Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo

Día 23
Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo, escrita por Francisco de Monteser e editada no ano 1651 en Alcalá, con alguna adición respectuosa para a súa posta en escena.

Comedia famosa do cabaleiro Olmedo
 
Dirección: Roberto Salgueiro
Reparto  por orde de intervención:
D. Alonso: Carla Capeáns
Tello, Roi: Lucía Abarrategui
Dona Elvira: Patricia Coucheiro
Don Pedro: Estevo González
Dona Xoana: Cristina Amboage
Don Rodrigo: Fran Paz 
 
 
 

Ficha artística:
Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación: Roberto Salgueiro
Realización espazo escénico e atrezo: Rodrigo Roel
Realización vestiario: Clotilde Vaello
Imaxe do cartel e programa: Elena Tinickaya
Asistencia técnica: Raúl Giraldo (RTA)
Gravacións espazo sonoro: Roi Méndez
Tratamento musical: Fernando Cabo / Patricia Coucheiro
Tradución do texto orixinal: Natalia Vázquez
Adaptación literaria, tradución e dirección: Roberto Salgueiro
Duración: 75 minutos
Francisco Antonio de Monteser (c. 1620-1668) edita nun volume conxunto a obra “Comedia burlesca del caballero de Olmedo” no ano 1651, peza que parodia a de Lope de Vega, “El caballero de Olmedo”, publicada dez anos antes, en 1641. Lope de Vega escribe a súa traxicomedia inspirado nun breve cantar, moi coñecido, que facía referencia con probabilidade a un asasinato acontecido en 1521, e que di: “Esta noche le mataron / al Caballero / la gala de Medina / la flor de Olmedo”. Monteser parodia os arquetipos e situacións que se presentan no texto de Lope, escribindo un texto dunha sorprendente modernidade e que aínda segue a ser un grande descoñecido nos escenarios.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira