Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Concerto de improvisación libre

Quiosco da Praza Maior ás 20.30 h

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE

quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural

Coa intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio.

A improvisación libre: quiosco aberto, mundo urbano/mundo natural pretende xuntar as enerxías sonoras dos músicos participantes nun concerto aberto a todas as ideas e propostas nun devir aleatorio dende o paisaxístico ao melódico ou simplemente rítmico.

O mundo urbano e a natureza parecen estar de costas musicalmente falando mais como bos amantes ambos son dependentes un doutro a pesar das contradicións aparentes.

Unha reflexión sonora sobre estes temas diversos e distantes é o reto do 5 de xuño no quiosco da Praza Maior de Lugo. Neste concerto participarán membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e estará aberto á participación daqueles músicos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións.

Para poder participar neste concerto é necesario inscribirse previamente na Área de Cultura da USC no Campus de Lugo, no teléfonos:  982 821 513 ou no mail: cultura.lugo@usc.es

 

Grupo de Creación Sonora da USC-GCSUS

DIRECCIÓN: M. Inmaculada Cárdenas

O Grupo de Creación Musical da USC nace no ano 1995 . A idea do grupo era e é desenvolver a creación musical contemporánea, a partir dos conceptos de música concreta e música electroacústica.

O primeiro proxecto que o grupo desenvolveu foi a obra Mosteiro Suite, obra electroacústica dedicada ao mosteiro de Sobrado dos Monxes da Coruña e ó inicio da ópera Serea e o Contador de Contos inspirada nun conto do escritor Gonzalo Torrente Ballester.

Dende ese momento ata hoxe o GCSUS traballou activamente tanto en proxectos con outros espazos da propia universidade como en proxectos coa cidade.

Relación de obras creadas e editadas polo GCSUS:

2001: Música&Arquitectura

2002: Ópera SEREA E O CONTADOR DE CONTOS

2007: O Grupo de creación musical en concerto

2009: Música e entorno

2012: Música, espazos e cidade

Grupo de Creación Sonora da USC-GCSUS

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

Concerto de improvisación libre:

quiosco aberto mundo urbano/mundo natural

Aberto á participación daqueles músicos que traballen as músicas improvisadas e a experimentación, previa inscrición antes do 30 de maio

 

BASES DA CONVOCATORIA

 

1. Poderán participar todos aqueles músicos maiores de 18 anos que traballen as prácticas improvisatorias, as músicas improvisadas e a experimentación, utilizando a tecnoloxía como base das súas creacións

2. Prazo de inscricións ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2014

3. As solicitudes poderán presentarse persoalmente no lugar abaixo indicado ou a través do correo electrónico cultura.lugo@usc.es

4. Nas solicitudes deberá constar, en todo caso:

4.1 Nome e DNI do solicitante
4.2 Teléfono e e-mail de contacto
4.3 Instrumento co que participará o solicitante
4.4 Necesidades técnicas que se precisen para a súa participación
4.5 Breve descrición da motivación pola que se inscribe
4.6Resumo da súa traxectoria musical

5. O criterio de admisión de solicitudes será a orde de inscrición ata completar as posibilidades de espazo

6. A admisión ou non das solicitudes, será comunicada pola organización o día 3 de xuño, ao e-mail facilitado polo solicitante

7. Os solicitantes admitidos terán que facer un ensaio xeral o mesmo día 5 de xuño previo ao concerto

 

Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola organización. O feito de participar nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases

 

INSCRICIÓNS:

Área de Cultura. Campus de Lugo

Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar

Teléfonos: 982 821 513

Mail: cultura.lugo@usc.es

 

< ATRÁS

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo