Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 24 MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS TERRA DA USC (Lugo Cultural)

Dende o 9 de novembro

VELLO CÁRCERE 

HORARIO

Luns de 11 a 14 horas 

Martes e mércores de 11 a 14 e de 17:00 a 20:30 horas 

Xoves, venres e sábado de 11 a 14 e de 17:00 a 22:30 horas 

Domingos de 11 a 14 e de 17:00 a 20:30 horas

Descarga o catálogo aquí 

O CATÁLOGO Descárgao aquí 

Edítase en formato dixital e recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.



O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte catro anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e con maior éxito das que se promoven actualmente dende Lugo Cultural, un convenio no que actualmente están representados, ademais da institución académica compostelá, a Deputación e o Concello de Lugo.

Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

Nesta 24 edición, o Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, desenvolveuse durante a xornada do día 25 de setembro de 2018, orientando os focos das persoas inscritas neste certame cara Os fíos da memoria, que foi o tema proposto pola organización desta convocatoria, e que, do mesmo xeito que en edicións anteriores, conserva a categoría de temática libre, tanto na modalidade dixital como analóxica 



OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

O premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema FÍOS DA MEMORIA a

D. Obed Marshall Díaz, pola fotografía Sombras do pasado

 

O premio á mellor fotografía do tema LIBRE a

D. Iago Viana González pola fotografía XIX

 

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder tamén:

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema FÍOS DA MEMORIA a

D. Diego Rodríguez Lópezpola fotografía Escravos do pasado

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira