Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Lubicán 2017

do 24 de febreiro ao 8 de xuño

ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO

 

Como cada ano, chega Lubicán, da man de Lugo Cultural. Este ano dividimos Lubicán en tres miniciclos:

Lubicán Intimo : Será os vernes, e contará coa presentación de traballos discográficos de profesionais en acústico, salvo na inauguración do mesmo que queremos dar cabida a un grupo lugués que presenta novo disco: Milesios.

Xoves de moda: Como actividade complementaria a Lubicán, os Xoves de moda, nos que podemos , máis de preto,  coñecer proxectos  interesantes en outras artes. Nesta ocasión , o grupo Chévere, o traxe tradicional e o documental feito dende unha productora Monfortina son os nosos protagonistas.

Lubicán: Un xoves ao mes grupos de raíz galega ou galegos traballando fora, presentarán os seus últimos traballos. A recuperación de espazos naturais onde gozar da música feita da man de galegos. A Praza de Santa María será o lugar elixido para dous dos concertos,  a pé de pedra, sen utilización de escenario, e recorrendo as escalinatas do bispado como lugar para o público e a praza como espazo escénico.

 

LUBICÁN
(xoves)

30 de marzo-21:00 h Casa do Saber
Ataque Escampe
“ Primeiros Bicos” 

27 abril-21:00 h Praza de Santa María (En caso de choiva Auditorio Facultade de Veterinaria) 
Crebinsky
“ Zirkus Affe”

25 maio - *Por perigo de tormenta será ás 21.00 h. no Auditorio Gustavo Freire

León Benavente
“2”  


XOVES DE MODA
(Xoves Casa do Saber 21:00 h.)

9 marzo
Documental “ Os días Afogados” e encontro cos seus directores Luis Avilés e Cesar Souto

11 maio Cóntoche un traxe con  
Montse Rivera

8 de xuño  
Obradoiro do espectador con Chévere: Xesús Ron e Patricia de Lorenzo


LUBICÁN ÍNTIMO
(Venres Casa do Saber 21:00 h.)

24 de febreiro
Milesios
“ Indoevindo”

3 de marzo
Xoán Curiel
“ Ecuacións”

21 de abril *Concerto anulado  por causas persoais do grupo*
Mónica De Nut, voz e Luís Martíns, arpa
“ Raíces aéreas”

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira