Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

VIII Curso de Primavera

1-5 de maio 2012

1 - 5 MAIO 2012
"OH LVX! Vida e Letras milenarias (Lugo 1012-2012)"

PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 23 DE ABRIL

O Curso de Primavera que desde hai oito anos organiza a USC no Campus de Lugo dentro da programación de LUGO CULTURAL, propón este ano unha viaxe a través das pegadas que os seres humanos foron deixando en forma de palabra escrita nos últimos mil anos, baixo o título ‘OH LVX! Vida e Letras Milenarias (Lugo 1012-2012)’.

A organización incorporou ao título do curso unha destacada efeméride: a lauda sepulcral de San Xoán de Tirimol, unha das pezas de maior relevancia das que se conservan no Museo Provincial de Lugo, cumpre o seu primeiro milenio de existencia desde que fora gravada no ano 1012. Sobre esta lauda tratará un dos relatorios das xornadas, nas que participan profesores da USC e doutros centros universitarios e de investigación, que afondarán nos avances acadados en ámbitos como o estudo da linguaxe oral e literaria, a toponimia e o poboamento da área lucense, a arqueoloxía e a paleografía, a edición de textos, a análise das fontes nas investigacións históricas ou a conservación do patrimonio artístico.

Cinco días de programa
O curso comeza o día 1 de maio cunha excursión a Bretoña, Lourenzá e Mondoñedo. O resto de actividades desenvolveranse entre os días 2 e 4 de maio na Facultade de Humanidades (en sesións de mañá e tarde), mentres que última sesión, o sábado 5, terá lugar no Museo Provincial de Lugo, onde tamén se levará a cabo a clausura do encontro.

O Curso de Primavera toma o seu nome dunha actividade desenvolvida nas décadas de 1960 e 1970 polo instituto masculino Lucus Augusti. Na actualidade, o encontro está organizado conxuntamente pola Área de Cultura do Campus de Lugo e a Facultade de Humanidades, e artéllase como un foro de debate e presentación das novidades en investigación sobre o tema elixido cada ano. En edicións anteriores as cuestións que centraron o Curso de Primavera foron, entre outras, o IV centenario da publicación do Quijote, a realidade e as perspectivas das Humanidades, a dinámica das relacións Oriente-Occidente, os dereitos humanos ou os camiños de peregrinaxe.

O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de abril, e os interesados poden dirixirse á Área de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo (teléfono 982 821 513) para recibir información ou formalizar a matrícula. A inscrición no curso ten un custo de tres ou seis euros, segundo se trate da taxa reducida ou xeral, respectivamente.

Esta actividade forma parte da oferta do programa Lugo Cultural para o ano 2012, un proxecto no que participan a USC, a Deputación de Lugo o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

PROGRAMA:


Martes 1 de maio
15: 30 Excursión. (Visita a Bretoña: inscrición fundacional, Lourenzá, Mondoñedo. (Saída da Praza de Bretaña)

Mércores, 2 de maio
11:00. Palabras inaugurais. Presentación das Actas da VII edición do CURSO

11:45. Ana MOURE CASAS (UCM): “Exeria: Problemas filolóxicos”
12:45. Pausa
13:00. María Concepción FERNÁNDEZ LÓPEZ (USC): “De novo a Lauda de Tirimol”

17:00. Eva M.ª CASTRO CARIDAD (USC): “Tradición milenaria na escritura de muller”
18:00. Pausa
18:15. José María ANGUITA JAÉN (USC): “Tres inscricións lucenses máis que milenarias: Bretoña (ERADL?), Quiroga (AVRVM), Lugo (OH LVX!)”

Xoves, 3 de maio
11:00. Carlos BALIÑAS PÉREZ (USC): “De Furore Normanorum...: Lugo e os Normandos na Alta Idade Media”
12:00. Pausa
12:15. Dolores DOPICO (USC): “Permanencia e cambio dunha institución tradicional: o hospitium romano”

16:00. Ana GOY DIZ (USC): “A revalorización de pezas medievais da catedral de Lugo na época barroca: O caso da Virxe dos Ollos Grandes”
17:00. Pausa
17:15. Isabel BECEIRO (CCHS-CSIC): “Figuras fundadoras e benfeitoras da Antigüidade clásica na tradición alfonsí”
18:15. Pausa
18:30. Sesión cinematográfica e fórum: Luis M. FERNÁNDEZ, Isabel BECEIRO

Venres, 4 de maio
11:00. Alexandre VEIGA (USC): “Recitador, copista, paleógrafo, editor. Sobre os problemas de reconstrución crítica dun texto castelán medieval”
12:00. Pausa
12:15. Ricardo PICHEL (UCM): “Problemas de edición de textos galegos medievais”

17:00. Beatriz FERNÁNDEZ HERRERO (USC): “Milenio (utopía) e misión no Novo Mundo: Os franciscanos que foron a América”
18:00. Pausa
18:15. Ana Isabel CARRASCO MANCHADO (UCM): “Análise das fontes literarias para a historia da cultura política na Idade Media castelá”

19:15. Entrega de diplomas

Sábado, 5 de maio
10:00: Visita en Lugo: Praza de Santa María: Contorno catedralicio: Pía de mosaicos, Lauda de Odoario, Ollos Grandes, Texto caligráfico: DISCIPVLVS @NI

11:30: Sesión no Museo Provincial de Lugo:
José M. ANGUITA JAÉN – Fernando GÓMEZ JÁCOME e membros de SÓLO VOCES: Presentación dun pergameo lucense do século XIII, con reconstrución musical dun fragmento litúrxico inédito

Visita no claustro: Lauda de Fraxildo (1012); outras pezas: Lauda de Guntín. Visita xeral
   
Clausura.


LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Salón de actos da Facultade de Humanidades (exceptuadas as visitas e a sesión de sábado e clausura, que serán no Museo Provincial de Lugo)

COMISIÓN COORDINADORA:
María Concepción Fernández López, Profesora Titular de Filoloxía Latina
Mercedes Suárez Fernández, Profesora Titular de Lingua Española
Alexandre Veiga Rodríguez, Catedrático de Lingua Española

RECOÑECIDO CON 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN

DIPLOMAS: Expedirase o correspondente certificado de asistencia e proveito de 30 horas ás persoas inscritas que asistiran polo menos ao 80% das horas.


INFORMACIÓN E MATRÍCULA:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo
Praciña da Universidade, s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 821 513

PRAZO: do 11 ao 23 de abril
TAXA XERAL: 6 €
TAXA REDUCIDA: 3 €
VISITA a Bretoña, Lourenzá e Mondoñedo: 3 € (Inscrición nominal con DNI necesaria) VISITA de sábado e sesión no Museo: sen custo adicional (Inscrición necesaria)
NOTAS:
As visitas son abertas a acompañantes e outros interesados, previa inscrición, e abono taxado
A inscrición para as visitas poderá ampliarse hasta 24 horas antes da actividade se quedasen prazas libres, pero agradecemos a previsión máis anticipada posible.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira