Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Na Bocanoite 2020

Do 25 de xuño ao 30 de xullo

Entrada gratuíta mediante convites que se entregarán na Oficina de Cultura no día anterior a cada evento.

Aforo limitado a 86 cadeiras.

NOITE DA DOMUS + LUBICÁN


25 DE XUÑO, 22:30 HORAS
Noite na Domus: Germán Díaz e Celso Rodríguez Cao

2 DE XULLO, 20 HORAS
Best Boy Concerto

9 DE XULLO22:30 HORAS
Noite na Domus: Sólo Voces e Celso Rodríguez Cao

16 DE XULLO, 20 HORAS
M.J. Pérez

23 DE XULLO, 22:30 HORAS
Noite na Domus: Germán Díaz e Celso Rodríguez Cao

30 DE XULLO, 20 HORAS
Agoraphobia

 

Os e as artistas situaranse na terraza da Casa do Saber, e o público asistirá desde o atrio da catedral.

A entrada aos concertos será gratuíta. Os convites —ata un máximo de 2 por persoa— entregaranse por orde de chegada na Oficina de Cultura o día antes de cada actividade, entre as 10 e as 13 horas. No momento da entrega, será preciso indicar o nome completo e o número de DNI das persoas que van asistir, dato que se comprobará o mesmo día da actividade, para poder acceder ao concerto.

Aforo limitado a 86 cadeiras.


MODIFICACIÓNS EN CASO DE CHOIVA:

-Os concertos trasladaranse á Casa do Saber.

-Dividiranse en dúas quendas de 30 minutos:

     -Na primeira quenda (ás 19:30 horas) accederán as entradas desde a núm. 1 á 43.

     -Na segunda quenda (ás 21 horas) accederán as entradas desde a núm. 44 á 86.

USC Campus Terra Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira