Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

4 Sons Creativos

11-12 de maio 2012

Dedicado a José Luis Carles

CASA DO SABER
11 - 12 maio 2012


PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 7 DE MAIO


O Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS), dirixido por Inmaculada Cárdenas, organiza en Lugo por cuarto ano o encontro ‘Sons Creativos’, que se celebrará os días 11 e 12 de maio na Casa do Saber.

Nesta cuarta edición, o certame estará dedicado ao compositor José Luis Carles Arribas, recoñecido investigador en temas de percepción sonora, análise cualitativa do medio ambiente sonoro e interacción entre estímulos visuais e auditivos. Relatorios, mesas redondas, concertos, obradoiros, instalacións sonoras e performances configuran un amplo programa integrado baixo o título común ‘Música e natureza’, temática que servirá como fío condutor de todas as actividades.

Este encontro enmárcase dentro da oferta do programa Lugo Cultural para o ano 2012, que organizan conxuntamente a USC, a Deputación e o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

Programa de actividades

O venres 11 a xornada ábrese ás 9.30 horas coa mesa redonda ‘Música e natureza: ecoloxía’, a cargo de José Luis Carles Arribas, Cristina Palmese, Juan Gil López e Carlos Suárez. Ás 12.00 horas celebrarase unha segunda mesa redonda, baixo o título ‘Música e natureza: historia e creación sonora’, na que estarán Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo e Miguel Molina, así como alumnos de José Luis Carles Arribas na Universidade Autónoma de Madrid

Entre as dúas mesas levarase a cabo a inauguración oficial do encontro e a presentación do DVD Música, espazos e cidade, no que se recollen as obras estreadas nas tres edicións anteriores.

Na sesión de tarde haberá unha nova mesa redonda (16.30 horas), denominada ‘Música, natureza: pedagoxía’, na que intervirán Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez.

A xornada do venres péchase ás 20.00 horas cun CONCERTO COLECTIVO a cargo dos participantes nas mesas redondas (acompañados de estudantes das súas universidades de procedencia) e de membros do GCMUS.

O sábado 12 haberá unha derradeira mesa redonda (9.30 horas) sobre ‘Música e natureza: tecnoloxía e medios de comunicación’, na que participan, Rocío Garriga Inarejos, Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.

Ás 11.30 horas desenvolverase un taller de creación a cargo de Carlos Suárez, e o encontro rematará ás 13.30 horas cunha performance na que actuarán Berio Molina e María Roja.

Todas as actividades do programa están abertas ao público en xeral, e o programa está recoñecido cun crédito de libre configuración para os estudantes universitarios que o soliciten.


PROGRAMA

VENRES, 11 DE MAIO
•    9:00 a 9,30 h
Entrega de acreditacións
•    9:30 a 11:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: ecoloxía” a cargo de José Luis Carles, Cristina Palmese e Juan Gil López e Carlos Suárez, do espazo interactivo escoitar.org.
11:00 a 11:30 h
Inauguración dos 4º Sons Creativos e presentación do DVD Música, espazos e cidade no que se recollen as obras creadas e estreadas nas tres edicións anteriores dos Sons Creativos.
•    12:00 a 13:30 h
Relatorio e mesa redonda sobre  “Música e natureza: historia e creación sonora” a cargo de Inmaculada Cárdenas, Javier Garbayo, Miguel Molina e o alumno e as alumnas de José Luis Carles da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), Jesús Barranco, Estrella Sánchez e Laura María García.
•    16:30 a 18:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música, natureza: pedagoxía” a cargo de  Adolfo Murillo Ribes, Elena Hidalgo e Mónica Álvarez, profesorado e compositores pertencentes a diferentes estamentos da educación: escola, ensino medio e universidade.
•    18:30 a 20:00 h
Ensaios e preparación do concerto.
•    20:00 h
CONCERTO COLECTIVO con obras José Luis Carles e Cristina Palmese, Miguel Molina, Rocio Garriga, Juan Antonio Lleó, Elena Hidalgo, Antonio Alcázar, Adolfo Murillo Ribes, Juan Gil López, Carlos Suárez e dos membros de GCMUS: Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraím Díaz.

SÁBADO, 12 DE MAIO:
•    9:30 a 11:00 h
Relatorio e mesa redonda sobre “Música e natureza: tecnoloxías e medios de comunicación” a cargo de Rocío Garriga Inarejos,  Juan Antonio Lleó, Jesús Otero-Iglesias e Arturo Vaquero.
•    11:30 a 13:30 h
Taller de creación a cargo de Carlos Suárez de escoitar.org.
•    13:30 h
Presentación dunha performance a cargo de Berio Molina e María Roja e clausura dos 4º Sons Creativos

ACTIVIDADE RECOÑECIDA CUN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN
DIPLOMAS: Expedirase o correspondente certificado de asistencia e bo aproveitamento ás persoas inscritas que asistiran polo menos ao 80% das horas.


INFORMACIÓN E MATRÍCULA:


Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praciña da Universidade, s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 821 513
PRAZO: Ata o 7 de maio (de 9:00 a 14:00 h)
Taxa xeral: 20 €
Taxa reducida : 10 €  (comunidade universitaria da USC, estudantes universitarios e de FP, persoas desempregadas e pensionistas)

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira