitulo: Do 7 ao 28 de setembro
Informacion: 

20:30 os luns / 21:00 os xoves

Todas as actividades na Casa do Saber agás día 10 e Curso de Primavera

Entrada gratuíta

Pdf1: 
Pdf2: 
13 / 02 / 20
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

 Os seus obxectivos fundamentais:

1. Fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros nos que a cidade e o campus se interrelacionen.
2. Consolidar os ciclos establecidos, tratando de impulsar artes como o audiovisual, a performance, a través de actividades complementarias a eses ciclos.
3. Buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso . 4.
4. Permitir a investigación e experimentación dentro das artes.
5. Dar impulso a novos talentos galegos

PROGRAMACIÓN

MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA :

Cas súas actividades complentarias Noites na Domus e Na calazada

CASA DO SABER. 20 horas (agás o 11 de maio: Círculo das Artes, ás 20:30)
• 10 febreiro: Cuarteto Óscar Esplá, de Asisa
• 23 marzo: Inés Moreno, clave
• 13 abril: Luis Alejandro García, guitarra
• 11 de maio: Coro Universidade de Santiago de Compostela
• 18 de maio: Trío Schola, clarinete, violonchelo e piano

NOITES NA DOMUS
Visitas guiadas co arqueólogo Celso Rodríguez Cao + música en directo
Dous pases. Entrada gratuíta. Recollida de entradas (2 por persoa) o día anterior ao evento, de 9 a 14 horas na Oficina de Cultura da USC. Capacidade limitada a 22 persoas por pase
13 de marzo e 3 abril: Germán Díaz
15 maio: Solo Voces

NA CALZADA:
17 de febreiro: Aida Saco (piano). Ronseis do tempo
9 de marzo: Hit the Beat “Música entre amigos”
27 de abril : “A historia a través da música” Silvia Ouro (saxo), Marta García (tuba), Alvaro Gay (bateria)
25 maio: Son de Corda. Piano e voces


LUBICÁN :

Coas súas actividades complentarias Xoves de Moda e Lubican Intimo
21:00 HORAS

27 DE FEBREIRO.- WöYZA presentación Tábula Rasa. Círculo das Artes

12 DE MARZO.- MJ Pérez presentación A luz prendida. Círculo das Artes.

23 DE ABRIL.- AGORAPHOBIA presentación Unaligned . Praza de Santa María (en caso de choiva, Círculo das Artes)

28 DE MAIO.- Best Boy Praza de Santa María (en caso de choiva, Facultade de Veterinaria)

LUBICÁN ÍNTIMO
21:00 horas. Casa do Saber

14 de febreiro: Pablo Sanmamed Trío presentación 16/04
6 de marzo: Rafa Fernández “ A cara bonita da pedra”

XOVES DE MODA
21:00 horas

13 de febreiro: Ada ou contar de memoria unha novela de Nabokov María Roja+María Chiginskaya (Casa do Saber)
5 de marzo: “Plástica&Sonora Diálogo entre a música e a creación escénica contemporánea”: Marta Pazos e Hugo Torres (Casa do Saber)
16 de abril: Telémaco, gravación en directo de Lume: Vello Cárcere
7 de maio: "COLAPSO JAM" Lctrct (Dj), Che (síntese modular), M8 (Live cinema analóxico) e Xoán-Xil López (espacialización sonora) Vestíbulo. Auditorio da Facultade de Veterinaria

ENCONTRO DE DANZA :
Director : Juan Carlos Zahera

27 E 28 DE MARZO

Vello Cárcere

FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO
Director da Aula de Teatro da USC: Roberto Salgueiro
Coordinador : Sergio Zearreta
DO 26 ao 31 DE MARZO
20:30
Auditorio Gustavo Freire

MONTAXE DA COMPAÑÍA DE TEATRO USC-LUGO
UBU REI Dirixe : Sergio Zearreta

5 FINDECURTA
Do 24 ao 27 de abril . Proxección e entrega 29 de maio ás 22:30

SONS CREATIVOS
29 ao 31 de maio: 20:00 horas Casa do Saber

CURSO DE PRIMAVERA 
3ª semana de maio

2º CERTAME DE VIDEOCREACIÓN 
Novembro

MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS 
Novembro

 

Subtitulo: 2020
Informacion: 

Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural da cidade é a finalidade principal deste convenio entre USC, Deputación e Concello de Lugo

 

Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 02 / 18
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

O Convenio con 24 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC ofrece:
Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural.

Obxectivos:

1. Fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros nos que a cidade e o campus se interrelacionen.

2. Consolidar os ciclos establecidos, tratando de impulsar artes como o audiovisual, a performance, a través de actividades complementarias a eses ciclos.

3. Buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso (como Entre Lusco e Fusco no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, os concertos a pé de pedra na Praza de Santa María, e outros nos que as accións performáticas e de implicación do viandante teñan máis forza).

4. Permitir a investigación e experimentación dentro das artes.

O ano pasado houbo máis de 5000 espectadores, 10 concertos, 6 visitas guiadas con música en directo, 8 performance, 5 obradoiros, 16 conferencias , 4 encontros con artistas , 15 representacions teatrais, 8 pezas coreografiadas, 2 concursos entre outras actividades. 


-

 

Músicas a carón da Mosqueira: 5 concertos na casa do Saber con 500 espectadores.

 

Noite na Domus: 6 visitas guiadas con música. Aforo limitado que se completou sempre 150.

 

Lubicán: 3 concertos , Casa do Saber, Praza de Santa María e Auditorio Gustavo Freire Círculo das Artes, Praza de Santa María con 510 espectadores.

 

Lubican Íntimo: 2 concertos na Casa do Saber 195 espectadores.

 

Xoves de Moda: 3 encontros na Casa do Saber. 200 espectadores.

Festival Internacional de Teatro: 8 espectáculos, (3 pases de con aforo limitado e escolares), 1 peza microteatro, 1 encontro co actor Ernesto Arias na Casa do Saber, curso de formación con Ernesto Arias e teatro na rúa e en escaparates . Auditorio Gustavo Freire 1196.

 

Curso de Primavera: 7 Charlas, 1 obradoiro e tres performance 250 persoas.

 

Encontro de Danza: 8 pezas coreografiadas. 480 persoas.

 

Montaxes Compañía de Teatro da USC-Lugo- xira (sen contar lugo ): Ca montaxe Paz Perpetua levaron o nome de Lugo Cultural aos Festivais de Coruña, Santiago , Vigo , Ourense e León, recibindo unha mención especial na MITEU Ourensá. Por outra parte a obra O Público viaxou ao Festival Nacional de Teatro Universtario Toledo onde recibiron o premio a millor iluminación Alfredo Sarille e millor dirección Paloma Lugilde: 556 persoas puideron ver as montaxes da Compañía ao longo do ano. Integrantes da Compañía 26 persoas, 6 localizacións aforo limitado.

 

Sons Creativos: 140 espectadores: 3 escoitas acústicas, 4 concertos e 3 talleres.

 

2º Findecurta: 70 persoas participantes, 125 espectadores aforo limitado.

 

Maratón: 30 participantes e visitantes da exposición cerca de 400.

 

Performáticas: 1 Performance no Parque Rosalía 80.


Subtitulo: 2018
Informacion: O Convenio con 24 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC ofrece:
Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural.
Pdf1: 
Pdf2: 
09 / 11 / 17
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte tres anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente nesta cita na que ten cabida a fotografía analóxica e a dixital e na que tamén se deixa vía libre á creatividade dos participantes tanto no tema proposto como na modalidade libre.

Nesta edición, as persoas e as máquinas, a diversidade de relacións, utilidades, necesidades e ata dependencia que as une, constituíron o tema proposto polos organizadores deste 23 Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, un certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan o Concello e a Deputación de Lugo

O foco das cámaras fotográficas das cerca de 40 persoas que formalizaron a súa inscrición nesta cita percorreron o día 26 de setembro do 2017, as rúas, barrios e bisbarras de Lugo, na procura de imaxes, paisaxes e/ou situacións que reflectiran ou simbolizasen a cada vez máis estreita, que non sempre harmónica, relación que une as persoas coas máquinas, tal e como acordaron os membros da organización deste certame aberto a todos os públicos e que xa se ten consolidado como unha homenaxe á fotografía desde Lugo.



EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Na exposición dos traballos presentados a esta XXIII edición do Maratón, figuran tódolos galardoados e unha fotografía por cada autor participante. No acto de inauguración desta, na sala de exposicións do Pavillón central do Centro de Artesanía e Deseño, o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, que da nome a un dos premios, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural, encargáronse de facer pública a decisión do xurado e de entregarlles os premios e diplomas aos participantes.


O CATÁLOGO (Descárgao aquí)

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.


OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

O premio CARLOS VALCÁRCEL á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS foi para Dona Belén Mendaña del Río, pola fotografía “Cando o home gobernaba a máquina”

O premio á mellor fotografía do tema LIBRE para Dona Alba Díaz Fernández, pola fotografía “Mulleres Invisibles "

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder tamén: 

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS a Dona Alba Díaz Fernández pola fotografía “As persoas e as máquinas”

Un 2º accésit á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS a José Marcos López Álvarez pola fotografía “Persoa atrapada en máquina”

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema LIBRE a Breogán Alamancos Millán pola fotografía “Cárcere Abstracta”

Un 2º accésit á mellor fotografía do tema LIBRE a Amalia Gorgoso Pacios pola fotografía que presentou sen título.

Subtitulo: ata o 12 de xaneiro de 2018
Informacion: PAVILLÓN CENTRAL DO CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
Aberta ao público ata o 12 de xaneiro de 2018
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Pdf1: 
Pdf2: 
05 / 06 / 17
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster
Dentro das actividades que este ano planteaba como novidade Lugo Cultural era apoiar a actividade performática na cidade en espazos naturais.

Dentro de esta finalidade Lugo Cultural apoia a organización de Três monos de traer a Lugo a artista de butoh HISAKO HORIKAWA.
 
O día 12 de xuño a artista realizará unha performance no anfiteatro do Parque Rosalia De Castro
SOLO DANCE 

"Poido escoitar que nalgún lugar estás cantando”

Acto performativo de improvisación no espazo con voz e movemento

Vivimos co corpo?
O corpo non é só un.
Hai moitas partes que están vivas e se organizan entre elas.
O corpo pódenos suxerir a onde nos levará.
Aguzamos o oído cara ao interior do corpo, o interior do obxecto,
o interior do aire…
Escoita, sinte e recibe a motivación do corpo e confía.
Antes do movemento está a sensación.
Somos parte da natureza e parte do mundo.
Estamos entre, no medio.
 
A performance terá lugar as 21:00 h.  en caso de choiva trasladaremonos a Capela de Santa Maria 

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
 
Previa a esta performance a través de tres monos celebrarase un obradoiro na universidade e no concello de palas de Rei 

O obradoiro celebrarase na aula de danza e teatro na cidade de Lugo os días 7, 8 e 9 de xuño na aula de teatro sita na Facultade de Veterinaria.
Os días 11 e 12 trasladarémonos a Palas de Rei, para facer os dous días intensivos de práctica na natureza.
A taxa inclúe as comidas e aloxamento en tendas durante a fin de semana.

7-12 de xuño
Taxa xeral: 275 € 
Taxa alumnos da USC: 250 € 

+info e inscricións: info3monos@gmail.com

-
Biografia da artista: 
Hisako Horikawa (Niigata, Xapón) estudou improvisación musical e traballou como performer antes de bailar. Dende 1978 estivo  investigando co corpo e a danza xunto con Min Tanaka. É cofundadora de Body Weather Laboratory e ata 1998 traballou coa compañía de danza Maijuku dirixida por Min Tanaka. En 1998 comezou a traballar en solitario e volveu a Niigata. Actualmente, dedícase principalmente a facer solos e improvisacións con artistas e músicos de diferentes países. Soe actuar en espazos non teatrais como edificios vellos, fábricas abandonadas, a rúa ou a natureza, e tamén  colabora con artistas locais, músicos tradicionais e salas de teatro non profesionais na súa cidade. Dende 2005 promociona os festivais de danza tradicionais de zonas pequenas Bon Odori. Foi codirectora artística do festival de arte The Water and Land – Niigata Art Festival 2012.
As súas dúas últimas actuacións son The Bear and Wind and Yesterday (2016) e Day and Day (2017).
A súa primeira actuación en España foi un dúo con Min Tanaka no Teatre Lliure no Festival Olímpic de les Arts. Xa en solitario comezou a traballar con Andrés Corchero e L’animal a l’esquena no festival Dies de Dansa de Barcelona en 2001. Participou no festival de danza En Pé de Pedra de Santiago e en La Noche en Blanco en Madrid. Dende 2005 impartiu obradoiros en Estudio3 en Madrid e actuou no Teatro Pradillo e en La Tabacalera de Lavapiés, en 2011 e en 2016 con David Zambrano.
Subtitulo: 12 de xuño
Informacion: 

O obradoiro celebrarase na aula de danza e teatro na cidade de Lugo os días 7, 8 e 9 de xuño na aula de teatro sita na Facultade de Veterinaria.

Os días 11 e 12 trasladarémonos a Palas de Rei, para facer os dous días intensivos de práctica na natureza.

A taxa inclúe as comidas e aloxamento en tendas durante a fin de semana.

7-12 de xuño
Taxa xeral: 275 € 
Taxa alumnos da USC: 250 € 

+info e inscricións: 

info3monos@gmail.com

Pdf1: 
Pdf2: 
19 / 04 / 17
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster
- Informamos da anulación do concerto enmarcado no ciclo de Lubicán Íntimo do vernes 21 de abril ás 21:00 h.  de Mónica Nut e Luís Martíns por causas persoais do grupo que lle impiden realizar o mesmo. -
Subtitulo: Aviso!
Informacion: Informamos da anulación do concerto enmarcado no ciclo de Lubicán Íntimo do vernes 21 de abril ás 21:00 h.  de Mónica Nut e Luís Martíns por causas persoais do grupo que lle impiden realizar o mesmo
Pdf1: 
Pdf2: 
16 / 01 / 17
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

O Convenio con 23 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC ofrece:

Fomentar a formación, creación, experimentación, investigación, produción, distribución e intercambio de experiencias no eido das artes, con especial atención á comunidade universitaria e a súa relación coa cidade, complementando a oferta cultural.

 

Obxectivos:

1. Fomentar a participación da comunidade universitaria na vida cultural da cidade, creando foros nos que a cidade e o campus se interrelacionen.

2. Consolidar os ciclos establecidos, tratando de impulsar artes como o audiovisual, a performance, a través deactividades complementarias a eses ciclos.

3. Buscar espazos alternativos para potenciar o seu uso (como Entre Lusco e Fusco no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, os concertos a pé de pedra na Praza de Santa María, e outros nos que as accións performáticas e de implicación do viandante teñan máis forza).Como novidade este ano Noite na Domus

4. Permitir a investigación e experimentación dentro das artes.

 

O ano pasado houbo un total de: 5144 espectadores frente a 2500 no 2015.

MOITAS GRAZAS!

Subtitulo: 
Informacion: 23 anos de historia entre o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a USC
Pdf1: 
Pdf2: 
03 / 11 / 16
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 

XXII maratón fotográfico do campus (Lugo Cultural)
Sala de Exposicións Capela de Santa María
Ronda da Muralla
Horario: luns a venres 10.30 - 14.00 e 17.00 - 20.00 h. Sábados 17.00 - 20.00 h. Domingos e festivos 11.00 - 14.00 h.
Ata o 20 de novembro de 2016


O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vintedous anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

Nesta edición que sempre se desenvolveu durante a xornada do día 20 de setembro, AS ÁRBORES, na súa acepción máis ampla e como elemento transversal que conecta espazos urbanos e naturais, constituíron o tema, proposto polos organizadores, dun certame aberto a todos os públicos e que xa se ten consolidado como unha homenaxe á fotografía desde Lugo. 

O foco das cámaras fotográficas das persoas que formalizaron a súa inscrición nesta cita percorren rúas, barrios e bisbarras luguesas na procura de imaxes, paisaxes naturais ou simbólicas de árbores, ademais das de temática libre tal e como se contempla nas bases.


EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Na exposición dos traballos presentados a esta vixésima primeira edición do Maratón, figuran todos os galardoados e unha fotografía por cada autor participante No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 26 de decembro de 2015 na sala de exposicións da Capela de Santa María, o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, que da nome a un dos premios, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural: Carmen Basadre Vázquez, Concelleira Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Andrés Barreiro Lois, Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo e Pilar García Porto, Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os diplomas e o catálogo aos participantes.


O CATÁLOGO

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.


OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema ÁRBORES”

A María Jesús Varela Pulpeiro pola fotografía Árbore

Premio á mellor fotografía do tema LIBRE:
A José Marcos López Álvarez pola fotografía Familia terrícola morta por mor do lixo espacial

1º Accésit á mellor fotografía do tema ÁRBORES:
A Patricia Fernández Pereira pola fotografía O pasar do tempo non é só un reloxo

2º Accésit á mellor fotografía do tema ÁRBORES:
A José Marcos López Álvarez pola fotografía Árbore e a sombra dunha casa.

Accésit á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Breogán Alamancos Millán pola fotografía Mans

 

Subtitulo: Ata o 20 de novembro de 2016
Informacion: 
Pdf2: 
17 / 12 / 15
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 

XXI maratón fotográfico do campus (Lugo Cultural)
Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo
Pavillón central da Facultade de Veterinaria
Horario: días laborables de 9.00 a 21.00 horas
Ata o 30 de xaneiro de 2016


O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.
A vixésima edición do Maratón desenvolveuse durante a xornada do día 30 de setembro sendo o tema proposto ASIMETRIAS EN LUGO . Baixo esta epígrafe e buscando fomentar a creatividade sen fixar ningún tipo de fronteiras, convidouse ás máis de 50 persoas inscritas neste certame artístico, a tomar olladas ‘diversas’ da capital luguesa, ademais das de temática LIBRE, tal e como se recolle nas bases. Deste xeito, a barreira temporal, establecida en pouco máis de 24 horas, que son as que transcorren desde a entrega de material aos participantes ata o prazo máximo de recepción dos traballos, foi case que o único obstáculo ou norma de obrigado cumprimento.


EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Na exposición dos traballos presentados a esta vixésima primeira edición do Maratón, figuran todos os galardoados e unha fotografía por cada autor participante No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 15 de decembro de 2015 na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina e Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural:Encarna Lago , xerente da Rede Museistica da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os diplomas e o catálogo aos participantes.


O CATÁLOGO

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.


OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

1. Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema “Asimetrías en Lugo”

A D. Alejandro Real Novo pola fotografía Do seminario ao ceo

2. Premio á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Dna. Begoña Pérez López pola fotografía Vai de Rúa

3. 1º Accésit á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Dna. Olaya Mourenza Flórez pola fotografía Composición Libre 1

4. 1º Accésit á mellor fotografía do tema Asimetrías en Lugo:
A Dna.Patricia Fernández Pereira pola fotografía Os Tetris da Vida.

5. 2º Accésit á mellor fotografía do tema Asimetrías en Lugo:
A Dna.Alba Regueiro Rubio pola fotografía Dandelion

Subtitulo: Ata o 30 de xaneiro de 2016
Informacion: 
Pdf2: 
27 / 11 / 14
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

O certame

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

A vixésima edición do Maratón desenvolveuse durante a xornada do día 30 de setembro sendo o tema proposto LUGO DIVERSO. Baixo esta epígrafe e buscando fomentar a creatividade sen fixar ningún tipo de fronteiras, convidouse ás máis de 60 persoas inscritas neste certame artístico, a tomar olladas ‘diversas’ da capital luguesa, ademais das de temática LIBRE, tal e como se recolle nas bases. Deste xeito, a barreira temporal, establecida en pouco máis de 24 horas, que son as que transcorren desde a entrega de material aos participantes ata o prazo máximo de recepción dos traballos, foi case que o único obstáculo ou norma de obrigado cumprimento.

 

Exposición dos traballos

Na exposición dos traballos presentados a esta vixésima edición do Maratón, figuran todos os galardoados e unha fotografía por cada autor participante No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 26 de novembro de 2014 na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, a Vicedecana da Facultade de Veterinaria, Patricia Fernández Trocóniz e Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural: Mario Outeiro, Responsable da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os diplomas e o catálogo aos participantes.

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.

 

Os premiados nesta edición

PREMIO CARLOS VALCÁRCEL á mellor fotografía do tema LUGO DIVERSO

YANA NAGAYTSEVA

por O antigo e o novo

PREMIO á mellor fotografía do tema  LIBRE

JOSÉ MARCELINO SAAVEDRA MARTÍNEZ

por Ascensión

 

ACCÉSIT outorgado polo XURADO correspondente ao tema LIBRE

RAFAEL CORRAL BELLAS

por Apertas infernais

 

Exposición 20 Maratón Fotográfico do campus
Exposición 20 Maratón Fotográfico do campus
 

Subtitulo: 
Informacion: 

Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo

Pavillón central da Facultade de Veterinaria

Horario: días laborables de 9.00 a 21.00 horas

Pdf2: 
12 / 12 / 13
Categoría: Novas
Enviado por: webmaster

Martes, 3 de decembro, ás 12:00 h na SALA ISAAC DÍAZ PARDO (FACULTADE DE VETERINARIA)

Acto no que se fará público o fallo do xurado, a entrega de premios e diplomas, a presentación do catálogo e a inauguración da exposición dunha escolma dos traballos presentados ao certame.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 31 de xaneiro de 2014, tódolos días laborables de luns a venres, en horario de 09:00 a 21:00 h.

 

O certame

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai dezanove anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

A convocatoria nesta edición foi un éxito de participación, contando cunha inscrición inicial de 78 persoas das que finalmente participaron 73 que presentaron a concurso un total de 189 fotografías, 6 na modalidade analóxica e 183 na dixital, o que supuxo un incremento importante respecto ao número de participantes da pasada edición.

O Maratón desenvolveuse durante a xornada do día 9 de outubro, sendo os temas propostos A UNIVERSIDADE EN LUGO e O SAN FROILÁN, ademais do tema LIBRE tal e como se contempla nas bases.

 

O catálogo

O catálogo, que dende a pasada edición se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.

 

Exposición dos traballos e entrega de premios

Na exposición dos traballos presentados a esta 19 edición do Maratón, figuran tódolos galardoados e unha fotografía por cada autor participante. No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 3 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria. Os representantes de Lugo Cultural: Antonio Veiga Outeiro,  Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, ademais do Decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Pernas, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e  o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, cuxo nome leva o premio á mellor colección, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os  diplomas e o catálogo aos participantes.

 

Os premiados nesta edición

PREMIO CARLOS VALCÁRCEL á mellor colección
ROBERTO MOURIZ LAMAS,
polo conxunto de fotografías
Construíndo futuro, Tempo de lecer e Splash!!

PREMIO á mellor fotografía do tema LIBRE
VÍCTOR CABALLERO MOJA,
por A vida pasa

PREMIO á mellor fotografía do tema A UNIVERSIDADE EN LUGO
IVO MANUEL TEIXEIRA ALVES,
por  A clave

PREMIO á mellor fotografía do tema O SAN FROILÁN
ÓSCAR ABELLEIRA FERREIRÓS, por Movemento

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder 2 accésits a maiores dos premios previstos na convocatoria:

ACCÉSIT outorgado polo XURADO correspondente ao tema A UNIVERSIDADE EN LUGO
Roberto Mouriz Lamas,
por Construíndo futuro

ACCÉSIT outorgado polo XURADO correspondente ao tema LIBRE
Iago Anello Fórneas

por O vixía

premio-carlos-valcarcel.jpg
 


Subtitulo: 
Informacion: 

Sala Isaac Díaz Pardo (Facultade de veterinaria)

Pdf2: 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira