Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Músicas a carón da Mosqueira 2013

05 / 04 / 13
Categoría: Músicas a carón da Mosqueira 2013
Enviado por: webmaster

Ander Tellería

Programa

Preludio e fuga BWV 902 en Sol Maior, de J. S. Bach
Preludio e fuga sobre B-A-C-H, de F. Liszt
Auf flugeln der Harfe, de N. A. Huber
Lo Ballo dell'intorcchia, de A. Valente
Cuarto Tiento del Cuarto Tono, de F. Correa de Araujo
Al pasar la mano de Carlos Trujillo
Danza Oriental, de E. Granados
Danza de la Pastora, de E. Halffter

Ander Tellería Lázaro naceu en Donostia-San Sebastián (País Vasco) e a data de hoxe é unha das maiores promesas de acordeón a nivel nacional. Comezou os seus estudos deste instrumento coa idade de 10 anos e aos 15 iniciou a súa traxectoria de concertista cun recital no Auditori da Acadèmia de Belles Arts de Sabadell. Tan só un ano despois participou nas categorías sénior de concursos internacionais como o International Accordion Prize 'Stefano Bizarri' (ano 2004 en Morro D'Oro, Italia) obtendo altas puntuacións na fase final.

Desde entón a súa inquietude cómo intérprete levouno a actuar en países como Francia, Portugal, Italia, Francia, Alemaña ou Arxentina e colaborou nas gravacións de discos como Star Track (editado por Francisco Escudero Erdi Mailako Kontserbatorioa, 2008), Ander Tellería accordió (editado por Juventuts Musicals de Moià, 2011) e Fantasía Geosinfónica/Galgenlieder (editado polo Conservatorio Superior de Música del País Vasco (Musikene) e Kutxa, 2012). Obtivo diferentes premios nacionais como solista entre os que cabe destacar o Certamen Guipuzcoano de Arrasate (primeiro premio 2009), o Concurs -Sant Anastasi (primeiro premio 2010 e Premio ACDA á mellor interpretación ao acordeón) e Juventudes Musicales de España (primeiro premio 2010 en Murcia), e recentemente obtivo o John Cage International Price in music performance of contemporary music en Halberstadt (Alemaña) co dúo de acordeón e percusión Forner-Tellería.

É membro do dúo de acordeón e guitarra Hausoka co cal realizou diferentes estreas e forma parte do Ensemble Ciklus. O labor de Ander Tellería abarca tamén a colaboración con compositores nos procesos de creación de novas obras nas que se usa o acordeón, ampliando así o repertorio do instrumento. Desa colaboración xurdiron estreas de compositores como M. Urquiza, A. Edler-Copes, C. Trujillo, Z. F. Generabarrena, J.M. Alberdi e R. Lazkano.

Interpretou diferentes concertos para acordeón e orquestra como solista coa orquestra de acordeóns DAOS, e actuou en festivais como Musika-Música, Quincena Musical, Fundación Kursaal, Los Conciertos de Palacio en Medinacelli, Circuito de Música Contemporánea ‘Musikagileak’ etc.

No seu proceso de formación como intérprete recibiu clases dos acordeonistas máis prestixiosos a nivel internacional como son James Crabb, Geir Draugsvoll, Matti Rantanen ou C. Jacomucci. En 2012 finalizou os seus estudos de acordeón no Conservatorio Superior de Música del País Vasco (Musikene) cos profesores Iñaki Alberdi, Aitor Furundarena e Miren Iñarga, e na actualidade realiza un Máster en Interpretación Musical na Hochschule für Musik de Würzburg (Alemaña), cunha bolsa do Goberno Vasco, baixo a tutela do profesor Stefan Hussong.

VOLVER

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira