Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XVIII Maratón Fotográfico do Campus

30 de outubro de 2013

Os premiados nesta edición

PREMIO AO TEMA LIBRE
Fabricio Stefanie Borges
SOMBRA VELOZ
A sombra captura a súa velocidade

PREMIO AO TEMA A CRISE
Mª Vanesa García Villares
DESALOXO
Xente que non se ve

PREMIO AO TEMA O LUGO OCULTO
Diego Rodríguez Rodríguez
A VISTA DA MURALLA
Sobre ti, debaixo de ti … en ti

PREMIO CARLOS VALCÁRCEL á mellor colección
Adrián Outerelo Molina
 
INTIMIDADE ANCIÁ
Envellece inevitablemente aínda que non queiramos ollar

VAI TODO SOBRE RODAS?
Ou imos rodando cara ao precipicio …?

PECHAR A BILLA
Se pechan a billa, a sociedade oxídase

Enlace para descargar o catálogo en pdf: Catálogo XVIII Maratón Fotográfico

O certame
O Maratón Fotográfico do Campus, que se celebra desde hai dezaoito anos, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente desde Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa, que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización, que nesta ocasión tivo como temas centrais a crise, o Lugo oculto, e un terceiro de carácter libre.
Esta edición desenvolveuse o día 30 de outubro, cunha inscrición inicial de 64 persoas das que finalmente entregaron traballos 52. Trátase da participación máis elevadas de todas as edicións, e supón un incremento de aproximadamente un 40% con respecto á participación do ano anterior.
Entre os participantes estaban estudantes universitarios dos distintos centros universitarios do Campus de Lugo (entre eles alumnos procedentes de Rusia, Brasil, Polonia ou China), alumnos da UNED, PAS e profesores universitarios, alumnos doutros centros da cidade de Lugo (como a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Escola de Imaxe e Son ou o IES Politécnico) ou ex-alumnos do campus. Por outro lado e respecto ao xénero, a relación entre mulleres e homes que participaron neste certame foi dun 37% de mulleres fronte a un 63% de homes.

A exposición

En canto á exposición, que se pode visitar a partir do 11 de decembro e ata o día 8 de febreiro Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, a organización fixo unha escolma de fotografías, de forma que todos os autores estivesen representados con algún dos seus traballos presentados ao certame. Seleccionáronse así, ademais dos seis traballos galardoados, unha fotografía por cada un dos autores participantes. O resultado son 54 fotografías de 52 autores, das cales 16 foron presentadas ao tema da crise económica, 17 ao tema Lugo Oculto e 21 pertencen ao tema libre.

Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria

Dende o 11 de decembro de 2012 ata 0 8 de febreiro de 2013
De luns a venres de 9:00 a 21:00 h

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira