AULA DE CREACIÓN MUSICAL E EXPERIMENTACIÓN SONORA
Dende hai un tempo vimos desenvolvendo unha serie de actividades formativas dentro do festival Sons Creativos, e este ano queremos darlles máis protagonismo a estes contidos creando un programa integral que inclúe tres obradoiros intensivos: dous que continúan afondando nas metodoloxías iniciadas na pasada edición relativas á improvisación multidisciplinar (soundpanting) e á experimentación vocal, e unha nova proposta que nos achegará de xeito práctico e teórico ás estéticas da música dende as vangardas á actualidade.
Profesores
> Efraím Díaz
> Mónica Álvarez
> Xacobe Martínez
> Inmaculada Cárdenas
Coordina
Xoán-Xil López Rodríguez
www.unruidosecreto.net
Lugar
Escola Municipal de Música de Lugo
Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
Rúa Quiroga Ballesteros s/n - Lugo
A Escola de Música é un espazo que desenvolve unha importante labor na vida musical da cidade de Lugo. Dende a pasada edición dos Sons Creativos vimos colaborando con eles xa que creemos que é unha forma de expandir as actividades realizadas pola USC máis alá da comunidade universitaria dándolle unha dimensión máis ampla.
A Escola de Música colabora económicamente coa financiación dun dos obradoiros, así como poñendo á nosa disposición o equipamento necesario para levar acabo as actividades nas mellores condiciones (aulas apropiadas para práctica musical e unha gran variedade de instrumentos cos que poder traballar nos obradoiros de improvisación).
Día: Xoves
Horario: 16:30 a 20:30 h
Datas
> 21 e 28 de febreiro
> 7, 14, 21 e 28 de marzo
> 4, 11 e 25 de abril
> Sábado 4 de maio
Prazas limitadas
Máximo 18 alumnos. Selección por orde de inscrición.
Prezo da matrícula
> 30 euros taxa xeral
> Gratuíta para alumnos da universidade e alumnos da Escola de Música.
Os obradoiros rematarán cun concerto o domingo 5 de maio dentro da programación do festival Sons Creativos, que terá lugar no Vello Cárcere.
ARTE SONORA E MÚSICA ELECTROACÚSTICA
LUGO: Do 2 o 5 de maio 2018
2 de Maio
20.30h Casa do Saber
Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque I
En directo:
Inmaculada Cárdenas
Buzz
3 de Maio
20.00h Casa do Saber
En directo:
Efraím Díaz
Simon Desorgher e David Stevens
4 de Maio
20.30h Casa do Saber
Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque II
En directo:
Mónica Álvarez
Susan Drone
5 de Maio
20.30h Casa do Saber
Creacións sonoras da UPV (Universidade Politécnica de Valencia) - Bloque III
En directo:
Atilio Doreste
AA.VV.
Entrada gratuita ata completar aforo
+info sobre os concertos: sonscreativos.weebly.com