Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Sons Creativos

15 / 09 / 23
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Os 15 sons creativos

Ás  20:30 h. na Casa do Saber


27 de outubro

Concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó:

Oratorio do Caldeiro de Santo Agostiño 

Con poemas de Margarita Borja, escritos a raíz da catástrofe do Prestige

Páginas Volantes 

Do libro de autor de Olga Verme e os poemas de Violeta Barrientos

El Fauno 

Para frauta e cinta

Weyujoi 

Baseada no poema do poeta chino Li-Po



28 de outubro

Concerto do GCSUS + ALUMNADO do taller de Creacíon sonora:

Dónde Habito

Proposta sonora, composta de 3 partes (A mañá, A tarde e A noite), a partir da poesía de Ana Rocha e o seu poemario Dónde Habitas.


Subtitulo: 27 e 28 de outubro
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
08 / 11 / 22
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

22 de Novembro
Coordina: Arturo Vaquero
Info en cultura.lugo@usc.es

Descarga a ficha de inscrición aquí

TITORIAL 1: https://youtu.be/o04Ea-0z2fU

TITORIAL 2: https://youtu.be/yBFl4Oug71M


PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen individualmente ou en grupo.


REQUISITOS

A paisaxe sonora deberá ter unha duración de entre 1 e 10 minutos.
A paisaxe sonora deberá de ser orixinal e inédita e non estar publicada ou premiadas noutros certames.
As paisaxes sonoras deberán remitirse en mono ou estéreo e en formato .wav (mínimo 44.1Khz 16 bit) ou .mp3 (mínimo 192 kbps). Cada arquivo deberá nomearse cun título seguido dun guión (-) e o nome do participante.
Débese elaborar tamén un ficheiro de texto, a persoa participante describa o proceso creativo da paisaxe sonora, o material utilizado e unha breve explicación conceptual da obra.
A entrega farase por correo electrónico ou a través de WeTransfer a cultura.lugo@usc.gal, acompañando o ficheiro de audio (punto 3) e o ficheiro de texto (punto 4) coa ficha de inscrición cuberta, copia escaneada do DNI e certificado de conta bancaria

ENTREGA DE PREMIOS

30 de novembro
21:00 h.
Casa do Saber.

PREMIOS

Premio GCSUS Valorado en 350€
Premio do público 150€
(votarase na propia sesión o día 30)
Finalistas 100€ cada un (4 finalistas)

Subtitulo: 22 de novembro
Informacion: 
O Certame de Paisaxe Sonora xorde da necesidade de fomentar a creatividade a través da escoita. Que mellor que crear espazos, experimentar co que escoitamos...
 
Rendemos ademais homenaxe ao labor feito polo Grupo de Creación Sonora da USC e a Inmaculada Cárdenas que fixeron tanto pola música electroacústica na nosa cidade e na USC.
Pdf1: 
Pdf2: 
19 / 10 / 22
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

20, 21 e 22 de outubro na Casa do Saber

Xoves 20 - 19:00 h
Arte Sonora é Tradición

Efraím Díaz, David Bellas e Iván Abal


Venres 21 - 20:30 h
MAHA PRAKRITI

Mónica Álvarez e José Manuel Vázquez


Sábado 22 - 20:30 h
Recreacións

Inmáculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó

Dirección: Inmaculada Cárdenas
Co-dirección: Mónica Álvarez e Efraím Díaz

Subtitulo: 20, 21 e 22 de outubro
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 10 / 21
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

OS 13º SONS CREATIVOS

21, 22, 23 e 24
de Outubro ás 20:30 h.

 
Xoves 21 (Casa do saber)

GCSUS:
ATLÁNTICO e IGUAZÚ Inmaculada Cardenas
ESENCIAS SONORAS Mónica Álvarez
OS PORCOS Efraím Díaz

 
Venres 22 
(Casa do saber)

PULSO ENSEMBLE:
VERBAS

 
Sábado 23 (O Vello Cárcere)

RAÚL CANTIZANO:
FLAMENCO EXTENDIDO

 
Domingo 24 (O Vello Cárcere)

PABLO SANZ:
ENTANGLED

Capacidade limitada

Concertos do día 21 e 22 transmitidos por streaming en: 

http://ir.gl/sonscreativos/

Entradas:

Entradas en cultura.lugo@usc.gal mandando nome completo e número de telf. de cada asistente

Subtitulo: 21, 22, 23 e 24 de outubro
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
12 / 10 / 20
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Ás 20:30 horas na Casa do Saber

 
Xoves 22 

GCSUS
Grupo de Creación Sonora da
Universidade de Santiago de Compostela.

Inmaculada Cárdenas (composicións), Mónica Álvarez (improvisación vocal) e Efraím Díaz (composición)

 
Venres 23

Colapso Colectivo

 
Sábado 24

Lar Legido

 
Domingo 25

Fonogenia

Dirección e codirección: Inmaculada Cárdenas e Xoan Xil López

Entradas:

Para asistir a estas actividades, cómpre escribir un correo a cultura.lugo@usc.es a partir do venres 16 de outubro. Nese correo facilitarase o nome completo da persoa o seu DNI e teléfono.

Dende a oficina confirmaremos cun correo de resposta a súa reserva.

Atenderase por rigurosa orde de chegada.

Subtitulo: 22, 23, 24 e 25 de outubro
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
14 / 02 / 19
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

AULA DE CREACIÓN MUSICAL E EXPERIMENTACIÓN SONORA

Dende hai un tempo vimos desenvolvendo unha serie de actividades formativas dentro do festival Sons Creativos, e este ano queremos darlles máis protagonismo a estes contidos creando un programa integral que inclúe tres obradoiros intensivos: dous que continúan afondando nas metodoloxías iniciadas na pasada edición relativas á improvisación multidisciplinar (soundpanting) e á experimentación vocal, e unha nova proposta que nos achegará de xeito práctico e teórico ás estéticas da música dende as vangardas á actualidade. 

Profesores

> Efraím Díaz

> Mónica Álvarez

> Xacobe Martínez

> Inmaculada Cárdenas

Coordina

Xoán-Xil López Rodríguez
www.unruidosecreto.net

Lugar

Escola Municipal de Música de Lugo

Centro de Convivencia Uxío Novoneyra

Rúa Quiroga Ballesteros s/n - Lugo

 A Escola de Música é un espazo que desenvolve unha importante labor na vida musical da cidade de Lugo. Dende a pasada edición dos Sons Creativos vimos colaborando con eles xa que creemos que é unha forma de expandir as actividades realizadas pola USC máis alá da comunidade universitaria dándolle unha dimensión máis ampla.

A Escola de Música colabora económicamente coa financiación dun dos obradoiros, así como poñendo á nosa disposición o equipamento necesario para levar acabo as actividades nas mellores condiciones (aulas apropiadas para práctica musical e unha gran variedade de instrumentos cos que poder traballar nos obradoiros de improvisación).

 DíaXoves

Horario16:30 a 20:30 h

Datas

> 21 e 28 de febreiro

> 7, 14, 21 e 28 de marzo

> 4, 11 e 25 de abril

> Sábado 4 de maio

Prazas limitadas

Máximo 18 alumnos.  Selección por orde de inscrición.

 Prezo da matrícula 

> 30 euros taxa xeral
> Gratuíta para alumnos da universidade e alumnos da Escola de Música. 

Os obradoiros rematarán cun concerto o domingo 5 de maio dentro da programación do festival Sons Creativos, que terá lugar  no Vello Cárcere.

 

 ARTE SONORA E MÚSICA ELECTROACÚSTICA

LUGO: Do 2 o 5 de maio 2018

 2 de Maio 

Programa 2 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque I

En directo: 

Inmaculada Cárdenas

Buzz

 

3 de Maio

Programa 3 de maio

20.00h Casa do Saber

En directo:

Efraím Díaz

Simon Desorgher e David Stevens

 

4 de Maio

Programa 4 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque II

En directo:

Mónica Álvarez

Susan Drone

 

5 de Maio

Programa 5 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque III

En directo:

Atilio Doreste

AA.VV.

 

Entrada gratuita ata completar aforo

+info sobre os concertos: sonscreativos.weebly.com

 

 

 
Subtitulo: Do 21 de febreiro ao 5 de maio
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
06 / 02 / 18
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.

Subtitulo: Do 3 ao 6 de maio
Informacion: Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Pdf1: 
Pdf2: 
22 / 05 / 17
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Os 9 Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación; o mundo da música electroacústica e da arte sonora. Nesta edición séguese apostando por difundir e achegar ao público estas dúas formas de creación baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, e contando coa colaboración, como codirector, do artista sonoro e compositor Xoán-Xil López.  SONS CREATIVOS proxéctanse co obxectivo de impulsar o diálogo entre propostas da escena local e internacional.


PROGRAMA:

Entrada gratuíta ata completar aforo Casa do Saber 


25 de maio 20.30 h 

Concerto: OBRAS ACUSMÁTICAS / ROELAND LUYTEN + INMACULADA CÁRDENAS

EN DIRECTO: DIEGO VENTOSO / EN DIRECTO: Inmaculada cárdenas + MÓNICA ÁLVAREZ

 

26 de maio 20.30 h

Concerto: OBRAS ACUSMÁTICAS / ELSA JUSTEL.

EN DIRECTO: JUAN ANTONIO LLEÓ

Taller: Estratexias disruptivas na creacion electroacustica e audiovisual JUAN ANTONIO LLEÓ (16:30 a 19:30 h.)


27 de maio  20.30 h

Concerto: OBRAS ACUSMÁTICAS / EZEQUIEL ESQUENAZI + SIMON PEREZ

EN DIRECTO: LLORENÇ BARBER + MONTSERRAT PALACIOS

Taller: Música electrónica con materiais cotiáns (de 11 a 18 anos).
MATEO MENA (11:00 a 14:30). Taller gratuíto pra escolares.

Taller: Improvisación e performance.
LLORENÇ BARBER E MONTSERRAT PALACIOS (16:30 a 19:30)

 

 28 de maio 12:30 h 

Concerto: LIXO VERSUS ARS SONORA

INTERVENCIÓN SONORA A CARGO DE GCSUS (Grupo de Creación Sonora da USC) COA PARTICIPACIÓN DE LLORENÇ BARBER, MONTSERRAT PALACIOS, XOAN XIL LÓPEZ E O ARTISTA JESÚS OTERO-YGLESIAS.

 http://sonscreativos.weebly.com/ -

 

Subtitulo: Do 25 ao 28 de maio
Informacion: 

ARTE SONORA E ELECTROACÚSTICA

ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO

INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:
Talleres: prazas limitadas.
Inscricións dos talleres dende o venres 15 ata o 25 de maio 

Prezos: 

Taxa xeral 15€ 

Universitarios 10€ 

Escolares gratis

---

Área de Cultura. Campus de Lugo

Praza Pío XII, s/n

27001 Lugo

Teléfono: 982 821 513

cultura.lugo@usc.es 

http://sonscreativos.weebly.com/

Pdf1: 
Pdf2: 
27 / 04 / 16
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Os 8 Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación: o mundo da música Electroacústica e da Arte Sonora. Nesta edición do proxecto séguese apostando por difundir e achegar ó público estas dúas formas de creación sonora desde o foro de creación que segue sendo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS).

PROGRAMA:

Entrada gratuíta ata completar aforo
Casa do Saber //

3 de maio (20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraim Díaz.
Concerto en directo: Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS)

4 de maio (16.30 h.)
Obradoiro de informática musical para a creación de paisaxes sonoras por Arturo Vaquero.
Prazas limitadas. Inscricións ata o 2 de maio.
(20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Edson Zampronha
Concerto en directo: Voltage Opposites

5 de maio (20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Elena Hidalgo e Danio Catanuto
Concerto en directo: Vertixe sonora

6 de maio (16.30 h.)
Obradoiro Dominando a voz - exploración sonora por Mónica Álvarez
Prazas limitadas. Inscricións ata o 2 de maio.
(20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Juan Antonio Lleó e Orlando García
Concerto en directo: Control and Unpredictability

http://sonscreativos.weebly.com/ -

Subtitulo: Do 3 ao 6 de maio
Informacion: 

ARTE SONORA E ELECTROACÚSTICA

Na Casa do Saber. Maio 2016.
Entrada gratuíta ata completar aforo

*INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación
Praza Pío XII, s/n
27001 Lugo
Teléfono: 982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 

[Sons Creativos 2017]

(Do 25 ao 28 de maio). Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.

Pdf1: 
Pdf2: 
29 / 04 / 15
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

7 SONS CREATIVOS

ARTE SONORA E ELECTROACÚSTICA

Maio 2015

 

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE*

OBRADOIRO DE ELECTRÓNICA APLICADA AO SON*

Información e inscricións

Área de Cultura. Campus de Lugo

Vicerreitoría de Coordinación

Praza Pío XII, s/n

27001 Lugo

Teléfono: 982 821 513

cultura.lugo@usc.es

 

 

PROGRAMA


6 de maio. Casa do Saber (+INFO)

Escoita de obras electroacústicas

Miniaturas Sonoras (2015)*-Inmaculada Cárdenas

Periferias (2011)-Arturo Vaquero

Praia das Catedrais (1998-2007)- Inmaculada Cárdenas

CONCERTO

Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS)

Estrea de Equivalencias sonoras (2015)*. Música experimental para voz, percusión e electrónica - Mónica Álvarez, Efraim Díaz e Arturo Vaquero

*Estrea absoluta

 

7 de maio.  Casa do Saber  (+INFO)

Escoita de obras electroacústicas

Hydatos (2012), Mahakala Sadhana (1999) e Et Ignis Involvens (2005-2014)-João Pedro Oliveira:

CONCERTO

Carlos Suárez

ARS POÉTICA. Electroacústica e obxectos preparados

 

12 de maio. Casa do Saber  (+INFO)

Escoita de obras electroacústicas

Amor No Viu (2010)-Stefano Scarani e Julia Chiner

Morfologías Inestables (2011) -Julia Chiner

Gravitas (2007) -Stefano Scarani e Julia Chiner

Alseides (2009) - Stefano Scarani.

CONCERTO

ELO. Música e poesía

Presentación dos seus últimos traballos discográficos Ningún amante sabe conducir/Vinte en escena (2015)

ELO son Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira


13 de maio. Casa do Saber  (+INFO)

CONCERTO

Edson Zamprona

Electroacústica e piano

Lamenti (2004)/Composición para piano III (1985)/Memoria Irreal sobre Flauta (2010)/Composición para piano IX (2014)/ El Gran Zumbidor (2013)/Attacchi (2015)

 

14 de maio. Praza Maior. 20.30 horas

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE NO Quiosco da Praza Maior: coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS) Aberto á participación daqueles músicos que traballen as musicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 11 de maio


6 e 7 de maio

Carlos Suárez

OBRADOIRO DE ELECTRÓNICA APLICADA AO SON

Principios de electrónica sonora, soldadura e construción dun “pulse sequencer”.

Prazas limitadas. Inscricións ata o 5 de maio

 

http://sonscreativos.weebly.com/

Subtitulo: do 6 ao 14 de maio
Informacion: 

ARTE SONORA E ELECTROACÚSTICA
Maio 2015

CONCERTOS CASA DO SABER - 20.30 HORAS
Entrada gratuíta ata completar aforo

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE*
OBRADOIRO DE ELECTRÓNICA APLICADA AO SON*

*Información e inscricións
Teléfono: 982 821 513
cultura.lugo@usc.es

Pdf1: 
Pdf2: 
15 / 05 / 14
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

20 de maio +(INFO)

CASA DO SABER, ás 20.30 horas

VERTIXE SONORA

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 20 DE MAIO

 

22 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

CARLOS SUÁREZ

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 22 DE MAIO

 

27 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

ULOBIT

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 27 DE MAIO

 

29 de maio +(INFO)

CASA DO SABER ás 20.30 horas

OHN (María Roja + Berio Molina)

DR. THINK (DJ)

> SESIÓN DJ DR. THINK 29 DE MAIO

 

5 de xuño +(INFO)

ás 20.30 horas  QUIOSCO DA PRAZA MAIOR

Concerto de improvisación libre: quiosco aberto mundo urbano/mundo natural

Coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio

INSCRICIÓNS: Área de Cultura. Campus de Lugo

Tfno: 982 821 513 Mail: cultura.lugo@usc.es

 

 

SONS CREATIVOS é unha plataforma de intercambio cultural para a difusión e creación sonora que, en convocatoria anual, supón unha aposta polas últimas propostas do ámbito da música contemporánea, a creación electroacústica e da arte sonora e que chegará neste ano 2014 á súa sexta edición.

Organízase polo Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, GCSUS e, nesta edición, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero e Xoán Xil López.

Clausuraremos os 6º Sons Creativos cun concerto ao aire libre. Unha improvisación libre co título xenérico de Concerto de improvisación libre: quiosco aberto mundo urbano/mundo natural, que terá lugar no quiosco da Praza Maior de Lugo coa participación dos membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e aberta á participación daqueles músicos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo.

Para poder participar neste concerto é necesario inscribirse previamente antes do 30 de maio conforme ás BASES da CONVOCATORIA

 

Subtitulo: Maio-xuño 2014
Informacion: 

20, 22, 27, 29 de maio e 5 de xuño ás 20.30h

Casa do saber e Quiosco da Praza Maior

http://sonscreativos.weebly.com/

Pdf1: 
Pdf2: 
12 / 11 / 13
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster
Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL 11 maio - 16 xuño

De martes a domingo de 17:00 a 21.00 h / Visitas guiadas os xoves ás 19:00 h


Programa


10.30 h
Mesa redonda sobre Música Improvisada coa participación de Juan Gil López, artista sonoro,
Javier Garbayo, investigador da USC, Pilar Cabeza, pedagoga especializada en Pedagoxía de
Creación Musical da UVA e Jesús Otero_Yglesias, artista plástico.
Coordina o GCSUS


12.00 h
Inauguración da EXPOSICIÓN 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo


12.30 h
Mesa redonda Antecedentes da arte sonora en Lugo 1987-1993: O Concerto de campás
Sacra Lucus e Revisitando Espacio Permeable e o seu Concierto para esculturas sonoras
(1992). Participan: Juan Gil López, Jesús Otero-Yglesias. Coordina Inmaculada Cárdenas


16.30 h
Mesa redonda O Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) unha aposta pola improvisación.
Participan: Mónica Álvarez, Arturo Vaquero, Efraím Díaz, membros do GCSUS e Juan Carlos
Zahera, director do Espazo de Danza da USC. Coordina Inmaculada Cárdenas


17.30 h
Visita guiada da EXPOSICIÓN 25 Anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo


20.00 h
CONCERTO Construír/deconstruír os Sons. Descontextualización desde materiais de
construción. Obra do GCSUS coa participación dos artistas invitados aos 5º Sons Creativos


EXPOSICIÓN 25 Anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo


» Instalación sobre o Concerto de campás Sacra Lucus (1992) de Llorenç Barber
» Instalación Revisitando Espacio Permeable e o seu Concierto para esculturas sonoras (1992)
» Instalación da obra electroacústica O Museo (1995) do GCSUS, obra de Inmaculada Cárdenas con
coreografía de Juan Moredo. Bailaríns Juan Carlos Zahera, Alba Barral do Espazo de Danza da USC
» Instalación da obra electroacústica O Oratorio do Caldeiro de Santo Agostiño (2002) obra de
Inmaculada Cárdenas sobre poemas de Margarita Borja. GCSUS
» Instalación da obra electroacústica Paseo pola Muralla (2008), obra de Arturo Vaquero coa
participación dos alumnos do curso de electrónica musical 2007-2008 do GCSUS
» Instalación da obra electroacústica/vocal As Voces do Mosteiro (2011), obra de Mónica Álvarez
» Obras de artistas invitados aos Sons Creativos: Desasosiego de los dioses (2009) de Antonio
Alcázar, Sonos Urbis (2010) de Cristina Palmese e José Luis Carles, Greetings from los Angeles
(2011) de Elena Hidalgo, Trans-fusión sin océano (2011) de Pilar Cabeza, Auscultar la ciudad (2011)
proposta de Miguel Molina cos alumnos do departamento de Escultura da UPV
» Obras sonoras en directo do GCSUS con alumnos dos cursos de canto e electrónica musical: Música
e transporte (2006) de Arturo Vaquero. A Morte do Danzak. Conto radiofónico (2007) de Inmaculada
Cárdenas, Momentos (2010) de Mónica Álvarez
» Obras audiovisuais do GCSUS: 11S01 (2010) de Efraim Díaz, La Línea-La Habana (2000) de
Inmaculada Cárdenas, Periferias (2011) de Arturo Vaquero
» Instalación audiovisual Construír/deconstruír os Sons: Proxección do vídeo da performance filmado
o día 11 durante o concerto Construír/deconstruír os Sons

Subtitulo: 11 maio
Informacion: 

De martes a domingo de 17:00 a 21.00 h
Visitas guiadas os xoves ás 19:00 h

Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL

Pdf1: 
Pdf2: 
11 / 05 / 12
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Dedicado a José Luis Carles

CASA DO SABER
11 - 12 maio 2012


PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 7 DE MAIO


O Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS), dirixido por Inmaculada Cárdenas, organiza en Lugo por cuarto ano o encontro ‘Sons Creativos’, que se celebrará os días 11 e 12 de maio na Casa do Saber.

Nesta cuarta edición, o certame estará dedicado ao compositor José Luis Carles Arribas, recoñecido investigador en temas de percepción sonora, análise cualitativa do medio ambiente sonoro e interacción entre estímulos visuais e auditivos. Relatorios, mesas redondas, concertos, obradoiros, instalacións sonoras e performances configuran un amplo programa integrado baixo o título común ‘Música e natureza’, temática que servirá como fío condutor de todas as actividades.

Este encontro enmárcase dentro da oferta do programa Lugo Cultural para o ano 2012, que organizan conxuntamente a USC, a Deputación e o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

Programa de actividades

O venres 11 a xornada ábrese ás 9.30 horas coa mesa redonda ‘Música e natureza: ecoloxía’, a cargo de José Luis Carles Arribas, Cristina Palmese, Juan Gil López e Carlos Suárez. Ás 12.00 horas celebrarase unha segunda mesa redonda, baixo o título ‘Música e natureza: historia e creación sonora’, na que estarán Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo e Miguel Molina, así como alumnos de José Luis Carles Arribas na Universidade Autónoma de Madrid

Entre as dúas mesas levarase a cabo a inauguración oficial do encontro e a presentación do DVD Música, espazos e cidade, no que se recollen as obras estreadas nas tres edicións anteriores.

Na sesión de tarde haberá unha nova mesa redonda (16.30 horas), denominada ‘Música, natureza: pedagoxía’, na que intervirán Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez.

A xornada do venres péchase ás 20.00 horas cun CONCERTO COLECTIVO a cargo dos participantes nas mesas redondas (acompañados de estudantes das súas universidades de procedencia) e de membros do GCMUS.

O sábado 12 haberá unha derradeira mesa redonda (9.30 horas) sobre ‘Música e natureza: tecnoloxía e medios de comunicación’, na que participan, Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.

Ás 11.30 horas desenvolverase un taller de creación a cargo de Carlos Suárez, e o encontro rematará ás 13.30 horas cunha performance na que actuarán Berio Molina e María Roja.

Todas as actividades do programa están abertas ao público en xeral, e o programa está recoñecido cun crédito de libre configuración para os estudantes universitarios que o soliciten.


PROGRAMA

VENRES, 11 DE MAIO
•    9:00 a 9,30 h
Entrega de acreditacións
•    9:30 a 11:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: ecoloxía” a cargo de José Luis Carles, Cristina Palmese e Juan Gil López e Carlos Suárez, do espazo interactivo escoitar.org.
11:00 a 11:30 h
Inauguración dos 4º Sons Creativos e presentación do DVD Música, espazos e cidade no que se recollen as obras creadas e estreadas nas tres edicións anteriores dos Sons Creativos.
•    12:00 a 13:30 h
Relatorio e mesa redonda sobre  “Música e natureza: historia e creación sonora” a cargo de Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo, Miguel Molina e o alumno e as alumnas de José Luis Carles da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Jesús Barranco, Estrella Sánchez e Laura María García.
•    16:30 a 18:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música, natureza: pedagoxía” a cargo de  Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez, profesorado e compositores pertencentes a diferentes estamentos da educación: escola, ensino medio e universidade.
•    18:30 a 20:00 h
Ensaios e preparación do concerto.
•    20:00 h
CONCERTO COLECTIVO con obras José Luis Carles e Cristina Palmese, Miguel Molina, Rocio Garriga, Juan Antonio Lleó, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, Adolfo Murillo Ribes, Juan Gil López, Carlos Suárez e dos membros de GCMUS: Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraím Díaz.

SÁBADO, 12 DE MAIO:
•    9:30 a 11:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: tecnoloxías e medios de comunicación” a cargo de Rocío Garriga Inarejos,  Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.
•    11:30 a 13:30 h
Taller de creación a cargo de Carlos Suárez de escoitar.org.
•    13:30 h
Presentación dunha performance a cargo de Berio Molina e María Roja e clausura dos 4º Sons Creativos

ACTIVIDADE RECOÑECIDA CUN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN
DIPLOMAS: Expedirase o correspondente certificado de asistencia e bo aproveitamento ás persoas inscritas que asistiran polo menos ao 80% das horas.


INFORMACIÓN E MATRÍCULA:


Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praciña da Universidade, s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 821 513
PRAZO: Ata o 7 de maio (de 9:00 a 14:00 h)
Taxa xeral: 20 €
Taxa reducida : 10 €  (comunidade universitaria da USC, estudantes universitarios e de FP, persoas desempregadas e pensionistas)

Subtitulo: 11-12 de maio 2012
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 
20 / 05 / 11
Categoría: Sons Creativos
Enviado por: webmaster

 "Música e Cidade"

adicado a Llorenç Barber

 

venres 20 de maio


9:30 h
Entrega de acreditacións e inauguración.

10:00 a 14:30 h
Relatorio e mesa redonda sobre Paisaxe sonora. A cargo de José Luis Carles e Cristina Palmese.UAM. Coordina Juan Gil López.

16:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre Música, cidade e pedagoxía. A cargo de Pilar Cabeza e Elena Hidalgo. UVA. Coordina Inmaculada Cárdenas.

18:00 h

Relatorio e mesa redonda sobre Esculturas sonoras. A cargo de Antonio Alcázar. UCLM. Coordina Pilar Cabeza.

20:30 h
Concerto colectivo Música e Cidade.
Obras de: José Luis Carles e Cristina Palmese, Efraím Díaz, Pilar Cabeza, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, alumnos de Miguel Molina, e obras do Grupo de Creación Musical da USC (Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero
e Mónica Álvarez).

sábado 21 de maio


10:00 h
Presentación do traballo colectivo realizado pola profesora Mónica Álvarez cos seus alumnos do CEIP
San Mamede (Mosteiro de Santa María de
Montederramo) e música por ordenador con alumnos de ensino medio de Charo Herrero (Valladolid).

12:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre Arte
sonoro y ciudad. A cargo de alumnos de Miguel Molina. Universitat Politécnica de València. Coordina José Luis Carles.

14:00 h

Clausura dos 3º Sons Creativos.

Información:
Inscricións na Oficina de Cultura (Lugo)
Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura
e Sociedade
Tel.: 982 821 513
Do 5 até o 18 de maio de 9:00 a 14:00 h
Taxa xeral: 20 euros.
Taxa reducida (comunidade universitaria): 10 euros
Recoñecido un crédito de libre configuración

Subtitulo: 20-21 de maio 2011
Informacion: 
Pdf1: 
Pdf2: 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira