Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Músicas a carón da Mosqueira 2017

xaneiro - maio

CASA DO SABER -20.00 horas
Entrada gratuíta ata completar aforo.

Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica. Realizarese os terceiros luns de mes de xaneiro a maio na Casa do Saber ás 20:00 h. Ciclo en colaboración co AIE:

16 xaneiro (luns)
Concerto de violín e piano Luís M.ª Suáres e Ricardo Alí
Obras de Brahms, Tchaikovsky, García Abril, Schubert, Sarasate e Falla
 
20 febreiro (luns)
Concerto de piano Martín García
Obras de Beethoven, Chopin, Granados e Liszt

20 marzo (luns)
Concerto de frauta e piano Femenía Martínez
Obras de Peris, Femenía, Debussy, Dutilleux e Poulenc
 
17 abril (luns)
Concerto de piano a catro mans George Sand Piano Dúo
Obras de Manrique, Rachmaninov, Manuel Falla, Saint-Saëns e Brahms
 
22 maio (luns)
Concerto de percusión  Noé Rodrigo Gisbert
Obras de Volans, Asanga, Marinissen, Denissow, Mantovani, Hamilton, Globokar, Vallejo, Schwantner e Javier Álvarez

NOITE NA DOMUS: Actividade complementaria de Músicas a carón da Mosqueira. Realizarase os primeiros xoves de mes:

02 marzo (xoves)
Solo Voces
 
06 abril (xoves)
Germán Díaz
 
04 maio (xoves)
Lucus Esemble

Trátase dunha visita moi especial. Celso Rodríguez Cao, arqueólogo director da excavación da Domus,  convidanos a coñecer máis a fondo a historia do soar a través das diferentes épocas do mesmo e a súa evolución. Acompañado de diferentes músicos que nos farán sentir  a música que escoitaban os nos antepasados: Sólo Voces, Germán Díaz e Lucus Esemble.

Descubriremos a familia do Centurión que habitou esta casa, o porqué do seu traslado, o cargo que ocupou,  xa que era máis cun centurión, era o encargado da recaudación tributaria no Norte. Como curiosidade, no  propio altar podémonos fixar que pon máis acento na oficina de recaudación tributaria que na devoción a Mitra.

Non coñecemos a música que se tocaba no tempo romano polo que os nosos acompañantes comezarán a súa intervención con cántigas medievais para chegar ás composicións do SXV. A entrada na Idade Media fará fincapé na construción da catedral, a súa necrópolis . A catedral non ocupa un lugar central dentro do burgo, precisamente a súa situación excéntrica foi motivada pola ubicación do templo mitraico.

Xa no SXVIII  aproximarémosnos ao Pazo de Montenegro , na súa fachada podemos atoparnos elementos decorativos da catedral; as composicións que xurdiron nela, neste século, serán as que poderemos escoitar e que nos levarán directamente ó S XIX. 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira