Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC

03 / 04 / 14
Categoría: XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Aula de Danza NORMAL UDC

Dirección artística: Rut Balbís

ANIMAIS DE HÁBITOS NOCTURNOS

A maioría dos animais mostran patróns de comportamento non moi diferente aos das persoas. Trocar o día pola noite é parte do estilo dalgúns animais. Os animais nocturnos teñen os sentidos máis agudizados. Os seus corpos posúen adaptacións especiais que desenvolven capacidades únicas para atrapar a súa presa.A pesar de que este comportamento se opón á natureza diúrna do estilo de vida humana, estes animais engádenlle calidade a todo o reino animal.

 

Coreografía: Colectiva

Intérpretes: Estefanía Abelendas, Benedetta Cerioli, Tiffani López, Laura Ríos e Kaila San Fabián

Música e Dj en escena: Javier Pérez e Jas Processor

Vestiario: Aula de Danza da UDC

 

aula-de-danza-udc.jpg
 

 

< ATRÁS

03 / 04 / 14
Categoría: XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

COMPAÑÍA INDEPENDENTE DA USC

Cía. KAOS - USC

Dirección artística: Colectivo

A FUXIDA

Monotonía… Estrés… Obrigas… O caos non morre, transfórmase. A orde molesta… non é natural. O caos empuxa a expresar sentimentos, á liberdade de expresión.

 

Coreografía: Colectivo

Intérpretes: Paula Cabrito, Ángeles Dobao, Myriam Gallego, Ipek Guler e Mª José Pérez

Música: Luigi Russollo, The Dust Brothers e Béla Bartok

Láser: Alberto de Austria

Duración: 20 minutos

 

cia-kaos-usc.jpg
 

 

< ATRÁS

03 / 04 / 14
Categoría: XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compañía de Danza da USC- Lugo

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

EMPATÍA

Capacidade para situarse no lugar do outro. Ser consciente de que os demais poden sentir e pensar dun modo igual ou diferente ao noso. Queremos expresar o noso persoal enfoque empático ante as diferentes situacións da vida. Utilizando a escoita e a observación aprendemos e desenvolvemos unha maneira de vivir mellor. A empatía fainos compartir espazos, sensacións, sentimentos … e agudiza os nosos sentidos. É unha das ferramentas coas que se fabrican os soños.

 

Coreografía: Rosa Acuña

Intérpretes: Eva de la Torre, Alba Fernández, Laura Garcia, Nieves Pintos e Miguel de la Torre

Texto: Eva de la Torre

Edición musical e voz en off: Miguel Basanta e Lola Fernández

Vestiario: Espazo de Danza da USC

Duración: 20 minutos

 

usclugo.jpg
 

 

< ATRÁS

03 / 04 / 14
Categoría: XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIOR. PORTUGAL

Cía. TeatrUBI

Dirección artística: Rui Pires

DIAGNÓSTICO: DESGOSTO PATOLÓXICO

Sinto que non hai esperanza no futuro e que as cousas non poden mellorar. Estou farta e insatisfeita con todo. Míranme, xúlganme. Na miña vida nunca tiven problema en darlle á xente o que ela quería. Pero nunca ninguén fixo iso por min.Confiei en ti, ameite, non me doe perderte, pero si a merda das túas falsidades descaradas. Xa nada importa. Son un fracaso como persoa. Meu amor, meu amor por que me abandonaches.

 

Texto: Adaptación libre de Rui Pires a partir de 4:48 PSICOSE de Sarah Kane

Intérpretes: Graça Faustino, Marisa Inglês, Inês Santos, Joanna Santos e Gonçalo de Morais.

Vestiario: TeatrUBI & ASTA

Duración: 15 minutos

 

tetatrubi.jpg
 

 

< ATRÁS

03 / 04 / 14
Categoría: XII Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compañía de Danza da USCompostela

Dirección artística: Juan Carlos Zahera

 

ONDE SE FUGAN AS VALENTES

Nesta peza a experiencia dun encontro entre mulleres é o punto de partida. Pola contra os puntos de fuga serán a nosa escusa para atoparnos, e polo tanto a nosa protección. Non importa o pasado; só o presente que se atopa entre o aquí e o agora. Agora é o momento, imos visibilizar o invisible, ser parte dos lugares que foxen e perdernos entre os froitos dos encontros e desencontros.

 

Coreografía: Xiana Vilas

Intérpretes: Paula Cabrito, Ángeles Dobao, Myriam Gallego, Ipek Guler, Patricia Martínez e Mª José Pérez

Música: Collage musical

Vestiario: Espazo de Danza da USC

Duración: 20 minutos

 

uscompostela.jpg
 

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira