Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXI Festival de Teatro Universitario da USC

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

TESELAS. Microproxectos de actores galegos en formación

Un ménage à solas

Alba Fernández López

Escuela Superior de Arte Dramático (ESAD) de Estremadura

 

Un ménage à solas conta a historia dunha muller con tres personalidades: Alma, Marina e Celeste. Alma, a personalidade máis autoritaria, planea retomar unha antiga afección: cometer asasinatos. Marina está en desacordo a pesar do medo, e Celeste vive inmersa no seu mundo, sen entender o que pasa. A acalorada confrontación dos seus sentimentos –medo, paixón, ira, luxuria, tranquilidade, paz…– achegaraas a un final que ningunha das tres espera.

< ATRÁS

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

TIK TEATRO. Compañía de Teatro da Residencia Universitaria Bal y Gay

Elenco: Cris Blanco, Mónica Cardelle, Sabrina Castro, Salim Hanna, Juan Mario Lawicki, Miguel Martínez, Adrián Novo, Laura Real, Mónica Rodríguez, Andrea Vila e Cándido Viña.

Dirección e dramaturxia: Laura G. Recio

 

GRANDE OFERTA PROMOCIONAL

 

Cando as mulleres seremos realmente libres?

Cando desaparecerán as etiquetas que soportamos polo simple feito de ser muller?

Queres unha sociedade así?

Que vas facer ti para cambiar esta situación?

Acabemos coas agresións, as mortes, as violacións, as mutilacións e calquera vexación que as mulleres sufrimos polo simple feito de ser muller, polo simple feito de que alguén se sinta con dereito para dispoñer do meu corpo e da miña vida.

Loitemos por un papel completamente libre da muller nesta sociedade.

 

 

< ATRÁS

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

GRUPO DE TEATRO KriLaJo. Compañía independente da USC-LUGO

Actrices:

Kristel Rodríguez Egido

Laura Real Otero

Director: José María Tubío Sánchez

 

ESTÁS AÍ? Creación colectiva

 

O paso do tempo. As lágrimas caen como folerpas de neve, lentamente, para seguilas despois o continuo intento de espertar a pesar da noite e da soa compañía dunha candea. Carla chega do Cairo porque Ana invitouna a unha solitaria celebración verde da estrea dunha obra. Soan sen cesar grilos en inverno alugados a un chinés. A enigmática Carla axiña deixa entrever que sabe máis do que conta sobre as razóns que tivo Ana para invitala á celebración da estrea. Nun almorzo con torradas de xadrez prodúcese o primeiro xaque mate. Pero, quen move as pezas? É Ana unha simple marioneta de Carla, ou é Carla a portadora dos fieitos de luz que Ana busca?

 

Dúas actrices, coa axuda dunha candea e unha saba tecen, como dúas laboriosas arañas, unha historia sobre a amizade e o amor, sobre os celos e a envexa, sobre o desexo de liberdade e a angustia da prisión para, ao final, deixar un escenario baleiro onde os corpos sen vida se arremuíñan nas esquinas, e onde o recordo acaba fundindo os seus remos vencidos nas plúmbeas augas do reloxo.

Grupo de teatro KriLaJo: nacemento e obxectivos

 

Krilajo é un grupo de teatro universitario do campus de Lugo que se formou hai xa un ano. Conta con tres membros, aínda que a maior parte da súa andadura estivo só formado por dous, desde hai xa catro meses Laura incorporouse ó grupo. Para as súas montaxes, comparte o salón de actos da residencia Bal y Gay co grupo TIK teatro.

 

Pódese dicir que KriLaJo nace como instrumento para tratar de responder a varias preguntas: cales son os mecanismos conceptuais e expresivos que pode desenvolver un grupo de teatro universitario para elaborar unha historia que atraia a atención da comunidade universitaria que xa non está afeita á expresión teatral? É posible un teatro de mínimos que comunique o máximo? Cales son as condicións para esta comunicación?

 

Esta inquedanza representa o marco no que o grupo desenvolve o seu traballo. A creación trátase de que sexa colectiva, reducindo ó máximo tódolos elementos escénicos, e buscando a mestura dun teatro máis clásico centrado na voz con outro máis experimental centrado no corpo, para tratar de entender qué elementos son os máis efectivos na expresión teatral e ó mesmo tempo son os máis eficientes. Desde o inicio o grupo vén representando cada dous meses no salón de actos da residencia Bal y Gay as súas pezas, que non soen durar máis de 15 minutos, co obxectivo de ir creando unha historia e contándoa por capítulos. Ó final de cada representación mantense un diálogo co público onde se trata de entender como percibe este a obra e a través de que mecanismos teatrais está conectando con ela. Con esta experiencia acumulada, de reflexión entre os membros do grupo e de interacción co público, nace a obra Estás aí? onde se reflexiona, non soamente sobre mecanismos de transmisión, senón tamén sobre conceptos teatrais como traxedia/comedia, tempo real/tempo imaxinario, heroe/antiheroe, co ánimo de buscar unha forma expresiva que, aínda con tódolos seus defectos, teña a inquietude de ir máis alá destas dualidades, e así poder tocar a pel do espectador.

 

Membros:

Kristel Rodríguez Egido é estudante do Máster en Profesorado de Educación Secundaria. É de Salamanca e leva en Lugo dous anos. Aínda que é enxeñeira topógrafa, cada vez está máis interesada na educación, á que espera dedicarse no futuro.

 

Laura Real Otero é unha estudante de Humanidades natural de Redondela, que cursa o seu terceiro ano en Lugo, e que tamén forma parte do grupo de teatro Tik da residencia Bal y Gay.

 

José María Tubío Sánchez é un membro do grupo de investigación Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da USC, que se dedica principalmente á investigación no ámbito da xestión territorial.

 

 

< ATRÁS

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

III

Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de Ricardo III de W. Shakespeare

Aula de teatro de Ourense MARICASTAÑA

Dirección: Fernando Dacosta

 

Equipo técnico e artístico: 

REPARTO                     (Por orde de intervención)

 

RAQUEL LOIS               Nena, Cidadá 2, Enrique, Mensaxeiro, Asasino 2         

INÉS TORNOS              Nai , Cidadá 1, Príncipe Eduardo, Mensaxeiro, Margarita               

MARCOS VÁZQUEZ    Ricardo

SAMUEL CARDOSO    Sombra, Oxford

ABRAHAM PÉREZ       Garda, Grei, Cidadán 4, Mensaxeiro, Outro asasino

ÁLEX HERMIDA           Jorge, Cátesbo

GONZALO OTERO       Hastins, Tyrrel

ALICIA FRAGA              Ana, Rover, Tanli

REBECA MORALEJO   Ama, Asasino 1, Mensaxeiro, Lovel

VICKY DOCABO           Isabel, Alcaldesa

VICENTE C. BÓVEDA  Baco

SANDRA A.C.               Rimon, Duquesa

NOELIA ROPE              Margarita, Cidadá 3

Ademais son Pobo, Almas, Mensaxeiros, Voces, Azuis, Vermellos, Outros, ...

 

LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA

José Manuel Bayón, Rubén Dobaño

 

VESTIARIO E COMPLEMENTOS

Tegra

 

DESEÑO MUSICAL

Renata Codda Fons

 

CARTEL E PROGRAMA

Pablo Otero

 

AXUDANTE DE DIRECCIÓN

María Díaz

 

ESCENOGRAFÍA, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN

Fernando Dacosta


Sipnose:

Un grupo de refuxados desprázase fuxindo dun territorio en guerra. Unha nena pregúntalle á súa nai o porqué desa situación. A nai, tratando de facerlla entender, fálalle de como non hai moito tempo vivían razoablemente ben, con comida todos os días e con casa onde poder durmir. Conta como nese país, ao que decide chamarlle “reino”, xurdiron dous bandos polo poder, aos que decide chamarlles os “azuis” e os “vermellos”. Que ningún dese bandos se preocupa realmente da xente que pasaba fame e que se exterminaban porque eran insaciables nas súas ansias de poder. Cóntalle como ao gañar o bando azul empezaron as loitas intestinas, irmáns matando irmáns, intrigas para facerse co trono, accións despiadadas que matan a amigos, a irmáns, a nenos, a calquera que poida facer perigar o poder total, o poder sen ningunha dúbida.

A historia que conta a nai fálanos da resistible ascensión ao poder de Ricardo III, ascensión que puido evitarse pero por medo, por ambición, por relaxación, por despreocupación, non se fixo. Fálanos de como se instaurou un estado de terror no que todos sospeitan de todos e ninguén pode estar seguro de nada. Fálanos, en fin, de como xurdiu unha alternativa entre as sombras e como os cidadáns decidiron entregarse a ela sen reservas, e do necesaria que son as reservas.

O texto de William Shakespeare, “Ricardo III” desde unha perspectiva contemporánea, con preguntas de onte, de hoxe e de sempre e cunha resposta a iso que dámos en chamar “poder”.

 

 

III
 

Foto de Sabela Eiris

 

< ATRÁS

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

LEAR. DE NADA NADA SAE

Dramaturxia de Paloma Lugilde a partir de Rei Lear de W. Shakespeare

COMPAÑÍA DE TEATRO USC-LUGO

Dirección

Paloma Lugilde

 

Actores:

Ramón Ferreira Díaz

Dani Lago Barreiro

Roberto Rivas Zas

Sara Sánchez Oliver

Marta Cardín Pedrosa

Ana Miranda del Campo

Adi Vlad

Uxía Alonso Alonso

Lili Claro Rodríguez

Xulio Díaz Anllo

Paz López Vizcaíno Rubio

Lucas Chao Ares

Carlos Díaz Fernández

 

Ficha Técnica

Documentación: Ramón Ferreira e Paloma Lugilde

Deseño de espazos: Paloma Lugilde

Creacións musicais: Carlos Díaz

Fotografía e vídeo: Mario García Herradón, Bruno Martínez, Sabela Eiriz

Luz e son: A.S.A-SON SLU. Alfredo Sarille, Julio Corredoira

Axudante de escenografía: Óscar Lago

Deseño cartel e programa: tatata

Imaxes: Diego Blanco

Creación bonecas: Ana Miranda

Agradecementos: Palimoco Teatro. Área de Cultura no campus de Lugo

 

LEAR. DE NADA NADA SAE

a partir de Rei Lear de W. Shakespeare

Ten como base un conto popular: unha vez era  un rei que tiña tres fillas… Un rei quixo saber canto lle querían as súas tres fillas. As dúas maiores respondéronlle con falsos afagos, pero a menor díxolle que lle quería como a carne ó sal.

Esta resposta provocou a ira do rei que a mandou matar. A filla salvouse e, despois dalgún tempo, atopouse co seu pai que recoñeceu o seu erro e comprendeu a enigmática resposta da súa filla…

Shakespeare presenta unha experiencia extrema de dor, loucura e destrución expresada cruamente e sen reservas.

Alzheimer: é unha enfermidade dexenerativa do cerebro, fundamentalmente do seu córtex cerebral que vai perdendo neuronas e sinapses, acumula unha proteína anormal e amosa lesións características, placas senís e nobelos neurofibrilares.

 

Lear
 

Foto de Sabela Eiris

 

< ATRÁS

09 / 04 / 15
Categoría: XXI Festival de Teatro Universitario da USC
Enviado por: webmaster

SWEENEY TODD, O BARBEIRO DIABÓLICO DA RÚA FLEET

Libreto musical de Sondehim, versión de Roberto Salgueiro

AULA DE TEATRO da USC. Compañía de teatro

Reparto (por orde de intervención)

 

ANTHONY – Breogán M. Vila

SWEENEY TODD- Miguel Gendre

MENDIGA – Elena Rodríguez

MRS LOVETT – Helena Salgueiro

JOHANNA – Alba López

XUÍZ TURPIN – Marcos Montiel

ALGUACIL – Manuel Lago

TOBÍAS – Lorena Boullón

PIRELLI – Aldara Cidrás

 

Orquestra de Cámara da USC

 

Violíns:

Ana Vieira

Antía Rey

Brais Palmeiro

Mª del Carmen Estevez

Maria Seoane

Sandra Viz

Tania Viqueira

Laura García

 

Violas:

Clara Copena

Rocío Vazquez

 

Violonchelos:

Elena Arguedas

Manuel Fernández

 

Contrabaixo:

Ada Iglesias

 

Clarinete:

Beatriz Gutiérrez

 

Trompa:

Ana Lores

 

Trompeta:

Esteban Lemos

 

Percusión:

Aldara Candal

 

Organista:

Julia Ammerman

 

Equipo artístico

Deseño de vestiario, espazo escénico

e iluminación                       ROBERTO SALGUEIRO

Arranxos vestiario              CLOTILDE VAELLO

Realización atrezo               RODRIGO ROEL

Técnico de iluminación      RTA

Adaptación literaria            ROBERTO SALGUEIRO

Asistente de dirección       NURIA SÁNCHEZ

 

DIRECCIÓN DE ESCENA

Roberto Salgueiro

 

DIRECCIÓN DE ORQUESTRA

Mario Diz

 

DIRECCIÓN DE CANTO

Pablo Ferradás

 

Agradecementos

Escola Municipal de Música do concello de Santiago de Compostela, Centro Dramático Galego

 

A primeira co-produción entre a Aula de Teatro e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago aborda unha adpatación do clásico musical de Sondheim, que dá protagonismo aos músicos en escena e á forza da imaxe. Un texto de humor acedo onde a vinganza é o motor da historia

 

Sweeney Todd
 

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira