Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Curso de Primavera 2026

Abril 2026

O curso de primavera deste ano analiza a realidade actual dos festivais de música en Galicia, explorando desde os macroeventos ata os proxectos locais de base. A través de diversas ponencias e foros, debateranse aspectos organizativos, económicos, lingüísticos e o impacto sociocultural que estes eventos teñen no territorio. Participarán expertos do ámbito académico, do xornalismo e da xestión cultural para debullar a "anatomía" do sector. O programa inclúe presentacións de casos reais, análise de políticas culturais e actuacións musicais en directo.

Todas as actividades son de balde. Poderás inscribirte, ata o 7 de abril, a través deste formulario (máis información en 982821513 / 982821511 / cultura.lugo@usc.es).

Curso de Primavera 2026

ANATOMÍA DOS FESTIVAIS GALEGOS

 

Do macrovento ao microproxecto de base

O sector da música galega vive nas últimas décadas unha explosión de creatividade e diversidade sen precedentes. O Curso de Primavera da Facultade de Humanidades esculcará este ano nas diversas dimensións dunha das expresións deste fenómeno cultural, que son os festivais musicais. Xornalistas, docentes, representantes de festivais e profesionais da música debullarán as distintas capas da anatomía dos festivais: os aspectos organizativo, económico, político, lingüístico e sociocultural.

9 de abril

9:30 – 10:15 Organización dos festivais

• Relatora: María Valcárcel Tabernero (profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xestora cultural)
• Presentación de caso: Foliada da Fonsagrada (A Fonsagrada, Lugo)

10:15 – 11:00 Impactos dos festivais na contorna

• Relator: Miguel A. Fernández Gil (programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica)
• Modera: Raúl Ríos.
• Presentación de casos: Rumboia Viva (Abadín, Lugo), Ou Yeah! (Ourense), Soa Suarna (Navia de Suarna, Lugo)

11:00 – 11:15 Inauguración

11:15 – 11:45 Batuko Tabanka. As prácticas culturais como ferramentas de interculturalidade

• Relatora e presentación de caso: Luzia Oca (investigadora da Universidade de Santiago de Compostela)

12:00 – 14:00 Foro: Lingua, música e comunicación

• Modera: Miguel González
• Rodri Míguez (xornalista musical), Marcos López (Viva Lugo), Noelia Mato Varela (socióloga e investigadora da Universidade da Coruña)
• Presentación de caso: Noceda Rock (Lalín, Pontevedra)
• Encontro Lubicán: Kid Mount

16:00 – 16:45 Foro: Políticas culturais

• Montse Dopico (profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista), Patricia Hermida (Asociación Galega de Empresas Musicais), Tomi Légido (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Manuel Alonso (xerente da Asociación Músicas ao Vivo) e Ramón Barros (promotor musical)

16:45 – 17:30 Macrofestivais e microfestivais: buratos negros e constelacións.

◦ Relator (en liña): Nando Cruz (xornalista)

17:45 – 20:00 Foro: Macro/micro

• Relator: Javier H. Rodríguez (xornalista de El Salto)
• Modera: Álex Losada
• Convidados: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e Escola de Gaitas de Ortigueira (A Coruña), Entrepontes (Rábade, Lugo), Festival de Jazz de Lugo, tele-clube (Lugo), Facela Fest (Lugo)

20:15 Actividade complementaria.

Lubicán: Kid Mount + ünder & Diego Flâneur. Praza de Santa María. (En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria)

16:45 – 17:30 Macrofestivais e microfestivais: buratos negros e constelacións.

◦ Relator (en liña): Nando Cruz (xornalista)

17:45 – 20:00 Foro: Macro/micro

• Relator: Javier H. Rodríguez (xornalista de El Salto)
• Modera: Álex Losada
• Convidados: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e Escola de Gaitas de Ortigueira (A Coruña), Entrepontes (Rábade, Lugo), Festival de Jazz de Lugo, tele-clube (Lugo), Facela Fest (Lugo)

20:15 Actividade complementaria.

Lubicán: Kid Mount + ünder & Diego Flâneur. Praza de Santa María. (En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria)

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira