Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Universidade de Santiago de Compostela
Dirección artística: Colectivo

Elucubracións psicanalíticas do comportamento humano: antítese da significación bioxenealóxica (as relacións interpersoais).


En todas as casas cocen fabas, non somos tan diferentes. Dime con quen andas e direiche quen es, facémonos iguais ou xuntámonos cos iguais? E, tamén, sobre a extinción do proceso homeostático dun ser, totalmente definido nalgunhas fases dende un punto de vista neurofisiolóxico, bioquímico e médico, pero aínda non completamente comprendido no seu conxunto dende un punto de vista termodinámico e neurolóxico, existindo discrepancias científicas ao respecto.

 

Coreografía: Creación colectiva
Intérpretes: Gustavo Fouce e Mª José Pérez            
Música: Fetén Fetén, Louis Armstrong e Marilyn Monroe
Vestiario: Gustavo Fouce
Duración:20 minutos

 

zur-danza-usc.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Aula de Dansa de la UAB
Dirección artística: Assumpta Ratés

Misteris

Os misterios da vida cotiáns aos que nos enfrontamos cada día e non buscamos a solución, pois adaptáronse ao noso corpo como o movemento e nós a eles como aos nosos amantes.

Coreografía: Carles Salas
Intérpretes: Andrea Belmonte, Anna Gonzalvo, Claudia Benavente, Davínia Descals, Jordi Sanosa, Judit Manent, Mercedes Sellart e Nohemi Ferrer
Música: J. S. BACH
Vestiario: Aula de Dansa UAB
Duración:18 minutos

 

grup-estable-dansa-uab.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Cía. Teatrubi
Dirección artística: Rui Pires

Parecia que dançávamos. Tu vestido de príncipe e eu nua.

Parecía que danzabamos. Ti vestido de príncipe e eu núa.

Porque estás lonxe e ausente, como camiñas libremente, polos soños da miña infancia, alí, onde saen os soles da medianoite, sombríos e dourados; entre as negras rúas, onde abundan os ladróns de almas. Apoderácheste de todo, ata dos recordos de cando non te coñecía. Estou só. A onde vou? A onde vou? E nunca máis haberá unha resposta. Entrei con pasos de bolboreta e dirixinme ao xardín, á potente lúa. Movíame nun espazo moi fino, rarísimo, entre a luz e a sombra, a morte e a vida. Ámote, a resposta era un silencio ou un xesto ambiguo. Todo era real e irreal como é sempre a vida. Voaron os anos e na noite escura, alá no alto, moi alto, aínda hai unha estrela azul que nos guía.

Coreografía: Rui Pires
Intérpretes: Cristina Enes, Diana Portela, Gonçalo de Morais, Hélio Cabrita, Inês Santos, Marisa Inglês e Sara Pires
Música: Hername is Calla, Tom Odell, Craig Armstrong, Fever Ray e DeVotchKa
Vestiario: Hélio Cabrita, TeatrUBI e ASTA
Duración:20 minutos

 

ub-do-interior.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Universidade de Santiago de Compostela
Dirección artística: Juan Carlos Zahera

5 Elementos

A terra  fainos crecer, o aire dános alento, a auga  réganos, o lume dános calor  e o éter  fainos pensar.

Coreografía: Rosa Acuña
Intérpretes: Eva De la Torre, Caroline de Jesús, Gús Fouce, Aline Marcimiano, Cristina Penalba, Mª José Pérez e Elvira Rúa  
Edición musical: Miguel Basanta
Música: Collage musical
Vestiario: Espazo de Danza USC
Duración:20 minutos

 

usc-lugo.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Universidade de Santiago de Compostela
Dirección artística: Juan Carlos Zahera

Comunicar.
(Do lat. communicāre).

1. tr. Facer ao outro partícipe do que un ten.  Transmitir sinais mediante un código común ao emisor e ao receptor.
2. intr. Dito dun teléfono: Dar, ao marcar un número, o sinal indicador de que a liña está ocupada.
Partindo destas dúas acepcións deste verbo facémonos preguntas ao redor do paradoxo existente  na comunicación entre persoas no contexto actual de hiperconexión virtual e sobre a xestión que somos capaces de facer da información á que temos acceso e coa que somos bombardeados a diario.

Coreografía: Nuria Sotelo
Intérpretes: Raúl Asensi, Mª Ángeles Dobao,  Aida Fernández, Marcos Franco,  Ipek Guler  e Isabel Sánchez
Música: Collage musical
Vestiario: Espazo de Danza USC
Duración:20 minutos

 

usc-compostela.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XI Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Compañía independente da USC
Dirección artística: Colectivo

Raíces Amargas

Hai quen di, que das raíces máis amargas xorden os máis doces froitos. E sendo que o talo nutre dende a súa máis pura esencia, alimentemos esta danza,  ata onde as ramas queiran acadar.

Galicia pon a terra. Nós, a semente

Coreografía: Creación colectiva
Intérpretes: Esther Latorre e Tamara Río        
Música: Mercedes Peón, Berrogüeto, Yann Tiersen, Zoe Keatin e Dulce Pontes
Vestiario: Fíos roxos-USC
Duración: 20 minutos

 

cia-fios-roxos.jpg
 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira