Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC

05 / 04 / 13
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster
Universidade de Santiago de Compostela

Cía. de Danza da USC - SQC  
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
 
Diversos
 
As diferentes culturas son o motor destas pequenas pezas, que misturan sons, caracteis, imaxes, etc, que nos removen nun sen fin de emocións.
 

Intérpretes: Miguel Gendre, Miriam Maril e Diego Gabriel
Coreografía: Amparo Novas
Música: Chango Spasiuk e Rene Aubry
Vestiario: Espazo de Danza da USC
Duración: 20 minutos

05 / 04 / 12
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster

Cía. MU-danza.USC

Cía. MU-danza.USC  
Dirección artística: Colectivo

Vinte caixas

O fío da peza é paralelo ao de calquera mudanza, dende que comezamos a empaquetar as nosas pertenzas ata que ficamos nun espazo baleiro rodeadas de caixas.

 

Intérpretes: Mar Freire, Nieves Neira, Yasmina Ietúm e María Grandío
Coreografía: Creación colectiva
Música: Xavi Louriña e Khachaturian
Vestiario: Colectivo MU-danza
Duración: 20 minutos

05 / 04 / 12
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster
Universidade de Santiago de Compostela

Cía. de Danza da USC - Lugo 
Dirección artística: Juan Carlos Zahera
 
A escoita do Corpo
 
Unha viaxe polo noso mundo interior partindo do son do latir do noso corazón, atopándonos con distintas sensacións, circunstancias e emocións  reflíctese no exterior. Atrancos e encontros que marcan a nosa vida.
Ás veces, un simple obxecto fainos pensar, soñar e espertar a nosa imaxinación durmida.
Escoita, sinte o corpo, e faino latir con forza para que o sintas vivo.

Intérpretes: Alba Andújar, Alba Fernández, Belén González, Andrea Loureiro, Mª José Pérez, Elvira Rúa  e  Nerea Vila

Coreografía: Rosa Acuña
Texto e voz en off: Lola Fernández
Edición musical: Miguel Basanta
Música: Deep meditation drums, Afrocelt  sound system, Cyril Morin e Rene Aubry
Vestiario: Espazo de Danza da USC
Duración: 17 minutos

05 / 04 / 12
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster
Universidade de Vigo

D-ou-tras
Dirección artística: Marta Alonso e Begoña Cuquejo
 
Isto non é…

A través da descontextualización do movemento de pezas clásicas de diversas manifestación artísticas e contando coa ferramenta visual utilizada pola Cía. Traspediante na súa peza “Baleadas”
Intérpretes: Sara Castro, Lorena Dasilva, Alba Regueiro e Zaida González
Coreografía: Marta Alonso e Begoña Cuquejo
Música:  Queyi y Ana, Les Manges Tout e Kusturika
Vestiario: Traspediante
Duración: 15 minutos

05 / 04 / 12
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster
Universidade da Coruña

Aula de Danza da UDC
Dirección artística: Rut Balbís
 
Unha cidade por ser
(Inspirada en Las Ciudades Invisibles  de Ítalo Calvino) 
 
As Cidades Invisibles como gran metáfora da creación e interpretación humana, cos seus sistemas arquitectónicos, sociais e ideolóxicos entrecruzados, o que os homes fan de si mesmos, a súa manifestación. 
Cidades invisibles, irreais, fantásticas, imaxinarias, atemporais, que contrastan coa nosa cidade visible, real, rutineira, caótica e consumista, pero tamén un lugar tecnolóxico, de pensamento e intercambio cultural.

 

Intérpretes: Estefanía Abelenda, Lorena Carballido, Franzi Ende,  Mathilde Leÿs,  Léa Mauguin, Uxía Muiños, Laura Ríos e Liliana Tones
Coreografía: Rut Balbís
Música: Collage musical
Vestiario: Aula de Danza da UDC
Duración: 20 minutos

05 / 04 / 12
Categoría: X Encontro Universitario de danza contemporánea da USC
Enviado por: webmaster
Universidade da Beira Interior - Portugal

Cía. Teatrubi
Dirección artística: Rui Pires
 
Mata-dor
Ao principio comecei a moverme devagar, o xardín era tremendamente mol e eu sentía de forma precisa o xardín-brando, o ar doce e os perfumes, como agullas penetrando todos os meus poros en sangue. Todos os poros estaban abertos e respiraban calor, dozura e cheiros. O corpo totalmente invadido, penetrando, reactuando, a máis pequena célula e poros vivos respirando e tremendo con pracer. Gritei de dor. Corrín. E ao correr o vento zorregábame e as voces das persoas eran chicotes dirixidos a min. Ser tocado! Acaso sabedes o que é ser tocado por un ser humano?

 

Intérpretes: Diana Portela,Gonçalo de Morais e Joanna Santos
Coreografía: Rui Pires
Música: Chango Spasiuk e Rene Aubry
Vestiario: Sergio Novo
Duración: 20 minutos

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira