Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

HISAKO HORIKAWA

12 de xuño

O obradoiro celebrarase na aula de danza e teatro na cidade de Lugo os días 7, 8 e 9 de xuño na aula de teatro sita na Facultade de Veterinaria.

Os días 11 e 12 trasladarémonos a Palas de Rei, para facer os dous días intensivos de práctica na natureza.

A taxa inclúe as comidas e aloxamento en tendas durante a fin de semana.

7-12 de xuño
Taxa xeral: 275 € 
Taxa alumnos da USC: 250 € 

+info e inscricións: 

info3monos@gmail.com

Dentro das actividades que este ano planteaba como novidade Lugo Cultural era apoiar a actividade performática na cidade en espazos naturais.

Dentro de esta finalidade Lugo Cultural apoia a organización de Três monos de traer a Lugo a artista de butoh HISAKO HORIKAWA.
 
O día 12 de xuño a artista realizará unha performance no anfiteatro do Parque Rosalia De Castro
SOLO DANCE 

"Poido escoitar que nalgún lugar estás cantando”

Acto performativo de improvisación no espazo con voz e movemento

Vivimos co corpo?
O corpo non é só un.
Hai moitas partes que están vivas e se organizan entre elas.
O corpo pódenos suxerir a onde nos levará.
Aguzamos o oído cara ao interior do corpo, o interior do obxecto,
o interior do aire…
Escoita, sinte e recibe a motivación do corpo e confía.
Antes do movemento está a sensación.
Somos parte da natureza e parte do mundo.
Estamos entre, no medio.
 
A performance terá lugar as 21:00 h.  en caso de choiva trasladaremonos a Capela de Santa Maria 

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
 
Previa a esta performance a través de tres monos celebrarase un obradoiro na universidade e no concello de palas de Rei 

O obradoiro celebrarase na aula de danza e teatro na cidade de Lugo os días 7, 8 e 9 de xuño na aula de teatro sita na Facultade de Veterinaria.
Os días 11 e 12 trasladarémonos a Palas de Rei, para facer os dous días intensivos de práctica na natureza.
A taxa inclúe as comidas e aloxamento en tendas durante a fin de semana.

7-12 de xuño
Taxa xeral: 275 € 
Taxa alumnos da USC: 250 € 

+info e inscricións: info3monos@gmail.com

-
Biografia da artista: 
Hisako Horikawa (Niigata, Xapón) estudou improvisación musical e traballou como performer antes de bailar. Dende 1978 estivo  investigando co corpo e a danza xunto con Min Tanaka. É cofundadora de Body Weather Laboratory e ata 1998 traballou coa compañía de danza Maijuku dirixida por Min Tanaka. En 1998 comezou a traballar en solitario e volveu a Niigata. Actualmente, dedícase principalmente a facer solos e improvisacións con artistas e músicos de diferentes países. Soe actuar en espazos non teatrais como edificios vellos, fábricas abandonadas, a rúa ou a natureza, e tamén  colabora con artistas locais, músicos tradicionais e salas de teatro non profesionais na súa cidade. Dende 2005 promociona os festivais de danza tradicionais de zonas pequenas Bon Odori. Foi codirectora artística do festival de arte The Water and Land – Niigata Art Festival 2012.
As súas dúas últimas actuacións son The Bear and Wind and Yesterday (2016) e Day and Day (2017).
A súa primeira actuación en España foi un dúo con Min Tanaka no Teatre Lliure no Festival Olímpic de les Arts. Xa en solitario comezou a traballar con Andrés Corchero e L’animal a l’esquena no festival Dies de Dansa de Barcelona en 2001. Participou no festival de danza En Pé de Pedra de Santiago e en La Noche en Blanco en Madrid. Dende 2005 impartiu obradoiros en Estudio3 en Madrid e actuou no Teatro Pradillo e en La Tabacalera de Lavapiés, en 2011 e en 2016 con David Zambrano.

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira