Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Vertixe Sonora.Dr. Think

Casa do Saber ás 20.30 h

 

VERTIXE SONORA

Preludio: Composicións electrónicas históricas do Instituto de Sonoloxía (A Haia) seleccionadas por Kees Tazelaar

- Canon 1 (1964) de Dick Raaimakers versión restaurada para 8 canais de Kees Tazelaar e Johan Van Kreij - Gottfried Michael Koenig: Funktion Grün (1967)

- lechtwerk (1988) de Jan Boerman. Versión para 8 canais de Kees Tazelaar

- Lustre, Section II (2009) de Kees Tazelaar para 8 canais e proxección de vídeo

Concerto:

- Piano Hero #1 (2011-12) de Stefan Prins: para teclado midi, vídeo-proxección e electrónica en vivo

- Ecce Saturnus (2013) de Germán Alonso: para saxofón barítono e electrónica en vivo

- Fail (2010) de Milica Djordjevich para violonchelo e electrónica en vivo

Peche: DR. THINK (DJ)

- remix das obras do concerto

 

O concerto de Vertixe Sonora estará precedido por unha sesión de escoita de obras históricas do Instituto de Sonoloxía (A Haia) que se poderán escoitar nun formato inmersivo de 8 canais de audio.

Esta selección de obras foi realizada por Kees Tazelaar (Xullo 27, 1962), director do propio Instituut voor Sonologie dende 2006 onde estuda entre 1981 a 1983 (Utrecht) e de 1987 a 1989 (A Haia). Posteriormente Kees traballou a composición con Jan Boerman, graduándose en 1993. Dende entón, Tazelaar ensina no Instituto de Sonoloxía, do que é director dende xuño de 2006. Ademais das súas propias obras, colaborou en proxectos de música para teatro de Dick Raaijmakers e Theatergroep Hollandia. Nos últimos anos, dedícase tamén á restauración e reconstrución de obras electrónicas esenciais do pasado, incluíndo composicións de Gottfried Michael Koenig (Klangfiguren II, Ensaio, Terminal), Jan Boerman (Kompositie 1972, Ruïne), Edgard Varèse (Poème Électronique), Iannis Xenakis (Concret PH) ou György Ligeti (Pièce Électronique no.3, Artikulation).

 

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

 

http://sonscreativos.weebly.com/

http://www.youtube.com/user/sonscreativos

 

VERTIXE SONORA é un colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global que atopan na procura da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser.

Xurde co afán de manter unha estrutura estable de encomendas, favorecer a creación de producións musicais de actualidade e dinamizar o espectro sonoro contemporáneo desde o vértice peninsular dun xeito que resulte significativo nunha perspectiva internacional.

A partires dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ó sonoro establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas da contemporaneidade desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural que non renuncia nin ó rigor, nin á transgresión nin ó espírito de vangarda.

O concerto de Vertixe Sonora estará precedido por unha sesión acusmática multicanal na que se realizará un repaso histórico de obras do Instituut voor Sonologie, selección comisariada por Kees Tazelaar. Este espazo de creación, fundado na Universidade de Utrecht en 1960 baixo o nome de STEM ("Estudio para Música Electrónica") como sucesor ao estudo para música electrónica dos Philips Research Laboratories en Eindhoven, é unha referencia internacional no ámbito da música electroacústica. En 1964, Gottfried Michael Koenig convértese no director artístico do estudio, e dende 1966, o Instituto ofrece un curso anual de música electrónica de renome internacional que continúa ata os nosos días. En 1967 o STEM era renomeado como "Instituto de Sonoloxía”. A atención internacional aumentou en 1971 coa compra dun ordenador PDP-15 no que se desenvolvían programas para composición algorítmica e síntese sonora. Durante os primeiros anos do instituto unha serie de programas históricos foron desenvolvidos alí, incluíndo o SSP e Projekt 1 + 2 de Koenig, PILE de Paul Berg, o MIDIM/VOSIM de Werner Kaegi e o POD de Barry Truax. En 1986, o instituto trasladouse ao Conservatorio da Haia. A investigación actual concéntrase na composición algorítmica, música electrónica en vivo, reconstrucións históricas de música electrónica e de ordenador, gravacións de campo, instalacións sonoras e especialización.

http://vertixesonora.net/

vertixe2.jpg
 

 

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

https://soundcloud.com/drthink

drthik.jpg
 

 

< ATRÁS

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo