Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Na Calzada

Abril 2024

A coral 'Lucus Terra' do IV Ciclo da USC, dirixida por Bruno Villamor Gay, ofrece este luns 8 de abril un concerto sobre música tradicional galega, a partir das 20.00 horas, na Casa do Saber de Lugo, no marco do ciclo 'Na Calzada', promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. O acceso é libre de balde ata completar o aforo.

O programa 'Na Calzada' responde a unha iniciativa, a través do que se dá cabida a novos talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións ao abeiro do Lugo Cultural.

A música tradicional Galega

Coral "Lucus Terra", do IV Ciclo da USC

Director: Bruno Villamor Gay

8 de abril ás 20:00 h.

Casa do Saber


USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira