Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Sons Creativos 2019

Do 21 de febreiro ao 5 de maio

Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.

AULA DE CREACIÓN MUSICAL E EXPERIMENTACIÓN SONORA

Dende hai un tempo vimos desenvolvendo unha serie de actividades formativas dentro do festival Sons Creativos, e este ano queremos darlles máis protagonismo a estes contidos creando un programa integral que inclúe tres obradoiros intensivos: dous que continúan afondando nas metodoloxías iniciadas na pasada edición relativas á improvisación multidisciplinar (soundpanting) e á experimentación vocal, e unha nova proposta que nos achegará de xeito práctico e teórico ás estéticas da música dende as vangardas á actualidade. 

Profesores

> Efraím Díaz

> Mónica Álvarez

> Xacobe Martínez

> Inmaculada Cárdenas

Coordina

Xoán-Xil López Rodríguez
www.unruidosecreto.net

Lugar

Escola Municipal de Música de Lugo

Centro de Convivencia Uxío Novoneyra

Rúa Quiroga Ballesteros s/n - Lugo

 A Escola de Música é un espazo que desenvolve unha importante labor na vida musical da cidade de Lugo. Dende a pasada edición dos Sons Creativos vimos colaborando con eles xa que creemos que é unha forma de expandir as actividades realizadas pola USC máis alá da comunidade universitaria dándolle unha dimensión máis ampla.

A Escola de Música colabora económicamente coa financiación dun dos obradoiros, así como poñendo á nosa disposición o equipamento necesario para levar acabo as actividades nas mellores condiciones (aulas apropiadas para práctica musical e unha gran variedade de instrumentos cos que poder traballar nos obradoiros de improvisación).

 DíaXoves

Horario16:30 a 20:30 h

Datas

> 21 e 28 de febreiro

> 7, 14, 21 e 28 de marzo

> 4, 11 e 25 de abril

> Sábado 4 de maio

Prazas limitadas

Máximo 18 alumnos.  Selección por orde de inscrición.

 Prezo da matrícula 

> 30 euros taxa xeral
> Gratuíta para alumnos da universidade e alumnos da Escola de Música. 

Os obradoiros rematarán cun concerto o domingo 5 de maio dentro da programación do festival Sons Creativos, que terá lugar  no Vello Cárcere.

 

 ARTE SONORA E MÚSICA ELECTROACÚSTICA

LUGO: Do 2 o 5 de maio 2018

 2 de Maio 

Programa 2 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque I

En directo: 

Inmaculada Cárdenas

Buzz

 

3 de Maio

Programa 3 de maio

20.00h Casa do Saber

En directo:

Efraím Díaz

Simon Desorgher e David Stevens

 

4 de Maio

Programa 4 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque II

En directo:

Mónica Álvarez

Susan Drone

 

5 de Maio

Programa 5 de maio

20.30h Casa do Saber

Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque III

En directo:

Atilio Doreste

AA.VV.

 

Entrada gratuita ata completar aforo

+info sobre os concertos: sonscreativos.weebly.com

 

 

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira