Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Exposición Fotográfica 23 maratón fotográfico do Campus Terra

ata o 12 de xaneiro de 2018

PAVILLÓN CENTRAL DO CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
Aberta ao público ata o 12 de xaneiro de 2018
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vinte tres anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria, participan habitualmente nesta cita na que ten cabida a fotografía analóxica e a dixital e na que tamén se deixa vía libre á creatividade dos participantes tanto no tema proposto como na modalidade libre.

Nesta edición, as persoas e as máquinas, a diversidade de relacións, utilidades, necesidades e ata dependencia que as une, constituíron o tema proposto polos organizadores deste 23 Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, un certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan o Concello e a Deputación de Lugo

O foco das cámaras fotográficas das cerca de 40 persoas que formalizaron a súa inscrición nesta cita percorreron o día 26 de setembro do 2017, as rúas, barrios e bisbarras de Lugo, na procura de imaxes, paisaxes e/ou situacións que reflectiran ou simbolizasen a cada vez máis estreita, que non sempre harmónica, relación que une as persoas coas máquinas, tal e como acordaron os membros da organización deste certame aberto a todos os públicos e que xa se ten consolidado como unha homenaxe á fotografía desde Lugo.



EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Na exposición dos traballos presentados a esta XXIII edición do Maratón, figuran tódolos galardoados e unha fotografía por cada autor participante. No acto de inauguración desta, na sala de exposicións do Pavillón central do Centro de Artesanía e Deseño, o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, que da nome a un dos premios, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural, encargáronse de facer pública a decisión do xurado e de entregarlles os premios e diplomas aos participantes.


O CATÁLOGO (Descárgao aquí)

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.


OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

O premio CARLOS VALCÁRCEL á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS foi para Dona Belén Mendaña del Río, pola fotografía “Cando o home gobernaba a máquina”

O premio á mellor fotografía do tema LIBRE para Dona Alba Díaz Fernández, pola fotografía “Mulleres Invisibles "

Á vista da calidade dos traballos, o xurado decidiu conceder tamén: 

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS a Dona Alba Díaz Fernández pola fotografía “As persoas e as máquinas”

Un 2º accésit á mellor fotografía do tema MÁQUINAS E PERSOAS a José Marcos López Álvarez pola fotografía “Persoa atrapada en máquina”

Un 1º accésit á mellor fotografía do tema LIBRE a Breogán Alamancos Millán pola fotografía “Cárcere Abstracta”

Un 2º accésit á mellor fotografía do tema LIBRE a Amalia Gorgoso Pacios pola fotografía que presentou sen título.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira