Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Danza

23 / 04 / 24
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

XXII Encontro de Danza da USC

MIHL - Caixa Negra 

25 e 26 de abril, ás 20.30 h.

 

Días 25 e 26

Compañía de Danza da USC / Dirección artística: Juan Carlos Zahera 

MIGRACIóNS (Duración 45 minutos)

A vida como unha viaxe e movemento. Dende as células do organismo, os animais ata o ser humano migramos por moitas causas... supervivencia, cambio, adaptación, aprendizaxe e necesidade. Sen migración non existiría a vida e todos formamos parte de esa migración constante.

Coreografía Rosa Acuña  /  Bailaríns Manuela Cividanes, Alexandra Clista, Uxía Felpeto, Ziggi Iglesias, Xonxa López, Arrate Núñez, Sara Sanz, Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega, Loli Besteiro, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Sabela R. Campo e Bea Ovalle / Arranxos musicais Iria Estevez e Gonzo Piña / Voz Iria Estevez / Poesía Sabela R. Campo / Vestiario Colectivo do Espazo Danza USC / Produción Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, Compañías Convidadas


Dia 25 

Aula de Danza A Normal. Universidade da Coruña / Dirección artística: Alba F. Cotelo

...E TODO O DEMAIS NON IMPORTA (Duración 20 minutos)    

Cando es unha persoa pequena déixaste influenciar por todo o que está ao teu arredor. Agora dende o baleiro, estou á procura de min mesma, para atoparme de verdade. Non querer o convencional. Loitar polo que penso. A base sempre foi ser unha persoa feliz e libre. Quixera aferrarme a ese sentimento e vivir permanentemente nesa canción. Forever trusting who we are... No, nothing else matters.

Coreografía Colectiva / Bailaríns Ana Blanco, Aida González, Alfonso Louro, Alejandro Varela, Estefanía Calo, Remedios Cuba, Marta Leira, Sandra Martínez, Sonia Franco, Daniela Castellanos, Fabiola Fraga e Paula Silvarrey


Dia 26 

Aula de danza. Universidade de Vigo, Campus de Ourense / Dirección artística: Nuria Sotelo

BOLERO (Duración 15 minutos)

Tomando de referencia o estudo do Bolero de Ravel de Maurice Béjart, e apropiándonos de certos movementos da súa coreografía, facemos unha coreografía conxunta baixo as reglas dun xogo que permite ás intérpretes compoñer un espazo común.

Coreografía Colectiva / Bailaríns Guiliana Amarilla, Ainhoa Linaza, Ainhoa Viñuela, Ánxela Arcas, Belén Ferro, Laura Mojica, Mercedes Ferro, Noelia Estévez, Juan G. Mauriño, Yolanda Pérez e Sira González


 
Subtitulo: Abril 2024
Informacion: 

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC, acollerá os días 25 e 26 de abril na Caixa Negra do MIHL de Lugo, ás 20.30 horas, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. Á Compañía de Danza da USC, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera e nacida ao abeiro do Espazo de Danza da USC, únense a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade da Coruña. A entrada é aberta e de balde. 

Consulta aquí o programa completo

Pdf1: 
Pdf2: 
01 / 04 / 23
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

XXI ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA DA USC


12 e 13 de ABRIL 2023

20:30 h.

Salón de actos da Casa do Saber

 

Entrada libre

Subtitulo: Abril 2023
Informacion: 

XXI ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA DA USC


12 e 13 de ABRIL 2023

20:30 h.

Salón de actos da Casa do Saber

 

Entrada libre

Pdf1: 
Pdf2: 
08 / 04 / 22
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

XX ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA DA USC

21/22 ABRIL 2022
21:00 h.
VELLO CÁRCERE

Entrada de balde ata completar capacidade
Calquera modificación polas medidas COVID comunicaráse a través da páxina www.lugocultural.gal

Subtitulo: Abril 2022
Informacion: 

XX ENCONTRO UNIVERSITARIO DE DANZA DA USC

21/22 ABRIL 2022
21:00 h.
VELLO CÁRCERE

Entrada de balde ata completar capacidade
Calquera modificación polas medidas COVID comunicaráse a través da páxina www.lugocultural.gal

Pdf1: 
Pdf2: 
11 / 03 / 19
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

Descarga aquí o programa de man

Mostra Fotográfica 20 anos non son nada

Ver cartel

Con fotografías de  Chus Varela

Este proxecto nace no ano 2016 cando coñecín ao director do Espazo de Danza Juan Carlos Zahera, este viu o meu traballo de fotografía de danza e díxome: “Ti non fas isto para pasar o tempo, ti tes que sacalo de dentro”. E atinou, para min a fotografía é unha necesidade, non é unha opción.

Foi así como me vin inmersa nunha viaxe que, ao longo destes tres anos, me levou a saír da miña zona de confort, a pensar ao grande, a deixarme levar pola creatividade de Juan Carlos e, baixo a súa dirección artística, plasmar as súas ideas nunha foto, aínda que ás veces me parecesen irrealizables ou mesmo una tolemia.  

A idea do proxecto era que non se tratase de fotografías meramente testemuñais, senón que ademais de visualizar o traballo do Espazo de Danza, as fotos tivesen un valor artístico en si mesmas.

 Neste tempo traballamos con materiais tan dispares como terra, auga, plástico, fariña e lume, cambiamos o estudio por escenarios naturais coma As Médulas ou exteriores, corredores e edificios da USC coma a Igrexa ou distintas facultades. Coñecín a coreógrafos, mestras e bailaríns cun incrible talento e paixón e crecín como fotógrafa e como persoa. 

Espero que esta exposición, homenaxe a estes 20 anos de andanza do Espazo de Danza faga xustiza a tanto esforzo e traballo de todos os seus membros. Non están todos os que son, pero son todos os que están.

Chus Varela

 

Bailaríns e coreógrafos:Rosa Acuña, Vicente Ávila, Alba Barral, Sara Domingo, Daniel Lezso, Beatriz Moraes, Juan Moredo, Amparo Novas, Giovanni Peixoto, María J. Pérez, Xiana Vilas e Juan Carlos Zahera

 

Impresión e montaxe: Gráficas Bao

 

 Produción:Vicerreitoría de Comunicación , Cultura e Servizos


Subtitulo: 21 e 22 de marzo
Informacion: 

Pioneira na danza na nosa cidade o Espazo do Campus celebra o seu Encontro con outras universidades no marco do Vello Cárcere, no que nos achegamos a traballos de experimentación e creación.

21 e 22 de marzo ás 20.30h no Vello Cárcere

*Entrada gratuíta

Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 02 / 18
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

Venres 23 : Compañía USC Independente “Les Braves” Compañía “Sen Vergoña” IV Ciclo-USC Compañía da USC-Lugo
Sábado 24 : Compañía da USCompostela Compañía da UDC-Ferrol Compañía da USC-Lugo


USC
Compañía de Danza
“Sen vergoña IV Ciclo da USC Dirección artística: Juan Carlos Zahera
METAMORFOSES
Na danza uns finísimos fíos de luz cósmica, desde as fonduras abisais até o infindo celeste, envólvennos e condúcennos inevitablemente, á metamorfose Amar... até a metamorfose!
META, AMOR, FOSE... Ai, Amor! Se o AMOR FOSE A META!
(Sabela R. Campo)
Duración: 15 minutos

Coreografía: Rosa Acuña

Bailaríns: Isabel Aguilar,
Dolores Besteiro, Adela Ferrándiz, Isabel Iglesias, Ma José Meilán, Minda Méndez, Rosa Menéndez, Concepción Núñez, Sabela Rodríguez, Pilar Saavedra, Luz Santoalla, Carmen Souto, Herminia Suárez, Maria V. Real, María Vázquez, Elisa Vázquez e Xosé Valcárcel

Música: Collaxe musical. 

Vestiario: Colectivo EDU 

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social 


Compañía Independente USC - Les Braves
VOLUTAS
Volutas dálle nome ás formas circulares que coroan a columna xónica emulando os cabelos da muller, así como tamén define a volatilidade do fume e as espirais que forma. Les Braves xoga con esta dualidade mostrando unha historia coa que todas e todos se poden identificar. É unha homenaxe ás nais e aos pais, piares da familia, pero sobre todo ás nais; Volutas é unha crítica á educación hetero-patriarcal da sociedade actual. Preséntase a imaxe do individuo en busca dunha identidade que non sexa nin masculina nin feminina; a través da danza
o individuo antepón o movemento como unha declaración de liberdade, onde o xénero se disipa.
Dedicado aos meus pais, e ás nais.
Tempo: 20 minutos


Coreografía: Daniel Lezso

Bailarín: Daniel Lezso

Música: David Cordero (El Rumor del Oleaje); Jessye Norman (Purcell); Dead Can Dance (Song of the Stars); Silvia P. Cruz (Meu Meniño)

Vestiario: Carmen Lamoso

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social


Compañía de danza - USCompostela
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A aritmética do striptease
Comezamos esta peza a partir do título “Tres tristes stripteases” (La Intrusa Danza). Con este pretexto facemos unha visita inesperada ao mundo da sedución, da danza, e da intimidade. Imos espeluxarnos e amosar a nosa relación íntima coa danza. O que ela significa, como nos significa e constrúe. Levamos a danza ao pensamento e á emoción.
Tempo: 20minutos

Coreografía: Xiana Vilas Bailaríns: Lupe Carballo, Ipek Guler, Sina Menrad e José Vera

Música: Grease BSO, Bonobo, Goodspeed you! Black Emperor, Vivaldi e Jose González

Vestiario: Colectivo EDU

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social


Compañía de Danza da USC-Lugo
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
SILENCIO
O poder da quietude nun mundo ruidoso.
Falo, como, móvome...silencio...respiro...continúo. Tempo: 20 minutos


Coreografía: Rosa Acuña

Asistente coreográfico: Giovanni Peixoto


Bailaríns: Sonia L. Pumarega, Beatriz Moraes, Andrea Naveira e Álvaro Rodríguez

Música: Collaxe musical

Vestiario: Espazo de Danza Universitário


Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social


UDC
Aula de danza UDC - Ferrol
Dirección artística: Cristina Montero
Substancia composta
Substancia composta é aquela cuxa estrutura contén fragmentos de distintos tipos, é dicir, que contén distintos elementos. Os seus compoñentes manteñen as súas propiedades, pero a forma de combinalos é o que fai diferente a mestura.
Tempo: 20minutos

Bailaríns: Iria Mera, Enar Rodríguez e Carmen Sas

 

 

Subtitulo: 23 e 24 de marzo
Informacion: 

Pioneira na danza na nosa cidade o Espazo do Campus celebra o seu Encontro con outras universidades no marco do Vello Cárcere, no que nos achegamos a traballos de experimentación e creación.

23 e 24 de marzo ás 20.30h no Vello Cárcere

Pdf1: 
Pdf2: 
04 / 04 / 17
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

(19 de abril 2017)

Compañía de Danza IV Ciclo  Sen vergoña  da USC-Lugo

Comeza por UN 1,2,3......

Dirección Artística: Juan Carlos Zahera

Coreografía:  Rosa Acuña

Intérpretes:  Dolores Besteiro,  Maruxa Felpeto,  Dolores L. Choren,  Minda Méndez,  Rosa Menéndez,  Sabela Rodríguez,  Pilar Saavedra,  Carlota Sánchez,  Luz Santoalla, Herminia  Suárez  e  Xosé Valcarcel 

Música:  Collage musical.

 Vestiario:  Espazo de Danza da USC

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

 

Compañía de danza USCompostela

ENVÉS

Dirección Artística: Juan Carlos Zahera

Coreografía:  Xiana Vilas

Intérpretes:  Lucía González, Sina  Menrad,  Loaira S. Lázare e  Mikaela Viqueira                      

Música: Collage musical

Vestiario:  Espazo de Danza da USC

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social


Compañía de Danza da USC-Lugo

PULSOS

Dirección Artística: Juan Carlos Zahera

Coreografía:  Rosa Acuña

Intérpretes:  Vicente Ávila, Sara Domingo, Sonia L. Pumarega e Alvaro Rodriguez                 

Música:  Collage musical

Vestiario: Espazo de Danza da USC

Produción:  Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

 

(20 de abril 2017)

SON´S - Compañía Independente de Danza da USC 

PUZZLE

Coreografía:  Colectivo

Intérpretes:  Sara Domingo e Vicente Ávila

Composición e interpretación músical:  Xavier Louriña 

Vestiario: Colectivo 

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

 

Compañía de Danza IV Ciclo  Sen vergoña  da USC-Lugo

Comeza por UN 1,2,3......

Dirección Artística: Juan Carlos Zahera

Coreografía:  Rosa Acuña

Intérpretes:  Dolores Besteiro,  Maruxa Felpeto,  Dolores L. Choren,  Minda Méndez,  Rosa Menéndez,  Sabela Rodríguez,  Pilar Saavedra,  Carlota Sánchez,  Luz Santoalla, Herminia  Suárez  e  Xosé Valcarcel 

Música:  Collage musical.

Vestiario:  Espazo de Danza da USC

Produción: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

 

Compañía de Danza da USC-Lugo

PULSOS

Dirección Artística: Juan Carlos Zahera

Coreografía:  Rosa Acuña

Intérpretes:  Vicente Ávila, Sara Domingo, Sonia L. Pumarega e Alvaro Rodriguez                      

Música:  Collage musical

Vestiario: Espazo de Danza da USC

Produción:  Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social

 

 

Subtitulo: 19 e 20 de abril
Informacion: 

O Encontro de Danza  concívese como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes. 

Un dos obxetivos importantes nestas xornadas de danza é o de achegar a danza universitaria á nosa cidade saindo ao encontro do espectador e favorecendo actividades comunes a este colectivo artístico.

As actuacións correrán a cargo de Compañías galegas, coa especial participación de compañías integradas por coreógrafas e coreógrafos e  bailarinas e bailaríns da USC.

19 e 20 de abril de 2017 

MIHL. Caixa Negra.  20:30 h

Entrada Gratuíta ata completar aforo

Pdf1: 
Pdf2: 
11 / 04 / 16
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

PROGRAMA:

22 e 23 de abril ás 20.30 horas

MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). Caixa Negra

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

Día 22

Compañía Independente de danza da USC- Camiños

Compañía Independente de danza da USC- Efímero Divadlo

Compañía de danza USC-Lugo

 

Día 23

Compañía de danza USCompostela + Orquestra da USC

Compañía  de danza IV Ciclo  Sen Vergoña da USC

Compañía de danza USC-Lugo

Subtitulo: 22 e 23 de abril
Informacion: 

MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO - MIHL

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

[Encontro de Danza Universitaria 2017]

(19 e 20 de abril). Pioneira na danza na nosa cidade o Espazo do Campus celebra o seu Encontro con outras universidades no marco do MIHL, no que nos achegamos a traballos de experimentación e creación.

Pdf1: 
Pdf2: 
16 / 04 / 15
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

PROGRAMA:

22 de abril ás 20.30 horas

MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). Caixa Negra

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

Sen vergoña

Danza IV Ciclo “O 3º sorrisoda USC (+info)

 

Mentres tanto, un segundo.

Compañía de danza USCompostela (+info)

 

Clic

Compañía de danza USC-Lugo (+info)

 

23 de abril ás 20.30 horas

 

Cruce de camiños

Compañía Independente da USC- LEMBRANZAS (+info)

 

Mentres tanto, un segundo.

Compañía de danza USCompostela (+info)

 

Clic

Compañía de danza USC-Lugo (+info)

Subtitulo: do 22 ao 23 de abril
Informacion: 

MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO - MIHL

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

Pdf1: 
Pdf2: 
28 / 04 / 14
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

11 e 12 de abril

20:30 h entrada libre ata completar aforo

 

11 de abril


ONDE SE FUGAN AS VALENTES

Universidade de Santiago de Compostela (+info)

Compañía danzaUSCompostela

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

 

ANIMAIS DE HÁBITOS NOCTURNOS

Universidade da Coruña (+info)

Aula de Danza NORMAL UDC

Dirección artística: Rut Balbís

 

DIAGNÓSTICO: DESGOSTO PATOLÓXICO

Universidade da Beira Interior (Portugal) (+info)

Compañía TeatrUBI

Dirección artística: Rui Pires

 

EMPATÍA

Universidade de Santiago de Compostela (+info)

Compañía DanzaUSClugo

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

 

12 de abril


DIAGNÓSTICO: DESGOSTO PATOLÓXICO

Universidade da Beira Interior (Portugal) (+info)

Compañía TeatrUBI

Dirección artística: Rui Pires

 

A FUXIDA

Compañía independente da U.S.C (+info)

Cía KAOS

Dirección artística: Colectivo

 

ANIMAIS DE HÁBITOS NOCTURNOS

Universidade da Coruña (+info)

Aula de Danza NORMAL UDC

Dirección artística: Rut Balbís

 

EMPATÍA

Universidade de Santiago de Compostela (+info)

Compañía DanzaUSClugo

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

Subtitulo: do 11 ao 12 de abril
Informacion: 

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL - Caixa negra)

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Pdf1: 
Pdf2: 
17 / 04 / 13
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

O Encontro Universitario de Danza Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, que este ano chega á súa décima primeira edición, congregará os días 17 e 18 de abril de 2013, na capital luguesa, a seis compañías artísticas dependentes ou vinculadas ás universidades Autónoma de Barcelona e Beira Interior, de Portugal, ademais das formacións propias da USC creadas ao abeiro do Espazo de Danza nos campus de Santiago e de Lugo e outras dúas compañías independentes: Zur 2 Danza e Fíos roxos, nacidas tamén ao abrigo da USC.


PROGRAMA:

 

17 de abril ás 20:30 h

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)
Entrada libre ata completar aforo



Universidade de Santiago de Compostela
Espazo de Danza USC

Compañía danzaUSCompostela (+info)

Dirección artística: Juan Carlos Zahera



Universidade da Beira Interior  (Portugal)

Compañía TeatrUBI (+info)

Dirección artística: Rui Pires



Universitat Autònoma de Barcelona

Aula de Danza UAB (+info)

Dirección artística: Assumpta Ratés



Universidade de Santiago de Compostela
Espazo de Danza USC

Compañía DanzaUSClugo (+info)

Dirección artística: Juan Carlos Zahera


 

18 de abril ás 12,30 horas

Praza de San Marcos

 

Compañía independente da U.S.C (+info)

Fíos roxos -USC
Dirección artística: Colectivo

18 de abril ás 20:30 h
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)
Entrada libre ata completar aforo

 

Compañía independente da U.S.C (+info)

Zur 2 Danza-USC
Dirección artística: Colectivo

Universitat Autònoma de Barcelona


Aula de Danza UAB (+info)

Dirección artística: Assumpta Ratés

Universidade da Beira Interior  (Portugal)


Compañía TeatrUBI (+info)

Dirección artística: Rui Pires

Universidade de Santiago de Compostela
Espazo de Danza USC

Compañía DanzaUSClugo (+info)

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

Subtitulo: do 17 ao 18 de abril
Informacion: 

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)
Espazo de Danza USC
Praza de San Marcos

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Pdf1: 
Pdf2: 
16 / 04 / 12
Categoría: Danza
Enviado por: webmaster

Espazos que Danzan

16 e 17 de abril de 2012

 
O obxectivo mais importante deste encontro de danza é o de achegar a danza universitaria á nosa cidade saíndo ao encontro do espectador e favorecendo actividades comúns con este colectivo artístico. Concíbese tamén como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes
Cunha programación que se desenvolve durante os días 16 e 17 de abril, o Encontro de Danza faranos percorrer a cidade polas distintas prazas e recunchos emblemáticos, nos que as Compañías universitarias presentan os seu traballos coreográficos facendo catro representacións o primeiro día e seis o segundo. Neste Encontro de Danza contemporánea xógase coa idea da reinterpretación artística do espazo urbano a través da adaptabilidade das pezas de danza ós distintos lugares, e co fomento da súa utilización por parte do cidadán que participa como espectador ou como intérprete.
As actuacións teñen unha duración aproximada de 20 min e correrán a cargo de Compañías internacionais e galegas, coa especial participación das compañías da Universidade de Santiago de Compostela.
 

COMPAÑIAS  E UNIVERSIDADES PARTICIPANTES

 

Universidade da Beira Interior. Covilhâ (Portugal).

Cia. TEATRUBI
Dirección artística: Rui Pires
 
 

Universidade da Coruña.

AULA DE DANZA DA UDC
Dirección artística: Rut Balbís


Universidade  de Vigo. Campus Ourense.

D-OU-TRAS
Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo


Universidade de Santiago de Compostela. 
ESPAZO DE DANZA DA USC:

Cia. de danza da USC- COMPOSTELA.

Cía de danza da USC- LUGO.

Dirección artística: Juan Carlos Zahera


COMPAÑÍA INDEPENDENTE DA USC

Cía. Mu- Danza. USC

Dirección artística: Colectivo


PROGRAMA:


16 de abril.de 2012:

 
13:00h.- Rúa S. Marcos
Universidade de Santiago de Compostela
Cía. de Danza da USC - Lugo 
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A escoita do Corpo


Universidade de Santiago de Compostela
Cía. de Danza da USC- SQC  
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
Diversos


18:00h.- Praza de  A. Fernández López (detrás do Concello)
Universidade da Coruña
Aula de Danza da UDC
Dirección artística: Rut Balbís
Unha cidade por ser
(Inspirada en Las Ciudades Invisibles  de Ítalo Calvino).
 

Universidade de Santiago de Compostela
Cía. MU-danza.USC  
Dirección artística: Colectivo 
Vinte caixas
 
 
 

17 de abril de 2012:


12:00h.- Rúa da Raíña
Universidade da Coruña
Aula de Danza da UDC
Dirección artística: Rut Balbís
Unha cidade por ser
(Inspirada en Las Ciudades Invisibles  de Ítalo Calvino).


Universidade de Vigo. Campus Ourense
D-ou-tras
Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo
Isto non é…


14:00h.- Praza da H. do Seminario
Universidade da Beira Interior. Portugal
Cía. Teatrubi
Dirección artística: Rui Pires
Mata-dor


Universidade de Santiago de Compostela
Cía. de Danza da USC - Lugo 
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
A escoita do Corpo


18:00h.- Praza da Soidade
Universidade de Santiago de Compostela
Cía. MU-danza.USC  
Dirección artística: Colectivo 
Vinte caixas


Universidade de Santiago de Compostela
Cía. de Danza da USC- SQC  
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
Diversos              
 
A si mesmo se chovera:

Luns 16 de abril:

13:00h.-  Sala de exposicións da Deputación Provincial da rúa S. Marcos.  
18:00h.-  Soportais do Concello


Martes 17 de abril:

12:00h .- Galeria comercial (onde está a cafeteria) na rúa da Raiña  
14:00 h.- Vestíbulo da Facultade de Formación do Profesorado 
18:00h.-  Museo Provincial da Praza da Soedade
Subtitulo: 16-17 de abril 2012
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira