Pioneira na danza na nosa cidade o Espazo do Campus celebra o seu Encontro con outras universidades no marco do Vello Cárcere, no que nos achegamos a traballos de experimentación e creación.
23 e 24 de marzo ás 20.30h no Vello Cárcere
Venres 23 : Compañía USC Independente “Les Braves” Compañía “Sen Vergoña” IV Ciclo-USC Compañía da USC-Lugo
Sábado 24 : Compañía da USCompostela Compañía da UDC-Ferrol Compañía da USC-Lugo
USC
Compañía de Danza
“Sen vergoña” IV Ciclo da USC Dirección artística: Juan Carlos Zahera
METAMORFOSES
Na danza uns finísimos fíos de luz cósmica, desde as fonduras abisais até o infindo celeste, envólvennos e condúcennos inevitablemente, á metamorfose Amar... até a metamorfose!
META, AMOR, FOSE... Ai, Amor! Se o AMOR FOSE A META!
(Sabela R. Campo)
Duración: 15 minutos
Coreografía: Rosa Acuña
Bailaríns: Isabel Aguilar,
Dolores Besteiro, Adela Ferrándiz, Isabel Iglesias, Ma José Meilán, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Concepción Núñez, Sabela Rodríguez, Pilar Saavedra, Luz Santoalla, Carmen Souto, Herminia Suárez, Maria V. Real, María Vázquez, Elisa Vázquez e Xosé Valcárcel
Música: Collaxe musical.
Vestiario: Colectivo EDU
Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
Compañía Independente USC - Les Braves
VOLUTAS
Volutas dálle nome ás formas circulares que coroan a columna xónica emulando os cabelos da muller, así como tamén define a volatilidade do fume e as espirais que forma. Les Braves xoga con esta dualidade mostrando unha historia coa que todas e todos se poden identificar. É unha homenaxe ás nais e aos pais, piares da familia, pero sobre todo ás nais; Volutas é unha crítica á educación hetero-patriarcal da sociedade actual. Preséntase a imaxe do individuo en busca dunha identidade que non sexa nin masculina nin feminina; a través da danza
o individuo antepón o movemento como unha declaración de liberdade, onde o xénero se disipa.
Dedicado aos meus pais, e ás nais.
Tempo: 20 minutos
Coreografía: Daniel Lezso
Bailarín: Daniel Lezso
Música: David Cordero (El Rumor del Oleaje); Jessye Norman (Purcell); Dead Can Dance (Song of the Stars); Silvia P. Cruz (Meu Meniño)
Vestiario: Carmen Lamoso
Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
Compañía de danza - USCompostela
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A aritmética do striptease
Comezamos esta peza a partir do título “Tres tristes stripteases” (La Intrusa Danza). Con este pretexto facemos unha visita inesperada ao mundo da sedución, da danza, e da intimidade. Imos espeluxarnos e amosar a nosa relación íntima coa danza. O que ela significa, como nos significa e constrúe. Levamos a danza ao pensamento e á emoción.
Tempo: 20minutos
Coreografía: Xiana Vilas Bailaríns: Lupe Carballo, Ipek Guler, Sina Menrad e José Vera
Música: Grease BSO, Bonobo, Goodspeed you! Black Emperor, Vivaldi e Jose González
Vestiario: Colectivo EDU
Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
Compañía de Danza da USC-Lugo
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
SILENCIO
O poder da quietude nun mundo ruidoso.
Falo, como, móvome...silencio...respiro...continúo. Tempo: 20 minutos
Coreografía: Rosa Acuña
Asistente coreográfico: Giovanni Peixoto
Bailaríns: Sonia L. Pumarega, Beatriz Moraes, Andrea Naveira e Álvaro Rodríguez
Música: Collaxe musical
Vestiario: Espazo de Danza Universitário
Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
UDC
Aula de danza UDC - Ferrol
Dirección artística: Cristina Montero
Substancia composta
Substancia composta é aquela cuxa estrutura contén fragmentos de distintos tipos, é dicir, que contén distintos elementos. Os seus compoñentes manteñen as súas propiedades, pero a forma de combinalos é o que fai diferente a mestura.
Tempo: 20minutos
Bailaríns: Iria Mera, Enar Rodríguez e Carmen Sas