Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XIX Festival Internacional de Teatro

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 7 ás 20.30 h
MAGIC NIGHT

Compañía de teatro NIE MA
UNIVERSIDADE DE SZCZECIN. POLONIA
Lingua: polaco
Duración 45 min

Señor colega Adam Szarżanowicz
Querido señor colega Wojciech Sandach
Ela Paula Niemczynowicz.

Sobre o espectáculo

Oh, que noite! Semella o soño casual de dous homes solitarios. Enxeñeiro e economista de viaxe que comparten sempre a mesma habitación. De viaxe a xente está soa e aburrida e, en ocasións, acontecen cousas estrañas. Pero sempre convén ter presente que os soños poden ser perigosos. Porque, “estás seguro de que estás soñando?”

 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 8 ás 20.30 h
SUICIDIO COLECTIVO CON ENCANTO

A partir de Delicioso suicidio en grupo de Arto Paasilinna
MARICASTAÑA. Aula de Teatro Universitaria de Ourense
Dirección e dramaturxia: Fernando Dacosta
Duración: 95 min


O paradoxo do título remítenos aos extremos desta obra: a morte a vida. Personaxes que ven na morte a única solución xúntanse nun seminario de "suicidioloxía"proposto por un deles.
Vidas danadas, problemas sen solución aparente, a vida sen sentido tal e como discorre... De alí sairá unha conclusión, como adoita acontecer nos congresos: participarán nun suicidio en grupo, un suicidio colectivo con encanto. E aí comeza o gozoso. Cando se vive cada día coma se fose o último, cando o "carpe diem" golpea as persoas e aflora a humanidade, o gozo, a explosión vital.
Iremos descubrindo o que agocha cada personaxe nunha viaxe desde Galicia á punta máis setentrional de Europa. Unha policía tratará de entender que traen entre mans ese excéntrico grupo dirixido por un coronel, unha directiva de empresa e unha xefa de estudos... E todo iso sazonado dun humor latente durante toda a peza que en ocasións chega a ser humor negro.

REPARTO
Marcos Vázquez     PELAIO Yu Estévez     LOLA Patricia Figueiras     HELIA
Pablo Maijide     MIKO - XEFE DE POLICÍA

Nuria Paz - CLIDE Samuel

Cardoso - NIKULIN

Alberto Medeiros - FABIO Alb

Núñez - ANUSHA

Alicia Fraga - POPEA

Victoria Álvarez - XANA - POLICÍA

Noelia Rodríguez - LAVINIA Alba

da Estevadinha - FRIDA Reyes

Mangue - AFRA Iván

Davila - ISAAC

Sandra Al Ca - KORPELA

Daniel Vázquez - JON

Paco Daza  -  KORPELÍN


LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN María Díaz
ESCENOGRAFÍA, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta

 

suicidio-colectivo-con-encanto.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 9 ás 20.30 h

TESELAS
Microproxectos de actores galegos en formación o ano pasado arrincou dentro do Festival unha andaina pioneira. Unha xornada dedicada a coñecer propostas de estudantes galegos que se están a formar en escolas en arte dramática. Este ano preséntanse tres propostas de diferentes disciplinas: xestual, musical e interpretación da RESAD de Madrid e a Escola de Arte dramática de Vigo.


RESAD (Real Escola Superior de Arte Dramática. Madrid)
- Do itinerario de Teatro de Xesto:  HUMANTA de Vuelta Teatro.  Alba Fernández
- Do itinerario de Teatro Musical:
LOITA DE ARMAS. Sara Fandiño
O RETRATO. Juan Fórneas

ESAD (Escola Superior de Arte Dramática. Vigo)
- Do Grao en Interpretación: O NOSO CORPO PARA NÓS. Eva Gacio Arias e Pablo Bello

 

teselas.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 10 ás 20.30 h
AGAMENÓN. VOLVÍN DO SUPERMERCADO E DEILLE UNHA MALLEIRA A MEU FILLO
de Rodrigo García

Aula de teatro da USC. COMPAÑÍA DE TEATRO
Dirección: Roberto Salgueiro
Duración 55 min

REPARTO

(por orde de intervención)

PAI     Miguel Gendre
NAI     Beatriz Pérez
FILLA     Alba López
FILLO     Miguel Torres

FICHA ARTÍSTICA

Deseños de espazo escénico, figurinos e
iluminación     Roberto Salgueiro
Arranxos vestiario    Clotilde Vaello
Asistencia técnica    Raúl Giraldo (RTA)
Programa e cartel    Gerardo Fuentes
Asistencia de dirección    Clara Martín
Adaptación literaria e dirección    Roberto Salgueiro

Sobre o espectáculo

A proposta que realizamos céntrase en dous conceptos básicos que constrúen o texto de Rodrigo García: a violencia e o humor. Esta mestura constitúe un armazón grotesco que contén unha lectura aceda, tremendamente crítica, sobre o individuo sometido, ao seu pesar, por un sistema que o oprime e sobre o que non ten capacidade de reacción.
A obra completa de Rodrigo García (Bos Aires, 1964) está publicada en La Uña Rota (ed.), co título Cenizas escogidas: Obras 1986-2009.

Agradecementos

Roi Méndez, Mari Carmen Seoane, Eloy Blanco, María Dolores Martínez

A duración da obra é de 55 minutos
Considerámola non apta para menores de 12 anos

 

agamenon.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 11 ás 20.30 h

A POÉTICA TEATRAL DE RVB
A poetica teatral do autor a través do documento audiovisual de ANXELIÑOS por Xose Manuel F. Castro

Ensaio aberto de escenas d’A BURLA DO GALO da Compañía de teatro da UDC dirixida por Rubén Ruibal, no que se comentaran os diversos traballos artísticos da posta en escena, nomeadamente a dramaturxia e o seu carácter bolañés polo propio Ruibal e Xose Manuel F. Castro

A Burla do Galo
de Roberto Vidal Bolaño
Versión libre e non moi respectuosa da Aula de Teatro da UDC (TeatroNORMAL) 2012-13

Reparto:
Miguel Medina (don Esmeraldino)
Mélani Corral (Porfirio)
Bea Martínez Figueroa (A patroa)
Sara Fernández Baldomir (Catalina)
Amelia Da Silva (laverca, Purificación, dama)
Laura Blanco Mata (laverca, frade, dama, poeta)
Leni Prieto (laverca, frade, dama, Signorina Carla, morta)
Diego Franqueira (capitán, cóengo, Marqués de Évora)
Marcelino Fuentes (frade, rexedor)
----------------------------------------------
Dirección:  Rubén Ruibal
Axudantes de dirección: Laura Mariño e Santi Manteiga
Espazo escénico: Iván Casal Nieto
Espazo sonoro: Roberto Casteleiro
Iluminación: Afonso Castro
Fotografía: Mario Horro e Iván Casal Nieto

Coa colaboración do Centro Dramático Galego.

Data de estrea prevista: 10 de abril de 2013, Teatro Rosalía, A Coruña.

A DE BEA:
"A chegada de don Esmeraldino da Cámara Mello de Lima e do seu fiel e servizal criado á cidade compostelá non deixará a ninguén indiferente. Provocarán agravios, espertarán sentimentos de luxuria, envexa e rancor en todos cantos os coñezan; o que non fará máis que incrementar o desexo do Vizconde de Ribeirinha por dar a coñecer a súa nova e acreditada reputación como o mellor galán de todo Portugal".

 

a-poetica-teatral-de-rvb.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 3 ás 20.30 h:  PREESTREA e
Día 12, ás 18.30 h e 21.00 h (2 pases)
ANIMALIÑOS de Roberto Vidal Bolaño
COMPAÑÍA DE TEATRO da USC-LUGO
Dirección e adaptación libre: Paloma Lugilde
Duración 60 min

AFORO LIMITADO: RECOLLIDA DE ENTRADAS  ATA COMPLETAR AFORO DENDE AS 19.00 HORAS O DÍA 3 E DENDE AS 17.00 HORAS

Que somos?
Propietarios!
Para que estamos aquí?
Para adestrarnos!
Con que sagrada misión?
Para mellor gardar do noso xardín
O noso xardín feito con moito amor, moito gusto e que custou os traballos dunha vida, non é o de Versalles pero son 116 m, 11600 cm, 116000 mm de…
Prestamista … capital … prazo amortización … cotas … tipo de xuro ordinario variable … liquidacións por meses naturais vencidos … tipo básico de referencia euribor … tipo de xuro substitutivo … taxa anual equivalente … tipo medio do conxunto de entidades …

e a culpa de todo téñena os caracois, coas súas babas, tal vez con … glufosinato de amonio...
ou tal vez cun pouco de T...E...N...R...U...R...A

Elenco:

Aguiar, Uxía
Ares, Diego
Claro, Lili
Fernández, Natalia
Ferreira, Moncho
Folgueira, Mónica
Guada, Guillermo
Marcimiano, Aline
Miranda, Bea
Pérez, Rubén
Rivas, Roberto
Velasco, Raquel


Técnico de luces: Alfredo Sarille
Técnico de son: Julio Corredoira
Equipo técnico: Luzsonga
Deseño cartaz e programa: TATATA
Fotografía: Mario García Herradón, Sabela Eiriz, Bruno Martínez
Web-blog: Sabela Eiriz
Adaptacións e creacións musicais: Carlos Díaz
Axudante: Manuel Veiga
Espazo escénico: Paloma Lugilde co asesoramento de Manuel Zenitram e as mans de Julio Corredoira e Óscar Lago, partindo da escenografía creada por Suso Díaz para O público no 2006 por encargo desta compañía
Asistente de dirección e produción: Rubén Pérez Pombo
Dirección e adaptación libre: Paloma Lugilde

Coa colaboración imprescindible do Grupo de Intervención da USC-Lugo formado por Mauricio Repetto, Diego Ares, Majo Rodríguez, Tania Luaces, Helena López, Ángeles Pérez, Antón Rodríguez, Aline Marcimiano, Diego Lois, Pablo Iglesias e Alicia Fernández, ademais de Palimoco Teatro, Sonia Díaz, Chelo Trinidad, Edicións Positivas, familia de Roberto Vidal Bolaño e área de Cultura no campus de Lugo.

 

animalinos.jpg
 

< ATRÁS

05 / 04 / 13
Categoría: XIX Festival Internacional de Teatro
Enviado por: webmaster

Día 6 ás 20.00 h na CASA DO SABER
DRAMATURXIA GALEGA

Presentación do libro Banqueiros, coordinado por Francisco Pillado
Lectura dramatizada de CRISE, de Lois Diéguez,
polo GRUPO DE INTERVENCIÓN USC-LUGO

Unha das editoras dedicadas no noso territorio a difundir a dramaturxia galega é Laiovento, que presenta hoxe un volume no que reúne, a través da coordinación de Francisco Pillado, a varios dramaturgos galegos ao redor da situación actual que estamos a vivir. O seu título Banqueiros.
O grupo de Intervención da USC-Lugo, creado este ano no campus, será o encargado de pórlle voz a peza CRISE, do autor Lois Diéguez.
Presentarán: Francisco Pillado e Lois Diéguez.

O GRUPO DE INTERVENCIÓN:
Nace no Taller de Arte Dramática 1 (que tivo lugar de outubro a novembro de 2012) no que 16 participantes deron os seus primeiros pasos no mundo da interpretación, adestramento do actor corporal e vogal e construción da personaxe, rematando a súa actividade en decembro xunto aos compoñentes do Taller de Arte Dramática 2 na Praza Maior da cidade de Lugo coa intervención de  rúa, DE GENET A GAZA. Moitos dos alumnos e alumnas que formaron parte deste taller moitos deles continúan a súa formación na propia Compañía do Campus e outros no novo Grupo de Intervención.
O Grupo de Intervención está formado por 12 integrantes. O seu obxectivo é continuar a súa formación, xa dende a práctica, a través de diferentes accións. Esta lectura dramatizada da peza de Lois Diéguez é unha delas. Tamén estarán integrados no proxecto da propia Compañía da USC-Lugo na súa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, xa que acompañando á mesma farán a intervención espacial ONDE ESTÁ O MEU XARDÍN?, polas diferentes cidades e mostras.

Nesta lectura:
Mauricio Repetto, Diego Ares, Majo Rodríguez, Tania Luaces, Helena López, Ángeles Pérez, Antón Rodríguez, Aline Marcimiano, Diego Lois, Pablo Iglesias, Alicia Fernández
Dirección: Paloma Lugilde
Acompañados da Compañía de Teatro da USC-Lugo
Imaxes: Sabela Eiriz
Música: Carlos Díaz

 

< ATRÁS

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira