Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Dúo de canto e piano

 

UN ÁLBUM DE VIAXE

I

ALEMAÑA

Johannes Brahms             Sapphische Ode, op. 94 núm.4                       (3 min.)

(1833-1897)

ITALIA

Ottorino Respighi            Stornellatrice                                              (2 min.)

(1879-1936)

Federico de Michelis, baixo barítono

AUSTRIA

Franz Schubert                Nacht und Träume, D. 827                            (3 min.)

(1797-1828)                    Ständchen, D.957 núm 4                               (3 min.)

NORUEGA

Edvard Grieg                   Jeg elkser Dig, op.5 núm 3                            (3 min.)

(1843-1907)

Ana Capetillo, soprano

REINO UNIDO

Benjamin Britten             Down by the Salley Gardens                           (3 min.)

(1913-1976)

PORTUGAL

Ernesto Halffter               Seis canciones portuguesas núm. 2

(1905-1989)                    Ai que linda moça                                        (3 min.)

FINLANDIA

Jean Sibelius                   Flickan kom ifran sin alsklings mote, op.37 núm.5           (4 min.)

(1865-1957)

Federico de Michelis, baixo barítono

FRANCIA

Erik Satie                       Je te veux                                                  (4 min.)

(1866-1925)

ESTADOS UNIDOS

Aaron Copland                 Long time ago                                             (3 min.)

(1900-1990)                    (de “Old American Songs”, texto popular)

RUSIA

Sergei Rachmaninoff        Augas primaverais, op. 14 núm. 1                  (3 min.)

(1873-1943)

Ana Capetillo, soprano

 

 

II

ARXENTINA

Carlos Gustavino              La siempreviva (A. Vázquez)                         (4 min.)

(1912-2000)                    El sampedrino  (L. Benarós)                          (4 min.)

BRASIL

Waldemar Henrique         Abaluaié (Popular)                                       (3 min.)

(1905-1995)

Federico de Michelis, baixo barítono

MÉXICO

Manuel M. Ponce             Lejos de ti                                                  (3 min.)

(1882-1948)                    ¡Aleluya!                                                    (3 min.)

CUBA

Rodrigo Prats                  Te esperaré                                                (4 min.)

(1909-1980)

Ana Capetillo, soprano

ESPAÑA

Jesús Guridi                    Da zarzuela El caserío

(1886-1961)                    Dúo de Ana Mari e Santi                                (3 min.)

 

Amadeo Vives                 Da zarzuela Maruxa

(1871-1932)                    Romanza de “Golondrón”                              (4 min.)

Federico de Michelis, baixo barítono

Federico Moreno Torroba  Da zarzuela La Marchenera

(1891-1982)                    Petenera "Tres horas antes del día"                 (3 min.)

Ana Capetillo, soprano

Ruperto Chapí                 Da zarzuela La Revoltosa

(1851-1909)                    Dúo de Felipe e Mari-Pepa                             (4 min.)

Ana Capetillo, soprano

Federico de Michelis, baixo barítono

 

 

 

Dúo de canto e piano

Ana Capetillo, soprano

Federico Daniel De Michelis, barítono

Madalit Lamazares, piano

Ana Capetillo. Naceu en México DF, en 1992. En 2008 comezou a súa su formación vogal e musical no taller lírico do mestre Gabriel Mijares, en México. Como alumna dese taller, realizou varios recitais en escenarios como o Instituto Italiano de Cultura, o Teatro Casa de la Paz ou a Fonoteca Nacional, en México. En 2012 conseguiu unha bolsa da Sociedade Artística Sinaloense (SAS). Tamén recibiu leccións maxistrais de Tom Krause e de Renato Bruson. Dende o curso 2013-2014 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía na Cátedra de Canto Alfredo Kraus Fundación Ramón Areces co profesor titular Ryland Davies. Goza de bolsa de matrícula Fundación Juan-Miguel Villar Mir. En 2011 gañou o Terceiro Premio do Concurso de Canto Maritza Alemán de México. Ese ano debutou coa Orquesta Filarmónica de la Ciudad de México, baixo a dirección do mestre José Areán. En 2013 actuou na Convención Coppel, dirixida polo mestre Enrique Patrón de Rueda coa Filarmónica de Querétaro, e no Concerto de Clausura de Tijuana.

Federico Daniel De Michelis naceu en Bos Aires (Arxentina), en 1989. Comezou a tocar o piano con sete anos na Escuela de Música Popular de Avellaneda (EMPA), onde se inclinou cara ao o jazz, o tango e a música popular en xeral. Alí coñeceu ó mestre Orlando Rosas, director coral e orquestral, quen o incorporou ó seu coro persoal, onde fixo os seus primeiros progresos como cantante. Máis tarde, ingresou no Conjunto de Música Prohibita (CMP), dirixido polo mestre Pablo Banchi, con quen estudou e cantou repertorio polifónico sacro antigo. Neste conxunto coñeceu ó director e compositor Rolando Budini, con quen afondou a súa formación en contrapunto ata hoxe en día. Paralelamente, comezou a estudar técnica vocal con Gabriel Renaud e pasou a formar parte do coro da compañía Juventus Lyrica, no Teatro Avenida, onde tamén realizou o rol de Ferrando en Il Trovatore de Verdi. En 2011, tras realizar unha audición no Teatro Argentino de La Plata, accedeu á Ópera Estudio. Posteriormente, comezou a recibir a formación de Omar Carrión ata a actualidade. Dende 2012 a 2013 recibiu clases do profesor Tom Krause na Escuela Superior de Música Reina Sofia, na Cátedra de Canto Alfredo Kraus Fundación Ramón Areces, onde dende 2014 estuda co profesor titular Ryland Davies. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz e Herberto Gut e de residencia Fundación Albéniz. Este ano recibiu das mans da Súa Maxestade a Raíña a Mención de Alumno más Sobresaliente da Cátedra. Asistiu ás leccións maxistrais de Giancarlo del Monaco, Helen Donath, Teresa Berganza e Marjana Lipovsek. Cantou en escenarios como o Auditorio Sony, dentro dos ciclos Recitales de la Praza de Oriente e Euroclassical Online Festival 2014, no Auditorio Nacional de Música, en Madrid, Centro Cultural Nicolás Salmerón ou na Igrexa de San Agustín, Córdoba, entre outros. Como alumno da Escola, é membro do Grupo Voces Tempo da Fundación Orange, baixo a tutela de Ryland Davies.

Madalit Lamazares. Naceu na Habana (Cuba), en 1952. Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal. Posteriormente trasladouse a Venezuela e obtivo o título de profesora executante de Piano no Conservatorio Juan Manuel Olivares de Caracas. Paralelamente cursou estudos na Universidad Católica Andrés Bello desa cidade, onde se gradou como Licenciada en Letras. Dende o curso 2000-2001 é profesora pianista acompañante da Cátedra de Canto Alfredo Kraus Fundación Ramón Areces na Escuela Superior de Música Reina Sofía, co profesor titular Tom Krause e con Manuel Cid. Tamén traballou con Teresa Berganza, profesora titular da Cátedra entre 1999 e 2002. Como profesora desta Escuela participou en diversos concertos en Madrid nas Fundacións Lázaro Galdiano e Caja Madrid, nos Palacios Zurbano e Marqués de Salamanca, Teatro Real, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Academia de Bellas Artes, Museo do Prado, así como en diversos auditorios da Coruña, Santander, Tenerife, León, Vitoria, Córdoba e as embaixadas españolas na Haia (Holanda) e Washington (EE.UU.). Destacan ademais diversas gravacións en CD e para Radio Clásica de RNE. En Venezuela comezou a súa actividade como pianista solista e acompañante, en recitais por todo o país así como no exterior como representante cultural dese país. Tamén participou en recitais auspiciados pola Organización de Estados Americanos (OEA) e a Smithsonian Institution de Estados Unidos. Así mesmo ten no seu haber numerosas gravacións con figuras representativas da arte vocal latinoamericana. Dentro do campo pedagóxico, as súas actividades como mestra repetidora e profesora do repertorio tiveron lugar no Taller de Ópera de Caracas. En 1985 foi contratada polo Teatro Teresa Carreño en calidade de mestra preparadora das tempadas de ópera, actividade que desempeñou ata 1996. Durante ese período tamén participou na preparación das tempadas de ópera do Ateneo de Caracas, a Compañía Nacional de Ópera e a Camerata Barroca de Caracas. En 1986 foi nomeada profesora de Repertorio Vogal do Conservatorio Simón Bolívar e tamén impartiu cursos e talleres de interpretación desenvolvendo unha intensa actividade para outras escolas do país. En 1994 viaxou a Bos Aires, contratada polo Teatro Avenida como directora musical. Alí traballou na montaxe de óperas, operetas, zarzuelas e musicais, proseguindo co seu labor pedagóxico. Colaborou na asesoría artística da Casa da Ópera de Bos Aires, entidade dedicada á promoción de novos cantantes, para a cal participou na preparación e dirección de diversos espectáculos (óperas, zarzuelas, concertos, etc.). Por este interese na formación de novos valores, foi recentemente invitada pola Fundación Beracasa ó festival que con ese propósito organiza e auspicia Radio France na cidade de Montpellier (Francia). Como actividade complementaria, ofreceu numerosas conferencias e impartiu cursos para prestixiosas institucións de Caracas e Bos Aires.

Dúo de canto e piano
 

 

< VOLVER

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo