Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Teselas

Día 25

Teselas
 
TESELAS

Este ano por primeira vez se convocou a alumnos e alumnas lucenses que estiveran a formarse en escolas publicas de arte dramática para presentar os seus traballos pernate o Festival. Dende a organización parecenos que esta proposta pode artellar vías de comunicación de encontró e de creación moi interesantes e permite a xente que esta  afacer asúa andaina fora poder presentar o seu taballo na súa cidade 
Foron presentados tres proxectos moi interesantes que se poderan desfrutar este día
"Yo mujer" a partir de Medea de Eurípedes. Bárbara Rivas e Alba Fernández. Eatudantes da RESAD , 2º de xestual
"Vacío" a partir de 4.48 Psicosis de Sarah Kane. Bárbara Rivas, Alba Fernández e Cris Sanz Eatudantes da RESAD , 2º de xestual e artista multidisciplinary lucense afincad en Madrid
"Negra sombra". Juan Fórneas. Estudante de 1º de musical na RESAD
 

YO MUJER


"Yo mujer" a partir de Medea de Eurípedes. Bárbara Rivas e Alba Fernández. Eatudantes da RESAD , 2º de xestual
Autor: Creación propia a partir de Medea de Eurípides.


Sinopse: “A inxustiza e o mundo volven a estar revoltos. A miña vida de novo terá nas historias inmensa gloria; honrado será o sexo feminino. Xa non haberá mala fama que pese sobre muller ningunha”. Eurípides.


Duración: 8 minutos aproximadamente.


Equipo artístico: Bárbara Rivas e Alba Fernández


Proxecto: A idea do proxecto nace da súa atracción polo personaxe de Medea, especialmente a de Eurípides, porque a diferencia de Séneca, Anohuil ou Müller, este, mostra unha muller humana, que dubida, sofre e ao enlouquecer por amor, despertará a parte máis cruel do ser humano.
Sempre tivera ganas de representar dalgunha forma o mito de Medea, desde que chega a Corinto co seu marido Jasón, que é na que se centran autores como Eurípides ou Séneca.
Na dramaturxia que establece Eurípides, hai un fragmento case ao comenzo da obra, no que Medea fala ao pobo de Corinto e conta claramente o ocurrido ata o momento, os seus sentimentos e a venganza que está ideando contra o seu marido Jasón, o culpable da súa desgracia. Neste fragmento da obra no que se baseou a creadora para facer a partitura corporal que compón o proxecto.
Á hora de empezar  a crealo, tivo claro que quería facer algo moi corporal. Quería utilizar a linguaxe do teatro-danza con toques post-dramáticos, introducindo o xesto e o texto.
Documentouse co material de Pina Baush, Anne Teresa de Keersmaeker, Jiri Kyliam, Carmen Werner, DV8 physical theatre entre outros, dos cales saquei material para empezar a crear.
Decidín facer a partitura con puntas de ballet, elemento que non ten nada que ver co teatro-danza, pero que creaban unha grande contraste coa atmosfera.


Escenografía
Antes de empezar coa partitura, creou o espazo e a atmosfera: unha árbore triste e seca en referencia a Medea, con follas secas e unha disposición particular.
A árbore estaría na esquina de atrás esquerda e as follas formarían un círculo deixando outro máis pequeno baleiro no centro, na esquina superior dereita.


Espazo sonoro
Decidiu usar o son dunha viola en directo (Alba Fernández) para darlle máis tristeza e forza á escena. Ela representa a dúbida, o sufrimento, a sede de venganza e o medo, en definitiva, a disonancia cognitiva.
De forma que, tocando a viola, modificando a melodía con diferentes tempos e acentos, introducindo contrastes respecto ao movemento da actriz (movemento lento-viola rápida / movemento rápido-viola lenta ou silencio) e tamén con contacto visual, creamos unha relación entra as dúas.
Quería que estivera debaixo da árbore sentada nunha banqueta, así que introducín unha pequena cadeira  na escenografía.


Vestiario
Tivo dúas ideas principais: unha delas era levar un vestido longo branco ou vermello, non moi pegado ao corpo e a outra ir núa cunha bragiña.
A idea do nu era a que máis lle gustaba por cómo vía o seu proxecto e sobretodo por cómo quería representar a Medea. Á parte dunha reinvindicación da mulller, tamén é unha metáfora do seu sentimento; baleira, deshabitada, soa, abondonada e desprotexida. Núa.
"Vacío" a partir de 4.48 Psicosis de Sarah Kane. Bárbara Rivas, Alba Fernández e Cris Sanz Eatudantes da RESAD , 2º de xestual e artista multidisciplinary lucense afincad en Madrid

 

VACÍO, creación propia a partir de 4.48 Psicosis de Sarah Kane.
Autora: Alba Fernández Sánchez (textos de Sarah Kane).
Sinopse:
Cando estás moi, moi baixo, éntrache unha grande habilidade para vivir o momento porque non hai nada máis. Que fas  se sentes que a verdade está detrás de ti? Moita xenta cre que a depresión ten que ver co baleiro, pero en realidade estás tan cheo de todo que se anula. Non podes ter fe sen dúbidas, e que che queda cando non podes ter amor sen odio? (Sarah Kane).
Xustificación do proxecto.
A orixe do traballo xurde a partir da idea de crear unha partitura corporal baseada 4.48 Psicosis, da autora británica Sarah Kane (1971-1999).
A elección do texto non é aleatoria, se non que deriva da súa forza, de ser altamente poético, da potencia das súas imaxes e temas tratados, de ser un texto “aberto” que permite unha posta en escena moi libre, da creatividade transgresora da autora tanto na forma coma no contido.
Sarah Kane escribiu esta obra entre 1998 e 1999. En febreiro de 2000 acadou suicidarse no hospital onde a ingresaron tras os seus numerosos intentos fallidos.
Sen embargo, tal e como din Graham Saunders e Phillip Zarrilli, 4.48 Psicosis é algo máis que unha nota de suicido. En novembro de 1998, Kane escribiu: “I’m writing a play called 4:48 Psychosis … It’s about a psychotic breakdown and what happens to a person’s mind  when the barriers which distinguish between reality and different forms of imagination completely disappear, so that you no longer know the difference between you waking life and your dream life. And also you no longer know where you stop, and the world starts”. (Kane, en Zarilli 09: Páx. 188). Na obra “atopamos un ser desamparado, roto, totalmente desvaído que se debate entre a necesidade de amar e de ser amado e a realidade dunha dor terrible (…) Un ser desgarrado polos conflictos internos que padece, provocados polo seu contorno, pero tamén por unha terapia e unha medicación sumamente agresivas (…) Motivos recorrentes como a fraxilidade e  a esperanza, a vulnerabilidade, o caos externo e interno, a ansia por vivir, a pesar de ser imposible a existencia”.
Deste modo, ao analizar a obra, observo que había dos temas ou sentimentos opostos: por un lado a sede de vida e amor, e por outro, a desesperación que impulsa o desexo de suicidarse. Isto engadía unha maior complexidade ao traballo, xa que se trataba de transmitir e comunicar sensacións contrapostas dentro do mesmo proxecto. Sen embargo, a pesar da complexidade, lle interesaba traballar coa esencia que extraigo da obra, é dicir, cómo o baleiro do corazón pode chegar a impulsar a unha persoa a suicidarse. “Although the text explores what happens to the boundaries within “a persons’s mind”, 4:48: Psychosis is not about an individual character’s mind” Por isto, non quixo representar a figura de Sarah Kane, nin un personaxe en particular, se non que trato de traballar a esencia ou o estado que extraigo do texto, desde ela mesmo puidéndose tratar de calquera persoa.
“O fluxo verbal parece, ou quere, reproducir o pensamento interno, as palabras que discorren pola mente, coas súas incongruencias, asociacións, contradiccións, inconsistencias, baleiros, silencios e pausas (…) é a forma na que discorre a conciencia de calquera ser humano nunha situación extrema, de dor, de enfermidade, de descontrol, de desorientación, de medo”.Tras ler varias veces a obra foi seleccionando os fragmentos que lle parecían máis interesantes. Sen embargo, os seleccionados nun primeiro momento eran demasiados para abordar un proxecto que debía durar 10 minutos, polo que foi cambiando e eliminando algún que compartía a esencia con outro. Así que finalmente seleccionou cinco fragmentos (no primeiro e no quinto xuntou frases que no texto orixinal non están seguidas, pero que corresponden a momentos cercanos á obra, polo que me pareceu apropiado xuntalas nun mesmo bloque), cuxa esencia era diferente, é dicir, tratando de pasar por cinco momentos completamente distintos ao longo da peza. Ademais, comparei traduccións diferentes (en español) co texto orixinal en inglés e fixen algunha adaptación, axustando o texto o máximo posible á versión orixinal.


Equipo artístico
Alba Fernández Sánchez: interpretación e creación.
Bárbara Rivas Aramburu: voz en inglés.
Cris Sanz de Siria: Espazo sonoro.
Espazo escénico – escenografía
Quixo plasmar e representar a través do espazo a dicotomía que hai na mente de esa persoa da que fala Sarah Kane: a realidade e a imaxinación, a vida real e os soños. Facer unha separación entre o público e eu, por un lado representando a separación que existe entre “o mundo” desa persoa e “o mundo” que a rodea e do cal se alonxa ou se ausenta por non entendelo. Por outro lado, para facer unha distinción entre os observadores e a observada, como fan os médicos nun hospital ou nun psiquiátrico.
Posto que a forma e o contido do texto que elixiu a creadora eran xa de por si “transgresores”, non se podía actuar á italiana se non que debía explorar as posibilidades espaciais en relación co público.
A elección final foi construír un cubo de plástico hinchable de 2,50 x 1,40 metros, estando ela no interior deste e o público, de pé, rodeándolle por todos lados, puidendo desprazarse ao redor do cubo.
A elección dunha escenografía hinchable para este proxecto persoal non é unha casualidade, o propio hinchable ten unha vida breve na súa forma inicial e a medida que vai desenvolvéndose a acción vai perdendo aire, ata quedar convertido nunha masa de plástico amorfa. Hai que considerar esta vida paralela do continente e o contido, a dramaturxia do proxecto persoal narra o final dunha vida breve, algo que lle sucede á escenografía e que axuda a reforzar o concepto do efímero na vida humana.
O feito de establecer unha escenografía móvil, algo que o plástico nos permite dadas as súas calidades de lixereza, transformabilidade e resistencia, fai que o corpo e o plástico traballen en colaboración como se a escenografía en certos momentos tamén cobrase vida e traballase en simbiose coa actriz.
O inchable non é nada de que o corpo se introduza nel, a partir deste momento se convirta nunha arquitectura, xa que a súa existencia ou non, ven determinada polas persoas que a habitan. Isto mismo sucede ao final da acción, cando o corpo sae, o plástico deixa de ser arquitectura para converterse en desfeito, ao igual que lle sucede ao corpo cando a alma escapa e só queda carne e óso.
Escenografía a cargo de María José Martínez Sánchez e Antonio Cobo Arévalo.
Espazo sonoro
O espazo sonoro lle parecía importante traballalo. Quería momentos nos que a música estivera acompañando á acción (e/ou ao texto), e outros nos que cobrara a mesma importancia. Tamén quería momentos de silencio (sen música) ou cun son/ruído constante, “de fondo”. Isto non o podía realizar soa a actriz, polo que lle propuxo á artista multidisciplinar Cristina Sanz de Siria, tamén de Lugo, que crease o espazo sonoro pinchando en directo. Durante os ensaios levaron a cabo a creación a través dunha retroalimentación mutua.


NEGRA SOMBRA. Juan Fórneas. Estudante de 1º de musical na RESAD
A proposta escénica estase a traballar na materia Taller de Repertorio de 1º de Interpretación Musical.
Esencialmente é un monólogo dramático no que se irán interpoñendo varias cancións que relacionan a historia que se está a contar:
Ramón é un personaxe que perdeu a súa filla nun accidente de tráfico. A súa situación actual é a dun home solitario, amargado e marxinado. Está obsesionado coa soidade, con atopar alguén que saiba como rescatalo desa etapa escura que está a vivir. Procura o amor, pero ninguén o ve.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira