O certame ten como finalidade alentar e estimular a disciplina da creación de paisaxes sonoras, así como fomentar a educación da escoita e a sensibilización do oído na nosa contorna. Pretendemos destacar a importancia dos sons no noso día a día e a súa capacidade para evocar emocións, contidos culturais e históricos.
Coordina: Arturo Vaquero
Inscrición dende o 1 ao 30 de outubro.
Entrega do traballo:
do 8 ao 10 de novembro
Entrega de premios e escoita: 21 de novembro na Casa do Saber
Premio á mellor paisaxe sonora:
300 € e diploma
Premio á mellor paisaxe feita por estudantado da USC:
200 € e diploma
Premio do público: 100 € e diploma