Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

8 Sons Creativos 2016

Do 3 ao 6 de maio

ARTE SONORA E ELECTROACÚSTICA

Na Casa do Saber. Maio 2016.
Entrada gratuíta ata completar aforo

*INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación
Praza Pío XII, s/n
27001 Lugo
Teléfono: 982 821 513
cultura.lugo@usc.es

 

[Sons Creativos 2017]

(Do 25 ao 28 de maio). Tendo en conta o labor do GCMUS e a música experimental no Campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.

Os 8 Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación: o mundo da música Electroacústica e da Arte Sonora. Nesta edición do proxecto séguese apostando por difundir e achegar ó público estas dúas formas de creación sonora desde o foro de creación que segue sendo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS).

PROGRAMA:

Entrada gratuíta ata completar aforo
Casa do Saber //

3 de maio (20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero, Mónica Álvarez e Efraim Díaz.
Concerto en directo: Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS)

4 de maio (16.30 h.)
Obradoiro de informática musical para a creación de paisaxes sonoras por Arturo Vaquero.
Prazas limitadas. Inscricións ata o 2 de maio.
(20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Edson Zampronha
Concerto en directo: Voltage Opposites

5 de maio (20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Elena Hidalgo e Danio Catanuto
Concerto en directo: Vertixe sonora

6 de maio (16.30 h.)
Obradoiro Dominando a voz - exploración sonora por Mónica Álvarez
Prazas limitadas. Inscricións ata o 2 de maio.
(20.30 h.)
Escoita de obras electroacústicas: composicións de Juan Antonio Lleó e Orlando García
Concerto en directo: Control and Unpredictability

http://sonscreativos.weebly.com/ -

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira