Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Músicas a carón da Mosqueira 2012

05 / 04 / 13
Categoría: Músicas a carón da Mosqueira 2012
Enviado por: webmaster
Celia Mur e Nono García
 
Voz e guitarra
 
Presentan o seu CD COPLAS MUNDANAS

Celia Mur e Nono García forman un dúo inigualable. O seu repertorio comprende dende a tradición americana do blues, jazz e gospel ata as cancións máis emblemáticas do repertorio latino e español. Hai claras influencias do flamenco e da copla, e tamén da música brasileira ou europea. O resultado conmove o público, transportándoo a través desta xeografía de músicas do Atlántico. Son cancións emotivas que se cantan en castelán, inglés, francés e portugués. Celia pon voz tamén a algúns temas orixinais de Nono García e doutros compositores, como o seu propio pai, Antonio Moya.

O resultado é unha compenetración moi creativa que non deixa a ninguén indiferente, música para emocionar e, ao mesmo tempo, buscar unha linguaxe universal común coa que dialogar coas músicas do mundo: aí atópanse a bossanova, os fados, as habaneras, estándares de jazz, etc., o que ambos os dous definen como “canción planetaria”. Global, e á súa vez, próxima.

En maio de 2011 ve a luz o primeiro traballo titulado Coplas mundanas, editado polo selo Youkali Music e que foi presentado recentemente no Festival de Jazz de Madrid e antes en Granada, Sevilla, Oviedo, Bruxelas, Lyon, …

05 / 04 / 13
Categoría: Músicas a carón da Mosqueira 2012
Enviado por: webmaster
Carme Canela
 
CARME CANELA, voz
JOAN MONNÉ, piano
 
Presentan NOME DE MULLER 

Este é o pretexto que atoparon Carme Canela e Joan Monné para volver a colaborar xuntos: cancións con nome de muller.

A realidade é que se trata dunha especie de escusa, xa que o feito importante é volver a retomar unha traxectoria que xa conta con moitos anos de crecemento e madurez.

Pasaron case quince dende o seu primeiro CD Introducing Carme Canela & trío gravado en 1996. Un tempo que foi moi frutífero, con infinidade de concertos por todo o estado e máis alá das nosas fronteiras. Tamén existe outro CD que plasma a súa particular maneira de entender a música. Trátase de Iris, editado en 2002.

Agora, despois dun tempo onde Carme e Joan traballaron en distintos proxectos, chegou o momento de reencontrarse e de volver a iniciar outra aventura xuntos.

O repertorio de cancións de todo mundo está cheo de títulos con nome feminino.

Encontrámolos na música brasileira, no songbook de estándares americanos, nas composicións das grandes figuras da historia do Jazz, no pop e no rock, na canción de autor...

Tal é así, que non foi difícil elaborar unha selección de temas tan inspirados como Julia dos Beatles, Ana María de Wayne Shorter, Pannonica de Thelonious Monk ou Marta de Joan Manuel Serrat.

05 / 04 / 12
Categoría: Músicas a carón da Mosqueira 2012
Enviado por: webmaster
Abe Rábade Trío

en concerto
ABE RÁBADE, piano
PABLO MARTÍN CAMINERO, contrabaixo
BRUNO PEDROSO, batería

Abe Rábade Trío presenta en directo composicións do seu álbum Zigurat (galardoado co Premio ao Mellor disco de Jazz), ao tempo que visita material orixinal do seu aínda inédito disco A Modo, que conforma o oitavo disco como líder de Abe Rábade. O trío aposta por unha forte exploración rítmica e harmónica, sen esquecer o ánimo manifesto polo melódico. Hai chiscadelas ao repertorio máis ortodoxo do jazz, incluíndo na proposta en directo Counter Facts de Upper Manhattan Medical Group e It´s you or no one, así como o fado portugués Carmencita. Músicas de tan diversa procedencia fíltranse dun modo natural nun trío que, tras catro anos de intenso traballo, segue apostando polo compromiso coa intuición dos seus integrantes e a complicidade co oínte.

O trío de Abe Rábade é unha formación estable dende o ano da súa aparición en Bostón (EEUU) en 1996. A banda gañou o 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo no 2000.

Abe Rábade nace en Santiago de Compostela en 1977. É o fillo máis novo dos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro e irmán da tamén escritora María do Cebreiro. Empezou a súa formación musical aos 4 anos de idade na súa cidade natal. Estudou no Conservatorio de Santiago e en Estudio escola de música. Na súa xuventude trasladouse a EEUU onde perfeccionou os seus estudos e obtivo unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston). En 2000 fixou a súa residencia en Santiago de Compostela.

Pianista, compositor e docente, lidera o seu trío acústico dende 1996. Babel de Sons (2001) é o seu primeiro álbum, un directo que recolle a actuación galardoada co 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi).

Nese mesmo ano, é galardoado co Premio Tete Montoliú ó Pianista Revelación en España da SGAE.

Artista para Karonte Records dende 2004, editou nese ano o GHU! Project vol.1.

En 2006 publicou a produción a trío Playing on Light -7 sounding photos- con Paco Charlín ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. Un traballo programático onde se musican sete fotografías en branco e negro de autores como Ralph Gibson, Dona Ferrato ou Mitsuaki Iwago. A crítica alabou este último traballo elixíndoo como Mellor Disco de Jazz en España de 2006 (Cuadernos de Jazz).

Dende o ano 2006 é o director musical do grupo Eivissa Jazz Experience, unha produción propia do Festival de Jazz de Eivissa. Así mesmo, Abe Rábade é o autor da sintonía oficial do Eivissa Jazz.

En febreiro de 2007 concedéuselle o Premio Aula X ao Mellor Solo nas X Xornadas sobre Jazz da UNED (Melilla).

En 2008 publica con Karonte, Open Doors, a segunda entrega do GHU! Project nun formato a septeto con Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Alan Ferber (trombón), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería).

En maio de 2009 ve a luz o disco Abe Rábade Piano Solo (Karonte Records), finalista mellor disco UFI. En novembro de 2009 publícase Open Doors Live (Karonte), un DVD en directo que recolle a actuación do septeto de Abe Rábade no Teatro Principal de Compostela.

En 2010 grava piano no disco de Kurt Rosenwinkel coa Orquestra de Jazz de Matosinhos en Gaia (Portugal).

En 2010 edita o seu sétimo disco como líder e o cuarto en formato trío: Zigurat, sendo convidado a presentalo en Thailandia, México, Marrocos, República Dominicana, Italia, Hungría, Xapón, Bélxica …

En 2010 recibe, e acepta, un convite dende o templo mundial do jazz, o Lincoln Center de Nova York, (poucos artistas europeos tiveron esa distinción) para tocar co lexendario batería Bill Goodwin.

 

PABLO MARTÍN CAMINERO, contrabaixo. Nace en Vitoria en 1974. A súa actividade musical abrangue a interpretación, a composición e a produción.

Como intérprete destacan as súas colaboracións coa orquestra Bandart baixo a dirección de Gordan Nikolic, música de cámara con María João Pires, así como colaboracións esporádicas con distintas orquestras sinfónicas. Foi membro do Trío de Gerardo Núñez e do Trío e Sexteto de Chano Domínguez. Actualmente acompaña ao guitarrista flamenco Niño Josele e comenza a andadura do seu proxecto Ultra High Flamenco, que propón unha nova visión do flamenco instrumental. Ademais é membro do Trío Howes, Lechner, Martín, no que traballa a improvisación sobre temas provenientes da música clásica e colabora co Trío Novitango.

Como compositor publica o disco Doméstica e firma a música para a película de Antonio Hernández El menor de los males, así como a de numerosos curtametraxes. En 2005 funda, xunto a Paco Salazar o selo discográfico Bost Espacio Creativo, que publica discos de jazz (Israel Sandoval), flamenco (José Manuel León) e tango (Federico Lechner Tango Trío), entre outros moitos. BRUNO PEDROSO, batería. Lisboa. Despois de recibir ensinanzas de músicos establecidos no panorama portugués, frecuenta a Academia de Amadores de Música e a Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal. Estuda en New York con Leon Parker, Carl Allen, Jordi Rossy, Adam Nussbaum e Billy Hart. En 1995 pasa a formar parte do corpo docente da Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal. Dotado dunha versatilidade e musicalidade sobresalientes, Bruno é un dos músicos de jazz portugueses máis solicitados. Tocou e gravou con Zé Eduardo, Nuno Ferreira, Fátima Serro, Kiko, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Tomás Pimentel, Carlos Martins e os irmáns Moreira. Acompaña regularmente a grandes artistas, da escena internacional, que visitan Portugal: Nicholas Payton, Gregory Tardy, Rick Margitza, Aaron Goldberg, Perico Sambeat, Ivan Paduart, Ricky Ford, Richard Galliano, Ron Jackson, entre outros.

BRUNO PEDROSO, batería. Lisboa. Despois de recibir ensinanzas de músicos establecidos no panorama portugués, frecuenta a Academia de Amadores de Música e a Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal.

Estuda en New York con Leon Parker, Carl Allen, Jordi Rossy, Adam Nussbaum e Billy Hart.

En 1995 pasa a formar parte do corpo docente da Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal.

Dotado dunha versatilidade e musicalidade sobresalientes, Bruno é un dos músicos de jazz portugueses máis solicitados. Tocou e gravou con Zé Eduardo, Nuno Ferreira, Fátima Serro, Kiko, Nelson Cascais, Carlos Barretto, Tomás Pimentel, Carlos Martins e os irmáns Moreira.

Acompaña regularmente a grandes artistas, da escena internacional, que visitan Portugal: Nicholas Payton, Gregory Tardy, Rick Margitza, Aaron Goldberg, Perico Sambeat, Ivan Paduart, Ricky Ford, Richard Galliano, Ron Jackson, entre outros.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira