Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

EXPOSICIÓN 22 MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS 2016

Ata o 20 de novembro de 2016

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 

XXII maratón fotográfico do campus (Lugo Cultural)
Sala de Exposicións Capela de Santa María
Ronda da Muralla
Horario: luns a venres 10.30 - 14.00 e 17.00 - 20.00 h. Sábados 17.00 - 20.00 h. Domingos e festivos 11.00 - 14.00 h.
Ata o 20 de novembro de 2016


O CERTAME

Esta iniciativa, que se vén celebrando dende hai vintedous anos coa colaboración do Grupo Cinematográfico FONMIÑÁ, configura unha das actividades máis consolidadas e exitosas das promovidas actualmente dende Lugo Cultural. Fotógrafos máis ou menos profesionais ou afeccionados de dentro e fóra da comunidade universitaria participan habitualmente desta iniciativa que os leva a buscar durante unha xornada a imaxe que mellor resuma os temas propostos pola organización.

Nesta edición que sempre se desenvolveu durante a xornada do día 20 de setembro, AS ÁRBORES, na súa acepción máis ampla e como elemento transversal que conecta espazos urbanos e naturais, constituíron o tema, proposto polos organizadores, dun certame aberto a todos os públicos e que xa se ten consolidado como unha homenaxe á fotografía desde Lugo. 

O foco das cámaras fotográficas das persoas que formalizaron a súa inscrición nesta cita percorren rúas, barrios e bisbarras luguesas na procura de imaxes, paisaxes naturais ou simbólicas de árbores, ademais das de temática libre tal e como se contempla nas bases.


EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

Na exposición dos traballos presentados a esta vixésima primeira edición do Maratón, figuran todos os galardoados e unha fotografía por cada autor participante No acto de inauguración desta exposición, celebrado o día 26 de decembro de 2015 na sala de exposicións da Capela de Santa María, o fotógrafo lucense Carlos Valcárcel, que da nome a un dos premios, Eduardo Ochoa do grupo Fonmiñá e os representantes de Lugo Cultural: Carmen Basadre Vázquez, Concelleira Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Andrés Barreiro Lois, Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo e Pilar García Porto, Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, foron os encargados de facer público o fallo do xurado e de entregarlles os premios, os diplomas e o catálogo aos participantes.


O CATÁLOGO

Este catálogo, que se edita en formato dixital, recolle, ademais dos traballos premiados, unha selección representativa das fotografías presentadas ao certame organizadas por temas.


OS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema ÁRBORES”

A María Jesús Varela Pulpeiro pola fotografía Árbore

Premio á mellor fotografía do tema LIBRE:
A José Marcos López Álvarez pola fotografía Familia terrícola morta por mor do lixo espacial

1º Accésit á mellor fotografía do tema ÁRBORES:
A Patricia Fernández Pereira pola fotografía O pasar do tempo non é só un reloxo

2º Accésit á mellor fotografía do tema ÁRBORES:
A José Marcos López Álvarez pola fotografía Árbore e a sombra dunha casa.

Accésit á mellor fotografía do tema LIBRE:
A Breogán Alamancos Millán pola fotografía Mans

 

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira