Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Aula de teatro universitaria de Ourense. Grupo Mariacastaña

Día 26

Aula de teatro universitario Ourense
 
UN NOVO MUNDO FELIZ
Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "UN MUNDO FELIZ" de Aldous Huxley
 
Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña
 
REPARTO E FICHA ARTÍSTICA (Por orde de intervención dos personaxes)
Interventor Mundial Mond: José Manuel Mao
Director Tomakin: Héctor Casas
Linda: Ana García
Guía Reserva - Xornalista: Iris G. Requejo
Popé - Profesora: Ledicia Piñeiro
John neno - Fanny: Marielvy Martínez
Mitsima: Reyes Mangue
John o Salvaxe: Hernan Rapetti
Kiakimé - Guía civilización: Daniela Vidal
Henry Fóster: Daniel Vázquez 
Wells - Archichantre: Borja Bobillo
Lenina: Uxía González
Bernard Marx: Yu Estévez
Helmholtz Watson: Miguel García
Oficiante: Alicia Fraga
Doutora: Eva Rodríguez
Gamma, Beta, Alfa, Salvaxes, ... Todos
 
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA
José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
IMAXES
Diego Blanco
VESTIARIO E COMPLEMENTOS
Tegra
DESEÑO MUSICAL
Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA
Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
María Díaz
ESPAZO ESCÉNICO, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Fernando Dacosta

CAMPUS DE OURENSE - SARABELA TEATRO
 
Corremos, porque hai que fuxir da policía e porque as revoltas precisan de xente en primeira liña. As mentiras reiteradas, a falta de perspectiva, a pobreza extrema, levan a un mundo invivible. O caos apoderase de todo o planeta.
Unha promesa de orde ábrese paso desde a escuridade. A solución preséntase diante dos cidadáns da terra. Menos mobilidade, menos coñecemento do outro, colocar a todas as persoas no seu lugar para que ninguén sobre nin falte, logo ir anulando a conciencia de persoas en favor do ben común que nos permite ser felices sempre. O noso traballo está asegurado desde que nacemos porque desde que nacemos sabemos para que estamos capacitados: Clase alta, Alfas. Logo veñen os Beta e están os case homínidos dos Gamma. Todos satisfeitos pola súa condición porque saben que a súa condición é a mellor, porque non poden, nin queren, nin saben ser outra cousa que o que son nin facer outra cousa que o que fan.
A cruz rómpese sistemáticamente pola parte de arriba e todo se ve dominado polo T de Traballo. E hai que traballar polo ben común. Para descansar, para disfrutar, para soñar hai sofisticadas pastillas de Soma perfectamente distribuídas polas farmacéuticas mundiais.
Nada escapa da orde salvo os lugares que non interesan por climatoloxía ou por falta de recursos: as reservas.
Pero sempre hai quen, por erro do sistema, se afasta do que se espera del. E ese “quen” vai ir a unha reserva e coñece a un salvaxe que pode revolucionar a sociedade perfecta. Un salvaxe que ten nai (algo pornográfico) e que non naceu das probetas “infalibles”. A confrontación da orde e o caos volve ao lugar de onde se desterrara e algo atávico comeza a facer presa nos seres perfectos. A superstición e a relixión contra  a racionalidade, Shakespeare contra as repeticións hipnopédicas, a emoción contra a droga, a posesión dos outros contra o sexo libre sen significado… Demasiadas contradicións inesperadas ás que ten que facer fronte este Novo Mundo.
 
GRACIAS
Aos amigos e compañeiros portugueses que nos estimulan sempre: Ao FATAL de Lisboa por cuestionarnos sobre a volta a un teatro de compromiso social, ao TeatrUbi por ser un grupo irmán que nos alenta.
 
Aos que loitan incansables pola liberdade
Aos que cren nun mundo mellor e loitan pola xustiza.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira