Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

CulturaLab da primavera

20 e 21 de maio de 2017

OLLADAS ARREDOR DA CULTURA CONTEMPORÁNEA
Na Casa do Saber (Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo)
-Entrada libre ata completar a capacidade

As culturas híbridas, os novos espazos de experimentación e creación, a diversidade cultural e o dereito á cultura centrarán os días 20 e 21 de maio a temática das distintas sesións programadas no marco do CulturaLab de Primavera da USC, un programa que se desenvolverá na Casa do Saber de Lugo baixo o título ‘Olladas arredor da cultura contemporánea’ e que nesta edición mestura o tradicional formato dos seminarios de análise e debate xurdidos na década de 1960 no Instituto Masculino (IES Lucus Augusti) de Lugo, cos foros abertos do CulturaLab do Campus Terra.

Estruturado en diversos bloques ou áreas temáticas, o CulturaLab de Primavera da USC converterá Lugo na capital da vangarda da cultura contemporánea, a transformar a cidade nun espazo aberto, de encontro e reflexión arredor da cultura, das súas diversas manifestacións, novos espazos e da súa concepción como dereito. 

Sábado 20 de maio

9:00 - 9:15 h. Inauguración

Cultura híbrida

9:15 - 10:30 h. Cara a unha cultura situada. As hacenderas abertas - Nadia Teixeira, Verónica Verdejo e Daniel Díez (Fundación Cerezales Antonino y Cinia, León)

10:30 - 11:30 h. Novas prácticas artísticas no medio rural. Comunidade e creatividade - Jesús G. Martínez-Albelda (Espacio Matrioska)

11:30 - 12:00 h. Intervención “Pulsos” - Compañía de Danza da USC- Lugo . Praza Pío XII, a carón da escultura conmemorativa de Federico García Lorca

12:00 - 13:00 h. A sociedade enferma e as actividades socioculturais como mecanismo de loita contra o estigma - Sonia Bello (Asoc. Itinera)

13:30 - 14:00 h. Performance - Grupo de teatro Down Soños no Parque Rosalía.

Diversidade e cultura

16:00 - 16:40 h. Museos sociais / Museos sociocráticos: conversas sobre a Rede Museística - Encarna Lago (xerente da Rede Museistica de Lugo)

16:40 - 17:20 h. Presentación proxecto piloto Downseño: deseño gráfico con outra mirada por Tatata e Down Lugo

17:20 - 17:40 h. Debate

Experimentación de novos espazos culturais

17:40 - 18:20 h. De museos e outros espazos para a arte - Miguel Anxo Rodriguez (profesor do Departamento de Historia da Arte da USC)

18:20 -  19:00 h. Laboratorio cultural? Benidorm - Ergosfera

19:00 - 19:40 h. Debate

19:40 - 20:00 h. Clausura da xornada do sábado

page1image59072 page1image59232

Domingo 21 de maio

O dereito á cultura

10:00 - 13:30 h. Obradoiro participativo sobre o dereito á cultura

14:00 h. Performance: Agallope Performers: María Roja en colaboración con Santi Romay. Lugar: Tramo da Muralla comprendido entre a Porta de Santiago e a Porta de Bispo Odoario 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira