Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

6 Sons Creativos

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Concerto de improvisación libre:

quiosco aberto mundo urbano/mundo natural


Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio

 

BASES DA CONVOCATORIA

 

1. Poderán participar todos aqueles músicos maiores de 18 anos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións

2. Prazo de inscricións ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2014

3. As solicitudes poderán presentarse persoalmente no lugar abaixo indicado ou a través do correo electrónico cultura.lugo@usc.es

4. Nas solicitudes deberá constar, en todo caso:

4.1 Nome e DNI do solicitante
4.2 Teléfono e e-mail de contacto
4.3 Instrumento co que participará o solicitante
4.4 Necesidades técnicas que se precisen para a súa participación
4.5 Breve descrición da motivación pola que se inscribe
4.6Resumo da súa traxectoria musical

5. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo

6. A admisión ou non das solicitudes, será comunicada pola organización o día 3 de xuño, ao e-mail facilitado polo solicitante

7. Os solicitantes admitidos terán que facer un ensaio xeral o mesmo día 5 de xuño previo ao concerto

 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases

 

INSCRICIÓNS:

Área de Cultura. Campus de Lugo

Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar

Teléfonos: 982 821 513

Mail: cultura.lugo@usc.es

 

< ATRÁS

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Quiosco da Praza Maior ás 20.30 h

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE

quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural

Coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio.

A improvisación libre: quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural pretende xuntar as enerxías sonoras dos músicos participantes nun concerto aberto a todas as ideas e propostas nun devir aleatorio dende o paisaxístico ao melódico ou simplemente rítmico.

O mundo urbano e a natureza parecen estar de costas musicalmente falando mais como bos amantes ambos son dependentes un doutro a pesar das contradicións aparentes.

Unha reflexión sonora sobre estes temas diversos e distantes é o reto do 5 de xuño no quiosco da Praza Maior de Lugo. Neste concerto participarán membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e estará aberto á participación daqueles músicos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións.

Para poder participar neste concerto é necesario inscribirse previamente na Área de Cultura da USC no Campus de Lugo, no teléfonos:  982 821 513 ou no mail: cultura.lugo@usc.es

 

Grupo de Creación Sonora da USC-GCSUS

DIRECCIÓN: M. Inmaculada Cárdenas

O Grupo de Creación Musical da USC nace no ano 1995 . A idea do grupo era e é desenvolver a creación musical contemporánea, a partir dos conceptos de música concreta e música electroacústica.

O primeiro proxecto que o grupo desenvolveu foi a obra Mosteiro Suite, obra electroacústica dedicada ao mosteiro de Sobrado dos Monxes da Coruña e ó inicio da ópera Serea e o Contador de Contos inspirada nun conto do escritor Gonzalo Torrente Ballester.

Dende ese momento ata hoxe o GCSUS traballou activamente tanto en proxectos con outros espazos da propia universidade como en proxectos coa cidade.

Relación de obras creadas e editadas polo GCSUS:

2001: Música&Arquitectura

2002: Ópera SEREA E O CONTADOR DE CONTOS

2007: O Grupo de creación musical en concerto

2009: Música e entorno

2012: Música, espazos e cidade

Grupo de Creación Sonora da USC-GCSUS

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

Concerto de improvisación libre:

quiosco aberto mundo urbano/mundo natural

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio

 

BASES DA CONVOCATORIA

 

1. Poderán participar todos aqueles músicos maiores de 18 anos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións

2. Prazo de inscricións ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2014

3. As solicitudes poderán presentarse persoalmente no lugar abaixo indicado ou a través do correo electrónico cultura.lugo@usc.es

4. Nas solicitudes deberá constar, en todo caso:

4.1 Nome e DNI do solicitante
4.2 Teléfono e e-mail de contacto
4.3 Instrumento co que participará o solicitante
4.4 Necesidades técnicas que se precisen para a súa participación
4.5 Breve descrición da motivación pola que se inscribe
4.6Resumo da súa traxectoria musical

5. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo

6. A admisión ou non das solicitudes, será comunicada pola organización o día 3 de xuño, ao e-mail facilitado polo solicitante

7. Os solicitantes admitidos terán que facer un ensaio xeral o mesmo día 5 de xuño previo ao concerto

 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases

 

INSCRICIÓNS:

Área de Cultura. Campus de Lugo

Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar

Teléfonos: 982 821 513

Mail: cultura.lugo@usc.es

 

< ATRÁS

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Casa do Saber ás 20.30 h

 

OHN (María Roja + Berio Molina)

Preludio: obras de Daito Manabe, Golan Levin and Zachary Lieberman, Maja Ratkje, Insomnia, Kanta Horio, Pan Sonic, Optrum, Pina Bausch e Alva Noto

Performance:

- creación dixital de paisaxes corporais

Peche: DR. THINK (DJ)

- remix das obras do concerto

 

Como antesala da performance, Ohn prepararannos unha selección de material que inspira o seu traballo e do que parten as súas premisas tanto conceptuais como estéticas. Unha sesión na que se moverán da danza á música dixital pasando por traballos nos que o corpo se constrúe no espazo electrónico.

Neste PRELUDIO, fragmentos de obras propias fúndense nunha montaxe para dialogar e se mesturar cos traballos de artistas como Daito Manabe, Golan Levin and Zachary Lieberman, Maja Ratkje, Insomnia, Kanta Horio, Pan Sonic, Optrum, Pina Bausch ou Alva Noto.

A PERFORMANCE que ofrecerá Ohn parte orixinariamente dun interese en crear unha colección de paisaxes do corpo, sometido este a unha acción non intencional propia ou allea, grazas aos micromovementos ou microeventos producidos a raíz de tal feito. A observación deste realízase dende o que damos en chamar unha estética contemplativa, na que a temporalidade deste acto se estende superando o seu carácter meramente contextual ata facerse tanxible.

Nesta observación do corpo advertimos a existencia dun elemento cromático que se impón, dotando ao conxunto dunha unidade formal moi particular. É o nevus, nome da pigmentación escura da pel popularmente coñecida como lunar. A mirada instintiva vai trazando entre tales puntos unhas liñas imaxinarias de relación, que semellan querer xogar ao modo dos facedores de asterismos;  aqueles conxuntos de estrelas que vistas dende o ceo da Terra parecen formar unha figura, máis non gozan de recoñecemento oficial por parte da comunidade científica. A escala deste exercizo condiciona, pois, a elección do adxectivo micro acompañando a estas persoais constelacións agochadas no corpo: microasterismos.

O desenvolvemento técnico baséase na idea de capas. Esta metáfora, moi empregada nos procesos de edición dixital para facilitar graficamente a manipulación formal, é aquí empregada como un elemento estético sobre o que despregamos a expansión do fenómeno da micro- acción lunar servindo de ponte entre o minúsculo e o maiúsculo.! As capas que conforman esta arquitectura son dúas: A proxección de liñas e o son.  As liñas superpoñen a translación dimensional. Ao unir os lunares con liñas, estes convértense en astros a través da proxección imaxinaria dos asterismos e conviven as dimensións minúsculas dos lunares do corpo coa dimensión maiúscula do espazo.

O audio serve para visualizar a interacción case invisible entre os diferentes elementos (lunares) para potenciar así o imaxinario do espectador cara a percepción dunha nova realidade cunhas novas relacións de comportamento descoñecidas. Esta acentuación da interacción vese reforzada pola proxección de círculos, ondas e colas que mudan de forma dependendo dos datos que o sistema capta desta interacción.

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

OHN (María Roja + Berio Molina) levan tempo experimentando coa creación de paisaxes do corpo, sometendo este a unha acción non intencional propia ou allea, grazas aos micromovementos ou microeventos producidos a raíz de tal feito.

Trátase dun estudo do minúsculo, dun achegamento ao fenómeno dende unha estética contemplativa, co fin de rescatar aqueles trazos significativos de diversos fragmentos do corpo, para que a través da posterior creación dunha sutil estrutura, ese fenómeno se faga visible,  se expanda e manifeste a súa capacidade sedutora. Este proxecto baséase na idea do corpo entendido como paisaxe.  A observación deste realízase dende o que damos en chamar unha estética contemplativa, na que a temporalidade deste acto se estende superando o seu carácter meramente contextual ata facerse tanxible.

Vólvese a ollada cara o inscrito sobre a pel, cara cromatismos, engurras, movementos involuntarios insignificantes en canto non atenden a unha intencionalidade ou expresividade procurada, simplemente están. O ordinario faise coa nosa atención posibilitando unha redescuberta poética do mesmo.

http://berio.alg-a.org/  +  http://mariaroja.com

ohn2.jpg
 
 

 

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

https://soundcloud.com/drthink

drthik.jpg
 

 

< ATRÁS

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Casa do Saber ás 20.30 h

 

ULOBIT

Preludio:  selección de obras que establecen conexións entre vídeo arte, música contemporánea e arte sonora. Obras de Arseny Avraamov, Robert Breer, Bruce McClure, Ryan Connor, Gary Hill, Lia, Rioji Ikeda, Frank Bretschneider, entre outros

Concerto:

- Catro (para zanfona, electrónica e proxección en negro)

Peche: DR. THINK (DJ)

- remix das obras do concerto

Como PRELUDIO ao seu concerto Ulobit propón un repaso polas diferentes prácticas audiovisuais que buscan establecer unha relación de interacción e feedback entre o que escoitamos e o que vemos. Traballos que van dende o optical sound, onde se experimentaba coa produción de son a partir das imaxes que interferían.

O CONCERTO: Ulobit presentará a continuación, un concerto/improvisación inmersivo para pantalla negra e sistema de difusión de audio cuadrafónico. As imaxes xenéranse en tempo real a partir de reflexos e proxeccións directas sobre a óptica dunha cámara para pasar a ser procesadas mediante diferentes mecanismos controlados a partir do fluxo sonoro e as interpretacións xestuais da zanfona.

Partindo dunha formulación de Live vídeo créase un proceso pictórico en tempo real no que diferentes pigmentacións e ritmos transforman a nosa retina e os sons dixitais mestúranse de xeito orgánico coas sonoridades acústicas establecendo un espazo de intercambio entre a síntese sonora contemporánea e as capacidades multitímbricas da zanfona concibida como un instrumento medieval.

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

ULOBIT é un proxecto formado por Ariel Ninas (zanfona), Horacio Gonzalez (vídeo) e Xoan Xil (electrónica) baseado na improvisación e a experimentación, e que se move entre o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas.

As liñas de investigación principais deste traballo creativo céntranse tanto na expansión sonora da zanfona como na preparación deste instrumento mediante múltiples sistemas de control en tempo real que permitan alterar o vídeo mentres dialoga cun  entramado electroacústico tecendo unha rede de interferencias audiovisuais. Ulobit traballa con material visual de diferente procedencia, tanto propio como alleo, realizando traballos de intervención en metraxes de directores galegos como é o caso da produción Vikingland de Xurxo Chirro na que están a traballar para facer a súa primeira edición.

Entre tanto Ulobit teñen participado en diferentes festivais, como ECO (Matadero, Madrid), Pi (Plutón, Valencia),  Espazos Sonoros (Galicia), Vertixe Vigo (MARCO) ou Zona da Zanfona (Rianxo).

www.ulobit.net

ulobit.jpg
 

 

 

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

https://soundcloud.com/drthink

drthik.jpg
 

 

< ATRÁS

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Casa do Saber ás 20.30 h

 

CARLOS SUÁREZ

Preludio: gravacións de campo de Escoitar.org, obras etnomusicais de Asia, África, América, Europa e composicións de Krzysztof Penderecki, Brian Ferneyhoug, Iannis Xenakis e Eleazar Garzón

Concerto:

- In principio erat sonus

Peche: DR. THINK (DJ)

- remix das obras do concerto

 

Como preámbulo ao concerto de Carlos Suárez escoitarase unha variada selección de traballos que determinan o ámbito estético deste artista. Obras que van dende a música contemporánea ás prácticas fonográficas pasando polas sonoridades etnomusicais. Este amplo repertorio inclúe gravacións de campo -European Acoustic Heritage (Escoitar.org) e Auga doce (Escoitar.org)-, exemplos de etnomúsica. -Gagaku (Asia), Agwara Alur (Africa), Vodoum-Rará (América), Fanfare-Ciocârlia-Asfalt Tango (Europa), exemplos de vídeos de obras contemporáneas -De Natura Sonoris (Krzysztof Penderecki), Adagissimo for String Quartet (Ferneyhough)- e exemplos de música electroacústica como La légende d'eer (Xenakis), Las criaturas de orlEGm (Eleazar Garzón).

O CONCERTO:  Carlos Suárez ofrecerá un concerto construído a partir de temas dos seus últimos traballos publicados, Transit mundi, Fin da terra e O Tempo do Desengano. Ademais dunha obra nova baseada na voz de Celso Emilio Ferreiro que completará unha sesión de intensidade sonora onde as gravacións de campo e os sons sintetizados se mesturan coa execución de instrumentos en directo e interludios improvisados.

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

 

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

 

CARLOS SUÁREZ SÁNCHEZ é un compositor, etnomusicólogo e percusionista Galego-Venezolano,  Celanova 1966. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas.

Creou máis de 50 obras acústicas e electroacústicas. Compuxo para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o Caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena no Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras.

Traballou como investigador para FUNDEF (Fundación de etnomusicología e folklore), e gaña no 2006 en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, comezando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org. Realizou máis de 60 concertos, presentando as súas composicións en Venezuela (FLM, TTC), Brasil (Música Hoje), Colombia (Sonema), Perú, Chile (Ai-Maako, Tsonami.cl), Arxentina (Tsonami, CCEBA), Uruguai (CCE), Portugal (Binauralmedia, Miso Music, FuturePlace), Italia (Emufest), Austria (Kapu Linz), Francia (Festival de Bourges, Elektrophonie), Alemaña (Centro Cervantes, Field Recordings Festival), México (World Forum for Acoustic Ecology, CCEMX), USA (Flamingo Festival) e España (VigoTransforma, MARCO, In-Sonora, MACUF, Telenoika, Larraskito, JIEM, Arteleku, SONAR, Experimentaclub + LIMb0, Matadero, Zeppelín, VIBRA, Espazos Sonoros, auditorio 400 Museo Reina Sofía, Foro Creativa 2009, LABORAL Centro de arte). A isto únese o  seu labor divulgativo a través de conferencias e talleres ao redor de temas de electrónica e organoloxía experimental, psicoacústica, fonografía, composición, etnomusicoloxía e paisaxes sonoras.

https://carlossuarez1966.wordpress.com/

carlos-suarez.jpg
 

 

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

https://soundcloud.com/drthink

drthik.jpg
 

 

< ATRÁS

15 / 05 / 14
Categoría: 6 Sons Creativos
Enviado por: webmaster

Casa do Saber ás 20.30 h

 

VERTIXE SONORA

Preludio: Composicións electrónicas históricas do Instituto de Sonoloxía (A Haia) seleccionadas por Kees Tazelaar

- Canon 1 (1964) de Dick Raaimakers versión restaurada para 8 canais de Kees Tazelaar e Johan Van Kreij - Gottfried Michael Koenig: Funktion Grün (1967)

- lechtwerk (1988) de Jan Boerman. Versión para 8 canais de Kees Tazelaar

- Lustre, Section II (2009) de Kees Tazelaar para 8 canais e proxección de vídeo

Concerto:

- Piano Hero #1 (2011-12) de Stefan Prins: para teclado midi, vídeo-proxección e electrónica en vivo

- Ecce Saturnus (2013) de Germán Alonso: para saxofón barítono e electrónica en vivo

- Fail (2010) de Milica Djordjevich para violonchelo e electrónica en vivo

Peche: DR. THINK (DJ)

- remix das obras do concerto

 

O concerto de Vertixe Sonora estará precedido por unha sesión de escoita de obras históricas do Instituto de Sonoloxía (A Haia) que se poderán escoitar nun formato inmersivo de 8 canais de audio.

Esta selección de obras foi realizada por Kees Tazelaar (Xullo 27, 1962), director do propio Instituut voor Sonologie dende 2006 onde estuda entre 1981 a 1983 (Utrecht) e de 1987 a 1989 (A Haia). Posteriormente Kees traballou a composición con Jan Boerman, graduándose en 1993. Dende entón, Tazelaar ensina no Instituto de Sonoloxía, do que é director dende xuño de 2006. Ademais das súas propias obras, colaborou en proxectos de música para teatro de Dick Raaijmakers e Theatergroep Hollandia. Nos últimos anos, dedícase tamén á restauración e reconstrución de obras electrónicas esenciais do pasado, incluíndo composicións de Gottfried Michael Koenig (Klangfiguren II, Ensaio, Terminal), Jan Boerman (Kompositie 1972, Ruïne), Edgard Varèse (Poème Électronique), Iannis Xenakis (Concret PH) ou György Ligeti (Pièce Électronique no.3, Artikulation).

 

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

 

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

VERTIXE SONORA é un colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global que atopan na procura da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser.

Xurde co afán de manter unha estrutura estable de encomendas, favorecer a creación de producións musicais de actualidade e dinamizar o espectro sonoro contemporáneo desde o vértice peninsular dun xeito que resulte significativo nunha perspectiva internacional.

A partires dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ó sonoro establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas da contemporaneidade desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural que non renuncia nin ó rigor, nin á transgresión nin ó espírito de vangarda.

O concerto de Vertixe Sonora estará precedido por unha sesión acusmática multicanal na que se realizará un repaso histórico de obras do Instituut voor Sonologie, selección comisariada por Kees Tazelaar. Este espazo de creación, fundado na Universidade de Utrecht en 1960 baixo o nome de STEM ("Estudio para Música Electrónica") como sucesor ao estudo para música electrónica dos Philips Research Laboratories en Eindhoven, é unha referencia internacional no ámbito da música electroacústica. En 1964, Gottfried Michael Koenig convértese no director artístico do estudio, e dende 1966, o Instituto ofrece un curso anual de música electrónica de renome internacional que continúa ata os nosos días. En 1967 o STEM era renomeado como "Instituto de Sonoloxía”. A atención internacional aumentou en 1971 coa compra dun ordenador PDP-15 no que se desenvolvían programas para composición algorítmica e síntese sonora. Durante os primeiros anos do instituto unha serie de programas históricos foron desenvolvidos alí, incluíndo o SSP e Projekt 1 + 2 de Koenig, PILE de Paul Berg, o MIDIM/VOSIM de Werner Kaegi e o POD de Barry Truax. En 1986, o instituto trasladouse ao Conservatorio da Haia. A investigación actual concéntrase na composición algorítmica, música electrónica en vivo, reconstrucións históricas de música electrónica e de ordenador, gravacións de campo, instalacións sonoras e especialización.

http://vertixesonora.net/

vertixe2.jpg
 

 

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

https://soundcloud.com/drthink

drthik.jpg
 

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira