Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Celia Mur e Nono García

Celia Mur e Nono García
 
Voz e guitarra
 
Presentan o seu CD COPLAS MUNDANAS

Celia Mur e Nono García forman un dúo inigualable. O seu repertorio comprende dende a tradición americana do blues, jazz e gospel ata as cancións máis emblemáticas do repertorio latino e español. Hai claras influencias do flamenco e da copla, e tamén da música brasileira ou europea. O resultado conmove o público, transportándoo a través desta xeografía de músicas do Atlántico. Son cancións emotivas que se cantan en castelán, inglés, francés e portugués. Celia pon voz tamén a algúns temas orixinais de Nono García e doutros compositores, como o seu propio pai, Antonio Moya.

O resultado é unha compenetración moi creativa que non deixa a ninguén indiferente, música para emocionar e, ao mesmo tempo, buscar unha linguaxe universal común coa que dialogar coas músicas do mundo: aí atópanse a bossanova, os fados, as habaneras, estándares de jazz, etc., o que ambos os dous definen como “canción planetaria”. Global, e á súa vez, próxima.

En maio de 2011 ve a luz o primeiro traballo titulado Coplas mundanas, editado polo selo Youkali Music e que foi presentado recentemente no Festival de Jazz de Madrid e antes en Granada, Sevilla, Oviedo, Bruxelas, Lyon, …

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira