Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Na túa cara

Día 22
NA TÚA CARA IN YER FACE*
COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC-LUGO

Na túa cara
 
Elenco:
Alicia: Elba Fernández 
Coello: Raquel Velasco 
Sarah Kane: Bea Miranda 
Marie Keveldon: Mayumys Maristany 
Ian: Rafael De la Fuente 
Cate: Uxía Alonso 
Soldado: Rubén Pérez 
Fedra: Lili Claro 
Doctora 1: Uxía Aguiar
Estrofa: Cristina García 
Hipólito: Manuel Veiga 
Oruga: Candi Soto
Paloma: Uxía Aguiar 
Tinker: Raquel Velasco 
Graham: Ana Vega 
Raíña de corazóns: Loli Rodríguez
Todos como cerebro
 
* in yer face identifícase como movemento á producción de dramaturgos ingleses dos 90
 

FICHA TÉCNICA:
Realización do vestiario: A compañía e Chelo Trinidad
Imaxes: Diego Blanco  
Cancións orixinais: Carlos Díaz
Corrección do texto: Servizo de Normalización Lingüística USC
Técnica: Alfredo Sarille e Julio Corredoira (Luzsonga)
Fotografía: Mario García Herradón
Deseño cartel e programa: tatata
Dirección e dramaturxia: Paloma Lugilde
Agradecementos: Suso Díaz e Ánxeles Cuña por achegarnos Sarah, Palimoco Teatro polo seu apoio constante, a Nives Roca por acompañarno nesta viaxe. á Oficina de Cultura do Campus de Lugo polo seu bo facer e as súas Vicerreitorías. Ao equipo da Aula de Teatro da USC.
 
SIPNOSE:
A violencia que xera calquera guerra, por moi afastada que nos pareza, está nas nosas civilizacións nos denominados tempos de paz, en nós está a semente desa árbore máis do que quixeramos.
Na obra facemos unha viaxe con Sarah a través dos seus personaxes. Trátase dunha caída libre, como a de Alicia de Lewis Carrol.
Todo comeza cos 10 mandamentos. A relixiosidade marcouna dunha maneira moi fonda. Alicia e o coello falan dunha posible PRÓXIMA VEZ,  pero haberá unha próxima vez?
Ao meterse Alicia polo tobo co coello recollen a Sarah e fannos entrar nesta viaxe na que coñeceremos as partes da súa obra: BLASTED (Rebentado), AMOR DE FEDRA, DEGOIRO, ANSIA e como non PSICOSE.
Pero canto máis nos achegamos ao final da súa obra, máis vemos a transformación das personaxes que acompañan a Sarah por ese tobo. O espírito inxenuo de Alicia rómpese froito da violencia xerada. O coello que leva a Sarah na súa caída libre, no último momento, arrepíntese. Dáse conta que el é un traxe máis de Sarah, coma un dos seus personaxes e que se ela morre el tamén o fará, e a nosa raíña de corazóns cambiará o amor violento por un amor máis alá da morte. A única que se salva e Marie Keveldon o pseudónimo de Sarah porque a súa obra permanece .
 
E nós… estamos en caída libre? Diante, a nosa verdade. A fraxilidade diante.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira