Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

IX Curso de Primavera

do 8 de maio ao 17 de xuño

Salón de actos e salón de graos da Facultade de Humanidades

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Salón de actos e salón de graos da Facultade de Humanidades.

 

COMISIÓN COORDINADORA:

Xaquín Rodríguez Campos.
Catedrático de Antropoloxía Social da USC.
Beatriz Fernández Herrero.
Profesora titular de Filosofía Moral da USC.
Elena Freire Paz.
Profesora contratada de Antropoloxía Social da USC.
Recoñecido con 1 crédito de libre configuración.
Recoñecido con 1 crédito ECTS.
Diplomas: expediráselle un certificado de asistencia e proveitamento a quen asista, como mínimo, ao 80 % das horas lectivas. A entrega farase ao remate do curso.
Homologación para o profesorado do ensino primario e ecundario: solicitada á Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.
Taxa xeral: 10 €.
Taxa reducida: 5 €.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

Ata o 26 de abril ou ata que se cubran as prazas por rigorosa orde de inscrición.
Área de Cultura. Campus de Lugo.
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo.
Praciña da Universidade, s/n.
27001 Lugo.
Tfno.: 982 821 513

 

PROGRAMA:

MÉRCORES, 8 DE MAIO

Salón de actos
10:00 h. Acto de inauguración do curso e entrega de documentación.
11:30 h. Pausa.
12:00 h. Ignacio Ramonet (director de Le Monde Diplomatique):
Xeopolítica das crises. Europa e o mundo en 2013.
17:00 h. Luís García Soto (Titular de Filosofía Moral, USC):
Crises e democracias, onte e hoxe.
18:00 h. María Xesús Nogueira Pereira (Contratada Doutora de Filoloxía Galega, USC): Escribir despois de Auschwitz. A crise de Occidente na poesía galega actual.
19:00 h. Pausa.
19:15 h. Carme Silva Domínguez (Titular de Filoloxía Galega, USC): Inmigrantes na Voz de Galicia, 2010-2012: O paraíso perdido (ou da benvida ao desencanto).
20:15 h. Actividade audiovisual. Dirixida por Martázul Busto
Núñez (Contratada da USC). 

 

XOVES, 9 DE MAIO

Salón de actos
10:30 h. Antonio Doval Adán (Titular de Xeografía Humana, USC): Integración rexional e nacionalismos na Europa do século XXI.
11:30 h. Yolanda Martínez Suárez (Doutora en Filosofía Moral, USC): A negociación das identidades de xénero nos contextos de mobilidade cultural.
12:30 h. Pausa.
12:45 h. Francisco Conde Soto (Profesor contratado de Filosofía, USC): Crise e rehabilitación do suxeito na teoría psicanalítica.
17:00 h. María Dolores Dopico Caínzos (Titular de Historia Antiga, USC): Crise do Estado/crise da sociedade: distintas perspectivas sobre o mundo antigo.
18:00 h. Elena Freire Paz (Profesora contratada de Antropoloxía Social, USC): A crise alimentaria: cando a comida non sacia a fame.
19:00 h. Pausa.
19:15 h. Alba Díaz Geada (Investigadora de Historia Contemporánea, USC): De campesiños a empresarios agrícolas? O declive do mundo rural galego no século XXI.
20:15 h. Beatriz Fernández Herrero (Titular de Filosofía Moral, USC): Mundos posibles: utopía para os tempos de crises.

 

VENRES, 10 DE MAIO

Salón de actos
10:30 h. Jesús Varela Zapata (Titular de Filoloxía Inglesa, USC): O mapa mente, Europa está á marxe.
11:30 h. Saleta de Salvador Agra (Doutora en Lóxica e Filosofía da Ciencia, USC): Subxectividades na Rede, identidades en crise?.
12:30 h. Pausa.
12:45 h. Concepción Fernández López (Titular de Filoloxía Latina, USC): A agonía das humanidades.
17:00 h. José Luis Carreira Valín (Ecoagroturismo Arqueixal): Alternativas da sociedade rural á crise ambiental.
18:00 h. Pausa.
18:30 h. Xavier Vence Deza (Catedrático de Economía Aplicada, USC): A crise da Unión Europea neoliberal.
20:00 h. Recital poético a cargo de Claudio Rodríguez Fer (Cátedra Valente de Poesía e Estética, USC): A poesía nin se compra nin se vende.

 

LUNS, 20 DE MAIO

Salón de graos
18:00 h. Carlos Taibo Arias (Titular de Ciencia Política e da Administración, Universidade Autónoma de Madrid):
En defensa do decrecemento.

 

LUNS, 17 DE XUÑO

Salón de graos
12:00 h. Federico Mayor Zaragoza (exdirector da UNESCO):
Educación, Cultura de Paz e dereitos humanos no século XXI.
Coa colaboración do Seminario Permanente de Educación para a Paz e da Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira