Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXII Festival de Teatro Universitario da USC 2016

Do 8 ao 19 de abril

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADErecollendo previamente a entrada.

A capacidade da función O público de García Lorca está limitada a 100 persoas. As entradas recóllense exclusivamente na Oficina de Cultura a partir do día 12 de abril, entre as 9:00 e as 14:00 horas (máximo de dúas entradas por persoa).

Para asistir ao pase de institutos, aos ensaios abertos e ao taller de adestramento, é precisa a reserva previa, no teléfono 982 821 513 (entre as 9:00 a 14:00 horas). Prazas limitadas.

 

[Festival de Teatro Universitario 2017]

(22 ao 27 de marzo). Importante para a cultura teatral da cidade, xa que a Aula de Teatro da USC-Lugo foi berce de moitos dos que hoxe se adican de maneira profesional ao teatro.

O Festival como foro de encontro entre as diferentes compañías de teatro de Galicia. O teatro universitario é o que experimenta e está na vangarda. Tamén dende hai anos un día dedícase a alumnos/as de teatro que están traballando en escolas de fóra de Lugo para que expoñan os seus microproxectos.

 

[Produción da Compañía de Teatro USC-Lugo 2017]

Fundamental para que esta Compañía con anos de historia siga a existir é o apoio de Lugo Cultural. No seu haber recibiu varios recoñecementos. A última produción O público de Federico García Lorca, recibiu mencións especiais en diferentes festivais e segue en xira. Este ano coa nova montaxe que se estreará o 22 de marzo, os lucenses poderán asistir a evolución da creación nos ensaios abertos.

As saídas da Compañía a outros festivais fan que as entidades asinantes do Convenio, teñan visibilidade non só na nosa cidade senón fóra dela.

Así mesmo este ano a Compañía do 4º Ciclo da Universidade, porá en escena un traballo de investigación sobre Os Vellos non deben namorarse.

No Auditorio Gustavo Freire ás 21.00 horas.

12 abril
Compañía de Teatro USC- Santiago de Compostela Cinzas, de Rodrigo García Dirección: Roberto Salgueiro.
                                          
13 abril 
Aula de Teatro Universitaria de Ourense Demediado Dramaturxia e dirección: Fernando Dacosta a partir de O Vizconde demediado de Italo Calvino

15 de abril
Microproxectos Cacao e Cana. Pâmela Fogaça e Ray Rangel (Brasil – México) ¿Y si fueras ella?. Ángela Beltrán (RESAD – Madrid) Raíz. Krilajo, compañía independente do campus de Lugo

17 e 19 de abril
Compañía de Teatro da USC-Lugo_
O público, de Federico García Lorca Dirección Paloma Lugilde. Pase Institutos ás 12:30 e as 17:00 horas o día 18 e as 12:30 horas o día 19 previa reserva.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

8 de abril Casa do Saber. 21:00 horas: Conferencia: “Luces y sombras de El Público”, de Federico García Lorca. Javier Huerta Calvo. Director do Instituto del Teatro de Madrid (ITEM

14 de abril. Auditorio Gustavo Freire. De 19:00 a 22:30 horas: Taller aberto de adestramento actoral coa Compañía de Teatro da USC-Lugo e achegamento a El Público, de Federico García Lorca

16 de abril. 21:00 horas. Auditorio Gustavo Freire: Ensaio aberto d’O público de Federico García Lorca, a cargo da Compañía de Teatro da USC-Lugo

18 de abril 20:30 horas Concerto. Casa do Saber: A música na vida de Lorca. Samuel Díz

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo